Pedimos ao goberno de David Castro un maior esforzo na axuda á conciliación familiar.
- Urxe compensar as situacións sobrevidas por mor do covid nas cuestións da conciliación familiar, moi en particular no que atangue á limitación de espazos diarios para ás crianzas e para os nosos maiores.
- A Deputación acaba de publicar unha axuda de ata 5.700€ para o Concello de Ribadumia.

Dentro do noso programa para mellorar a calidade de vida no noso concello, incluímos unha batería de propostas en materia de conciliación familiar e igualdade, todas perfectamente realizables. Lamentablemente, non parece que o goberno actual estea pensando nestas cousas.
Dende Somos Ribadumia estamos moi preocupados por como vai enfrontar a nova normalidade o goberno local. E unha das cuestións que máis nos preocupa é o freo ás políticas de conciliación familiar ao que David Castro someteu ao noso concello. As melloras que durante a lexislatura pasada se levaron a cabo con Oubiña como concelleiro de política social e en colaboración estreita coa concellería de educación – todo hai que dicilo -, que tiveron como resultado melloras en horarios no plan madruga e escola de ocio no inverno, por exemplo, ou o asentamento da escola de verán, coa ampliación de prazas de a posibilidade de comedor, xunto a outras medidas relativas á terceira idade traían unha liña ascendente que facían do noso concello un referente en políticas de conciliación familiar nos concellos pequenos.
Porén, agora que nos enfrontamos a unha situación extraordinaria vemos como o noso goberno, no canto de reforzar estas liñas políticas, tira do freo para evitar calquera tipo de responsabilidade. Para Oubiña “esta maneira de facer política non é a mellor posible, dende ningún punto de vista. Obviamente o concello non é responsable nin do covid nin de marcar as liñas mestras na súa xestión, e son o goberno do estado é a Xunta quenes teñen que mobilizar os recursos para facer fronte a situación no seu conxunto, pero a nivel local David Castro ten a obriga moral e a responsabilidade como alcalde de facer moito máis do que se está facendo. Que para iso ten o cargo, non solo para entregar plaquiñas”.
Dende o noso punto de vista este é o momento de dar pasos adiante é reforzar todas as liñas de conciliación do concello. Ademais hai que compensar dalgún xeito os problemas que obrigan a varias das entidades que xeralmente organizaban campus a non realizalos, ou ben realizalos pero moi limitados. “Porque non podemos esquecer que detrás disto hai nenos, é hai nais é país que precisan solucionar un problema difícil, e non poden agardar a que dende Santiago ou Madrid se lles ocorra unha solución, que igual nin chega”. E o mesmo podemos dicir das persoas maiores, que cos Centros de Día pechados, precisan de alternativas seguras, pero viables, como por exemplo un reforzo aínda maior da atención domiciliaria, en particular nos casos que non teñen aínda aprobada a Axuda do Fogar. Neste aspecto , dáse a circunstancia de que hoxe a Deputación de Pontevedra publicou unha liña de axudas específicas para a conciliación familiar, que no caso de Ribadumia pode chegar aos 5.700€ e que, sen ser ningunha riqueza, poden servir para axudar a ampliar un servizo como a escola de verán, que debería, ao noso entender, ampliar os seus horarios ás tardes. Esta ampliación nos xa a tiñamos prevista no noso programa de goberno como un paso máis no camiño da conciliación, pero agora, ante esta nova normalidade, sen piscina nin moitas das actividades que habitualmente había na comarca, faise moito máis necesaria. E xunto a isto, e tendo en conta que o noso concello goza dunha boa saúde económica, “haberá que arrimar algo e establecer fórmulas que permitan axudar na atención ás persoas maiores. Con todas as precaucións obviamente, pero actuar”.
Unha vez máis, pedimos a David Castro que deixe a postura do avestruz, sexa valente, e tome a iniciativa en aras de resolver un problema que afecta a unha boa parte da nosa veciñanza. Nese aspecto, reiteramos, a pesar de que dende Independientes por Ribadumia fagan oídos xordos, a nosa vontade de colaborar e apoiar ao goberno en todo o que sexa necesario nunha situación que excede os límites do partidismo, un partidismo que ademais é un camiño “ No que os Independientes se encirraron por medo non sabemos moi ben a qué – anque podemos imaxinalo- , pero que de momento solo serviu para mostrar as debilidades de David Castro como gobernante e a importancia que Somos Ribadumia tivemos en todo o logrado na lexislatura anterior”.