A consellería de sanidade ignora os problemas de Ribadumia
A Consellería de Sanidade denegou a petición do Concello de Ribadumia de suplir o descanso vacacional dun dos dous facultativos do Centro de Saúde municipal
O concello de Ribadumia, a traves da concelleria de Sanidade que é responsabilidade de Enrique Oubiña, e da alcaldía, enviou onte un escrito a Sanidade remitindo as queixas por parte do equipo de goberno ante a despreocupación da Consellería no asunto que conleva que o Centro de Saúde de Ribadumia xa leva máis dunha semana con un só médico para todo o municipio O pasado 6 de xullo o equipo de goberno presentou unha solicitude á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co fin de evitar que o Centro de Saúde de Ribadumia contase, debido as vacacións dunha das docentes , con tan só un médico para todo o municipio durante medio mes de xullo (do 16 ó 31 de Xullo). Esta solicitude presentouse unha vez se tivo coñecemento no Concello de que Consellería non tiña previsto designar a outro médico substituto para cubrir ese período vacacional. Finalmente, a contestación da Consellería, que tardou mais de dúas semanas en chegar e que cando chegou xa pasara unha semana dende que a facultativa marchara de vacacións, foi negativa co argumento de que deixar o Centro de Saúde de Ribadumia co 50% dos facultativos non supoñía ningún problema, e que o servizo quedaba perfectamente cuberto. Ante esta resposta, o equipo de goberno considera que este xeito despreocupado de actuar da Consellería, que Enrique Oubiña considera “unha tomadura de pelo non so o Concello, se non tamen as nosas veciñas e veciños, que ante un problema se encontran por parte da consellería do PP cunha solución consistente en non facer nada” , supón unha gran irresponsabilidade, pois a realidade é que se reduciu a atención sanitaria ó 50%, deixando o centro de saude cun so médico para atender a todos os veciños e veciñas, e isto está causando unha asistencia inadecuada, tempos de espera moi longos e unha carga de traballo excesiva para o outro facultativo. Por este motivo, dende o equipo de goberno remitiuse novamente un escrito á Consellería de Sanidade para insistir en que, nas vindeiras ocasións, se informe ó Concello desta situación e se prevea con antelación as substitucións para os novos períodos vacacionais que se concedan co fin de garantir que os veciños teñan uns servizos sanitarios básicos.
One comment