Programa Electoral
No ano 2015, Somos Ribadumia accedeu ó goberno municipal logo de asinar un acordo con IR e Psoe. Froito dese acordo ó longo da presente lexislatura realizáronse cambios importantes na xestión municipal a todos os niveis, pero o inmobilismo de IR e PSOE e a súa deixadez en certas cuestións frearon que outros cambios importantes e necesarios puideran levarse a cabo.
No 2019, Somos Ribadumia aspiramos a ter un papel relevante na conformación do próximo goberno. Neste sentido, e tendo en conta a experiencia acumulada nestes anos de goberno, recollida xunto a unha análise da situación do noso concello, no documento de traballo denominado “Libro Verde de Ribadumia”, a Comisión Executiva de Somos Ribadumia, responsable da elaboración dun programa electoral, abogou por ir máis alo na súa proposta, e logo de reunirse con diferentes colectivos, elaborou este documento, que recolle as que serán as liñas mestras do próximo goberno municipal, coas medidas que deberán implementarse, e que foi aprobado en asemblea o dia 31 de marzo do 2019.
O obxectivo deste programa é seguir o camiño iniciado nesta lexislatura para dar cumplimento a todo aquilo que Somos Ribadumia se plantexou dende os seus inicios, e que se resume nun lema: A Ribadumia das persoas.
E para conseguir este obxectivo, establécese o desenvolvemento a través de medidas de carácter político de varios fitos diferenciados.
Estes fitos diferenciados son:
- Impulso ás políticas sociais e de integración dos sectores máis desfavorecidos da sociedade así como ampliar e mellorar a loita contra a exclusión social, a través das normativas de emerxencia social e de medidas especificas.
- Asentar poboación no Concello, para conseguir inverter a pirámide poboacional e unha maior estabilidade económica, traballando co obxectivo de chegar no medio prazo a 6.000 habitantes.
- Mellora da participación e integración veciñal no desenvolvemento do noso concello.
- Dignificación do traballo político.
- Aumento da calidade de vida en aspectos sociais e medioambientais, a través das melloras urbanísticas, e de dotación de contidos dos diferentes espazos públicos cos que conta o noso concello, así como das políticas sociais e o apoio ó deporte, a cultura e os espazos educativos.
- Mellora na calidade turística, traballando no aumento e mellora dos recursos turísticos seguindo criterios de sustentabilidade e coidado medioambiental.

One comment