O Concello de Ribadumia reivindica o Sergas melloras nos servizos sanitarios
- A falta de facultativos supón para os veciños unha lista de espera en atención primaria de máis de 15 días.
A lista de espera para unha consulta de atención primaria no centro de saude de Ribadumia incrementouse ata supor casi quince días. O motivo principal nestes intres céntrase en que un dos dous facultativos que prestan servizo no Centro de Saúde deste Concello, por motivos persoais, só presta consulta durante tres horas diarias, de 8:00 a 11:00, non sendo substituído no resto de horario de consulta. Co que dende as 11 horas da mañá queda un só facultativo para cubrir as consultas, urxencias, e posibles saídas do centro por emerxencia. Situación que se agrava cando non está o pediatra, xa que a maiores ten que cubrir tódalas urxencias de pediatría que se presenten . A isto hai que sumarlle a circunstancia de que os facultativos que levan a cabo a súa labor en Ribadumia, excenden o seu cupo de pacientes, atendendo actualmente a 1800 e 1500 persoas respectivamente, moi por riba 1200 pacientes establecidos, que son os que atenden os facultativos de concellos veciños e similares en numero de habitantes, como Meis e a Illa, que contan ademais con 3 medicos cada un.
Para poder dar resposta os veciños e a unha mellora da situación no Centro de Saúde, o equipo de goberno ven e solicitar ó Sergas unha reunión urxente na que afrontar estas situacións e outras posibles melloras .
One comment