Ribadumia e A Illa suman forzas na defensa do servizo de pediatría
Esta mañá tivo lugar unha rolda de prensa conxunta dos Concellos de Ribadumia, e A Illa, que contou ademais coa presenza dunha das facultativas do centro de saúde, para anunciar medidas de protesta ante a situación inadmisible que está pasando a consulta de pediatria dos dous concellos, que dende fai anos comparten un único facultativo, que causou baixa fai mes e medio sen que o SERGAS fora quen ata o de agora de aportar unha solución permanente.
O desbaraxuste co pediatra, que obriga as nais e pais do noso concello a desprazarse a Cambados e, en moitos casos, a dirixirse directamente a urxencias para poder conseguir unha atención minimamente adecuada, sumase á situación xa delicada que atravesa o noso centro de saude, pois dende o verán non se cubren as baixas ou vacacións dos facultativos, provocando cando estas circunstancias se dan que a facultativa que queda sature a súa consulta, con evidentes e longos atrasos nas citas, ademais de ter que deixar o centro desaúde sen atención cando xorde unha urxencia. EN palabras da propia facultativa “vamos capeando, e de momento non pasou nada, que a situación é dificil”.
Na rolda de prensa tamén estivo presente un grupo de nais e pais que compartiron cos cargos públicos presentes a situación a que se enfrontan cos seus nenos, con cuestións inaprazables como os calendarios de vacinas, que non se sabe como se van resolver.
A intención dos dous gobernos e poñer en marcha unha recollida de sinaturas para que a nosa veciñanza poida sumarse a unha protesta colectiva que pretenden presentar ante o conselleiro de sanidade, o que lle van solicitar conxuntamente unha reunión para falar destes temas.
As veciñas e veciños que queiran aportar a súa sinatura e sumarse así a estas protestas, terán nos próximos días as follas para asinar nos centros de saúde dos dous concellos, farmacias e instalacións municipais.
Tal como expoñia Enrique Oubiña ,“imos facer toda a forza que sexa necesaria, e agardo que o Conselleiro se digne a reunirse con nos e nos ofreza algo máis que as escusas que leva meses ofrecendo ante a grave situación da sanidade galega. Pero en Somos Ribadumia non somos ilusos, nin temos demasiada confianza, pois toda esta situación, que non é nova, e que se esta repetindo en centos de centros de saúde en toda Galicia, obedece a unha instrución superior e a unha liña política orientada a desarticular a sanidade pública”.
Por ese motivo, dende Somos Ribadumia animamos a toda a veciñanza a participar de todas as iniciativas que se tomen en defensa da nosa sanidade e en concreto do correcto funcionamento do noso centro de saúde. A movilización cidadá é clave para conseguir que o PP mude o rumbo de actuación.
Pola nosa banda, estamos dispostos a chegar onde sexa preciso e esixir as responsabilidade políticas que sexan necesarias, como levamos demostrando tempo. No seu momento xa trasladamos ós nosos socios de goberno unha moción elaborada en conxunto con outras mareas da comarca esixindo solucións e responsbilidades, que en breve irá a pleno, e participamos en diferentes actos de denuncia e protesta, o último fai unhas semanas en Cambados, e imos a seguir nesa liña, para o que contamos ademais co apoio do grupo parlamentar de En Marea.
One comment