Non confiamos nas boas palabras do xerente do EOXI. Esiximos responsabilidades e medidas reais que garantan o correcto funcionamento da atención primaria.
- Compartimos a opinión do equipo de goberno de que a reunión coa xerencia do EOXI foi positiva, pero entendemos que os compromisos asumidos por esta son solo parches temporais.
- Esiximos responsabilidades políticas e un cambio na liña de actuación do SERGAS.
- Animamos a nosa veciñanza a participar na manifestación convocada en Santiago o próximo domingo día 10 de febreiro.

Enrique Oubiña e outros membros de Somos Ribadumia participaron na concentración ante o centro de saúde da semana pasada
No pleno celebrado o pasado xoves saíu adiante unha moción, co voto en contra do Partido Popular, onde entre outras cousas se pedían, tal como habiamos proposto dende Somos Ribadumia xa a mediados de agosto, as dimisións dos diferentes responsables do EOXI Pontevedra-Salnés e do Sergas e do conselleiro de sanidade. Dende Somos Ribadumia valoramos como positivo o acordo, pois entendemos que o que esta acontecendo coa sanidade, tanto no noso concello como no resto de Galicia, é totalmente inadmisible.
Con respecto á xuntanza mantida coa xerencia do EOXI, consideramos que non chega con poñer escusas e usar verbas mais ou menos bonitas, nin con asumir compromisos plantexados en termos de “tentar evitar” situacións pasadas ou “ter en conta” determinados concellos. En primeiro lugar por que aquí non se está pedindo un trato de favor, se non ter o servizo de atención primaria e pediatría cos parámetros de calidade que nos corresponde por dereito, tanto ó noso concello, como ó concello de A Illa, como a calquera outro concello. Tampouco nos valen as escusas postas sobre os problemas de contratación, pois precisamente eses son os problema que tanto a xerencia dos EOXIs como do Sergas como a Consellería de Sanidade deben resolver.
Ademais, tal como recordou Enrique Oubiña no pleno, “xa o xerente do EOXI asumiu compromisos similares no 2017, pero despois a realidade foi outra, o cal demostra que a palabra da xerencia do EOXI vale ben pouco, e fainos pensar que en canto chegue o próximo verán, se antes non hai ningunha baixa entre as facultativas, imos volver ter o mesmo problema, un problema que pon en perigo a vida das nosas veciñas e veciños.”
Por outra banda, dende Somos Ribadumia animamos a nosa veciñanza a sumarse a manifestación que terá lugar en Santiago o próximo domingo dia 10. Ademais o goberno local a través da concelleira de sanidade disporá de autobuses para facilitar o transporte de todas as persoas que desexen participar. Para Enrique Oubiña, “ nunha situación de maioría absoluta, e sen eleccións autonómicas á vista, a única maneira de que o PP mude a súa liña de actuación e nos devolva o servizo que nos esta arrebatando a cachiños, é a presión cidadá. E nesta loita nos imos seguir estando ó lado da xente. Coa sanidade xogámonos a saúde e a vida.”

Enrique Oubiña leva anos participando en manifestacións e actos de defensa da sanidade pública, e tamén esixindo que no noso centro de saúde teñamos a atención e os recursos que nos corresponden. Un exemplo de compromiso coa nosa veciñanza.
One comment