Preocúpanos o escurantismo de David Castro en relación á posible construción dun albergue de peregríns.

  • A polémica creada por Gonzalo Durán en torno a variante espiritual puxo de relevancia a existencia dun plan para a creación dun albergue en Ribadumia.
  • Pedimos transparencia e que David Castro aclare que pretende facer o goberno local.
  • Preocúpanos que os caprichos de Durán coa colaboración de David Castro acaben por prexudicar a hostalaría do noso concello.

   Estes días Gonzalo Durán decidía abrir unha fronte política co concello de Meis e coa Mancomunidade do Salnés, e apoiarse en David Castro e no concello de Ribadumia nos seus ataques á xestión de Marta Xiraldez.

  Dende a nosa posición isto non pasaría de ser outra máis das saídas habituais de ton de Gonzalo Durán, sen moito que destacar máis alo das formas do rexedor vilanovense, se non fora porque das súas declaracións desprendese a intención de por en marcha un albergue de peregríns no noso concello. E tampouco fariamos moito caso das declaracións de Durán, se non fora porque no pleno do pasado mércores, ante as preguntas do compañeiro Pepe Lede do Psoe, o alcalde admitiu que se está traballando nesa liña, anque sen aclarar nada.

   Tal como explica o noso voceiro pola nosa banda calquera medida que sirva para mellorar a calidade dos servizos e a oferta turística do noso concello, será benvida, pero as cousas hai que facelas ben, e os obxectivos deben ser os que acabo de nomear, non atender a intereses particulares. Para nós, a construción dun albergue ten que vir  incluída nun plan amplo, con obxectivos e medidas en varios eidos, e avalado por informes de mercado que xustifiquen e garantan, non só a súa necesidade, se non tamén que non van interferir coa hostalaría local. Ribadumia na actualidade ten poucas prazas de hostalaría, pero o goberno local non pode entrar en competencia con eses negocios, porque sería contraproducente. Ademais, a variante espiritual non nace e morre en Ribadumia, polo tanto a construción de albergues públicos ten que atender ás características de toda a ruta, distribución eficiente dos albergues e outros factores que permitan unha correcta xestión e posta en valor de todo o conxunto. E dende logo que xa se estea falando de que ese posible albergue vaia ser xestionado por unha entidade concreta, non augura nada bo.

 “Nós defendemos que antes de falar de andrómenas, se establezan plans de apoio a hostalaría que hai e de creación de novas prazas, e plans de posta en valor do noso Concello, que ten moito máis que ver que as sendas fluviais. E facer as cousas con sentido común, pois non se trata só de atraer turismo a granel, se non de de atraer turismo de calidade, dun xeito sostible que aporte riqueza ao noso concello. En resumo, penso que hai moito que facer a nivel turístico antes de a falar de construír albergues e facerlle competencia a nosa hostalaría”.

7

O noso plantexamento para o desenvolvemetno do noso Concello inclúe medidas específicas para o turismo, coa posta en valor dos nosos recursos turísticos, a calidade e a sustentablidade como eixes primordiais. E, a diferencia do nosos alcalde que anda argallando en despachos e reservados de restaurantes, nos non ocultamos as nosas propostas.

Somos Ribadumia temos no noso proxecto de concello, un plan específico que recolle medidas concretas en varias frontes, algunhas das cales propuxémosllas ao goberno para que as recolleran no orzamento e que puidera avanzar neste senso,  pero foron desprezadas, de tal maneira que o único plan de turismo do goberno de David Castro é limpar as sendas e abrir a oficina de turismo no verán. Agora parece que tamén ten idea de construír un albergue. E non sabemos nin onde, nin como, nin para qué. E aínda que á ista do que pasou no pleno, para David Castro a transparencia é unha peza de roupa, pedimoslle que aclare que quere facer”.

A que andan realmente Durán e David Castro?.

 A polémica creada dun xeito totalmente artificial por Gonzalo Durán está semana -pois os albergues públicos están pechados todos ata o 1 de xullo – , ten a súa orixe na decisión da alcaldesa de Meis de liquidar o convenio coa entidade que xestionaba o albergue de Armenteira. Descoñecemos que hai detrás dese interese desmedido de Gonzalo Durán por quen xestiona ou deixa de xestionar os albergues de concellos que non sexan o seu, pero a súa reacción non deixa de ser preocupante. Por outra banda, do declarado polo noso alcalde neste pasado pleno despréndese que leva tempo traballando na idea do albergue, unha idea que na lexislatura pasada, cando compartía goberno con Somos Ribadumia e co Psoe non se puxo enriba da mesa en ningún momento, e haberá que preguntarse cales son os motivos dese escurantismo”.

   O que queremos deixar claro dende Somos Ribadumia é o noso apoio ao traballo que se está facendo dende a Mancomunidade do Salnés, e non vemos ben que o noso alcalde prefira poñerse do lado de Gonzalo Durán, meténdonos a todos nos seus xogos e intereses, no canto de preocuparse por aportar na Mancomunidade. Na situación actual, para que a nivel turístico Ribadumia funcione, os concellos da contorna tamén deben funcionar. E no que ten que ver coa variante espiritual, é imprescindible que  concellos polos que pasa traballen conxuntamente, e nese aspecto temos que valorar positivamente o cambio producido no mantemento da ruta da pedra e da auga en Meis co goberno de Marta Xiraldez con respecto ao rexedor anterior, cousa que non podemos decir de Durán.  David Castro debería entender que de nada sirve que no tramo ribadumiense os peregrinos leven unha boa impresión, se en canto chegan a Vilanova encontran todo a monte, coa ruta mal sinalada e obrigando á xente a camiñar por cunetas. Nese sentido tamén estamos moi a favor do plan posto en marcha este ano pola Mancomunidade, para que as labouras de mantemento se poidan facer de xeito mancomunado, unha proposta que tanto Somos Ribadumia como a agrupación local do psoe tiñamos posto enriba da mesa na lexislatura pasada, e que non foi posible por en marcha pola negativa do noso alcalde, que naquel momento estaba correctamente xustificada na falta de compromiso dos alcaldes de Meis e Vilanova. . Hoxe a, situación é outra, é agardamos que o noso concello sume nun proxecto común que beneficie a todo o mundo e deixe de lado posicións de parte que ao noso concello non lle benefician en nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s