Category: Sen clasificar
Lamentamos e condenamos os ataques á vida persoal do noso voceiro por parte de Independientes por Ribadumia
- Os ataques á vida persoal de Enrique Oubiña parécenos totalmente fóra de lugar nunha formación política.
- Pedimos unha rectificación pública, e medidas contra a persoa responsable das redes sociais de IR.
A pasada fin de semana varios medios de prensa recollían un artigo de opinión do noso voceiro Enrique Oubiña, tamén publicado na súa web persoal, onde opinaba sobre que as accións políticas por parte do goberno de David Castro parecen indicar que o alcalde e a súa formación teñen máis interese en que Ribadumia baixe dos 5.000 habitantes que non no contrario.
A resposta do Independientes por Ribadumia chegou na noite deste domingo a través das súas redes sociais, en concreto da súa páxina de Facebook, cunha publicación onde se abandona por completo o argumentario político para pasar ao ataque de carácter persoal, algo que consideramos totalmente inaceptable.
Para Fernando Ruiz, secretario da nosa formación “usar as redes dunha forza política, neste caso IR, para facer valoracións sobre s vida privada doutra persoas, sexa o noso voceiro ou outra calquera, demostra unha falta de educación e de respecto cara as persoas que non podemos permitir nin aceptar”.
Por ese motivo, dende a Comisión Executiva de Somos Ribadumia queremos “ facer un chamamento a David Castro para que rectifique publicamente as declaracións feitas polo seu partido – que á vista do seu silencio debemos considerar que él comparte – e que tome medidas para que se súa formación deixe de lado está liña de descalificacións e volva á senda do debate das propostas políticas, onde sabemos que podemos ter diferencias , pero tamén que podemos chegar a acordos”.
Pola nosa banda temos claro que non imos entrar no xogo do ataque persoal, e inda menos da grosería e da falta de respecto, e imos a seguir traballando para, a través do noso traballo politico, facer de Ribadumia un lugar mellor.

A Consellería de Educación rectifica en parte, pero non nos parece compromiso suficiente.
- As declaracións da Consellería de Educación demostran o despropósito do que queren facer.
- Que non se queira buscar unha alternativa á colocación do ascensor é inaceptable.
- Falar de “respectar no posible” ou por condicionantes como “de ser o caso”, non nos parecen compromisos concretos.
- Pedimos claridade e un proxecto serio e ben elaborado, respectuoso coa intervención artística e que aporte solucións aos problemas reais do centro.
Onte tivemos coñecemento a través da propia Consellería de Educación e da prensa das intencións de actuación ara o Colexio, que chegaron e se fixeron públicas, tal como explica Enrique Oubiña “gracias a que dende Somos Ribadumia tomamos a iniciativa con responsabilidade e nos sumamos á petición do propio colexio á través do noso traballo político. Se chegamos á agardar polo goberno local levámolo claro”.
A resposta que obtivemos da Consellería, sendo máis breve que as declaracións feitas á prensa, non deixan de ser positivas, en canto que supoñen certo grado de rectificación é o compromiso de escoitar ao colexio é ANPA, pero tamén admiten o que diciamos, que a intención é facer obras relacionadas coa eficiencia enerxética, que non sobran, pero sen solventar outras cuestións, polo menos de xeito preferente, nin moito menos de salvar a instalación artística.
Para Oubiña “iso de “respectar no posible” a representación artística é unha maneira fina de dicir que non a van respectar en absoluto, e de feito admiten que a van danar, algo que nos parece admisible. Outros termos como “de ser o caso” tampouco implican compromiso de facer máis que o que está anunciado, que é gastar os cartos en ascensores é maquillaxe nun edificio con máis de cincuenta anos ao lombo”.
Dende Somos Ribadumia seguiremos traballando, pero pedimos por parte da Consellería un compromiso máis concreto e forte, sen condicionantes, que se opte de xeito certo por solucións que non poñan en perigo a instalación artística, e que se solucionen os problemas reais tal como pide o colexio e a ANPA.

Resposta da Conselleria ao escrito que dende Somos Ribadumia enviamos o 14 deste mes. Por certo que seguen sen querer reunirse con nos. Por algo será.

Sumámonos á defensa da actuación artística do CPI Julia Becerra Malvar, e pedimos un investimento que signifique a solución real aos problemas do colexio.
- A solución que plantexa a Consellería de educación parécenos un atentado cultural en toda regra, e un despropósito.
- A idea dun ascensor e unha pasarela que comunique as dúas plantas altas do vello colexio non nos parece nin axeitada, nin resolutiva.
- As actuacións propostas, no seu conxunto, non van resolver os problemas de fondo dos que adoece o colexio.
- Ante a falta de iniciativa do alcalde David Castro, dirixímonos á Consellería pedindo que antes de facer nada, se escoite á dirección do colexio e a ANPA.
Fai uns, días tiñamos coñecemento de que os plans da Consellería de Educación para a suposta reforma do colexio de Barrantes, pasaban pola instalación dun ascensor que suporía a destrucción da actuación artística recoñecida internacionalmente e que fai que o colexio sexa en parte unha obra de arte en si mesmo.

Enrique Oubiña e Fernando Viscansilas conversan durante a elaboración dun mural a pasada primaveira.
Dende Somos Ribadumia queremos amosar todo o noso apoio tanto á dirección do colexio como ao mestre e artista Fernando Viscansillas, que non solo ideou e levou a cabo esta obra, se non que ten unha moi recoñecida labor sacando á luz o talento dos nosos nenos e nenas, como demostrou unha exposición no propio colexio de obras elaboradas polo alumnado, así como outras expresións como o mural que o curso pasado se elaborou no entorno do colexio como acción de concienciación medioambiental.
Pero é que ademais, tal como explica Oubiña “ xa non solo se trata dunha mostra de insensibilidade cara o arte, é que ademais á propia idea de poñer un ascensor na única zona do colexio que non ten dous andares, é facer unha pasarela que comunique os dous corpos do colexio por enriba da área de dirección, é un despropósito mírese como se mire”.
O que pasa co colexio é que hai un problema de fondo que o PP quere resolver con maquillaxe. Cando Somos Ribadumia fixo pública a ausencia de investimentos para Ribadumia e que un ano máis o colexio ía quedar sen unha máis que necesaria reforma, o Partido Popular tentou corrixir rumbo anunciando un investimento próximo ao millón de euros, pero sen determinar unha partida específica. A primeira consecuencia desa maneira de actuar a golpe de titular, foi a que anunciamos dende Somos Ribadumia:
sen partida orzamentaria, non hai garantía de que haxa fondos económicos nin de que o que se faga sexa o necesario. E foi o que pasou, que non hai fondos e a Consellería quere maquillar esta cuestión tirando dunha liña de mellora enerxética e de accesibilidade que na práctica implica cuestións como a colocación de ascensores. Dende Somos Ribadumia mantemos o contacto coa dirección do colexio e da ANPA e temos constatado, pois así nolo trasladou o director do centro, que as obras que se están estudando facer non van supoñer solución ningunha aos problemas reais do colexio, como poden ser a falta de espazo, ou o mal estado das aulas, dos baños, etc.
Ante o silencio de David Castro, actuamos.
Por outra banda, asistimos unha vez máis ao silencio do goberno local, que non toma a iniciativa en ningunha das problemáticas importantes que ten o noso concello. Pola nosa banda, tal como explica Oubiña “como non temos compromisos con ninguén nin intereses noutros lados, e solo lle debemos lealdade as xentes de Ribadumia, podemos actuar na defensa dos intereses da nosa veciñanza, como neste caso loitar porque as nosas crianzas teñan unha educación de calidade nun centro que reuna as condicións adecuadas”. Por ese motivo o venres pasado enviamos un escrito á Consellería de Educación solicitándolle, ademais dunha xuntanza para tratar estes temas, que antes se mover un ladrillo escoitaran á dirección de colexio e á ANPA, para que o que se faga non sexa un gasto de cartos inútil e se poidan solucionar os problemas dun colexio que ten máis de medio cento de anos ao lombo e acolle a medio millar de nenos e nenas.

O centro de Servizos Sociais adoece de deficiencias na capacidade eléctrica e problemas construtivos no novo anexo.
- Os problemas de calefacción derivados da falta de potencia eléctrica que limitou a capacidade para caldear o local provocaron que todo o equipo de servizos sociais tivera problemas de saúde.
- As continuadas choivas sacaron a luz defectos construtivos, descunchados, humidades, etc.
- Pedimos ao goberno local que actúe e poña solución aos problemas.

“A semana pasada foi o ximnasio. Onte o centro de Servizos Sociais. Imos ter que seguir visitando instalacións municipais por que é evidente que o goberno non pasa de ir aos campos de fútbol”. Enrique Oubiña mostrábase sorprendido este pasado venres logo dunha visita ao centro de servizos sociais, e de comprobar que “nin se resolveron problemas que quedaron en proceso de resolución en xuño cando deixei a concellería, nin se fixo fronte ao deterioro que dende finais de verán amosa o local anexo construído na lexislatura pasada”.
Servizos Sociais e CIM están na que foi a primeira casa consistorial do Concello, logo dunha reforma acometida no 2016 que tivo un custe de 23.000€, á que logo se lle añadiu un local anexo, centralizando así no mesmo punto tanto a atención ao público como o almacén de alimentos e o roupeiro municipal. Para Oubiña este traslado supuxo “un cambio a mellor na atención e no funcionamento do departamento de Servizos Sociais inmediato”.
Poren, a obra de reforma do local, que estivo limitada polo axustado dos recursos dispoñibles deixara no tinteiro un cambio na potencia eléctrica, que era insuficiente para poder alimentar de vez todos os radiadores instalados, a pesar de ser estes de baixo consumo. No seu momento Oubiña optou por unha solución temporal, que era regular a calefacción para evitar os picos de consumo, e pedir á empresa de mantemento eléctrico que levara a cabo o estudo das accións necesarias para o cambio de potencia eléctrica e o seu custe, pero “tal como pasou co ximnasio municipal, o buraco que hai no caixón da mesa da alcaldía tragou a documentación e estas reformas quedaron no aire”. Con todo, antes de deixar o seu cargo Oubiña deixou ordeada a resolución dese problema, para que coa chegada deste inverno non houbera problemas. Unha resolución que, descoñecemos o motivo, inda que podemos intuílo, de momento non chegou. Esta irresponsabilidade págana os usuarios que teñen que pasar frío, e o equipo de Servizos sociais, pois como ninguén actuou nin se molestou pasado o verán en regular a calefacción, solo se poden conectar parte dos radiadores, unha eiva cuxa primeira consecuencia foi que todas as traballadoras e traballadores dese departamento tiveron problemas de saúde nas últimas semanas, e solo o seu sobreesforzo e sentido da profesionalidade evitou que o servizo colapsara polas baixas.
Por outra banda, a longa tempada de choivas que estamos vivindo puxo de relevancia varios defectos construtivos no local anexo, que ten menos de dous anos de vida, pero amosa numerosos problemas de humidades. Explicaba Oubiña “esta obra xa nos deu problemas no seu momento, por varios erros nos acabados, e tiverámos que retrasar a sinatura da entrega da obra ata que foron resoltos”. O que non entendemos dende Somos Ribadumia é que tal como se pode apreciar a simple vista, os defectos na construcción son visibles dende fai meses, e sen embargo ninguén fixo nada. Unha realidade que pon en evidencia as diferencias entre como funcionaba o goberno cando Somos Ribadumia e Enrique Oubiña formaban parte del, a como funciona agora.
Oubiña pregúntase “ onde anda o equipo de goberno. Pregúntome para que lle puxo IR salario a conta do noso peto á concelleira de Urbanismo, se logo non atende as súas obrigas, ou solo atende á parte que a ela lle parece. Por que a realidade é que no goberno de Ribadumia son tres a cobrar, e nos non temos problemas por iso, pero claro, a parte de cobrar hai que cumplir. E o mínimo é atender ás instalacións municipais. Máis logo dos importantes investimentos que tivemos que facer os lexislatura anterior, a maioría deles precisamente por que o PP nos seus anos de goberno se comportou como se está comportando o goberno actual”.
Dende Somos Ribadumia presentamos onte un escrito solicitando que se solucionen estes problemas canto antes, e se hai que tomar medidas legais coa empresa que construíu o local anexo á servizos sociais, que se tomen. O que non se poden é ter as instalacións nese estado, por que ademais correse o risco, no caso do almacén de alimentos que ademais é a parte que máis esta sufrindo, de ter a medio prazo un problema de salubridade alimentaria. Pédimos responsabilidade.

