Enrique Oubiña: “os nosos dereitos non os dicta David Castro”.

  • David Castro leva sen darnos acceso á información un ano, non dende o 14 de marzo.
  • Á escusa do covid non é admisible como xustificación ao recorte continuo sobre os nosos dereitos.
  • Pretende contestar á Valedora do Pobo dando largas mentres nos sigue negando a información.

wp-1592737655170.png“David Castro estase  rindo de Somos Ribadumia e  da  veciñanza”. É a conclusión á que chegou Enrique Oubiña, e que  compartimos dende esta organización, logo de coñecer pola prensa que o alcalde de Ribadumia vai remitir á Valedora do Pobo un informe onde lle vai poñer a escusa do covid para xustificar que non se lle teña respostado aos seus requirimentos. “David Castro vai contestar á Valedora do Pobo, non a Somos Ribadumia, e vaino facer porque o obriga a lei, non por vontade propia, e  porque xa non ten máis formas de aprazar esa resposta, tal como lle aclarou a propia Valedora no seu último requirimento, que se emitiu este pasado martes”.

  Ademais, tal como se interpreta a información que o concello trasladou aos medios, a resposta dende o goberno vai consistir en poñer a escusa do covid-19. Esa escusa quizais poida valer para xustificar a falta de resposta aos requirimentos da Valedora, sempre que esta lla acepte, pero non xustifica en ningún caso o feito de que a Somos Ribadumia se nos estea negando información de xeito continuo dende fai un ano. “Hai que recordarlle a David Castro, que cando unha forza política presenta unha solicitude para que se lle traslade ou dea acceso a  determinada información, o prazo de resposta é de tres meses. A situación chegou á Valedora do Pobo  porque David non resposta a ningún requirimento dende o inicio da lexislatura. Que agora fale de contestarllle á Valedora e ao mesmo tempo nos siga negando a nós o acceso á información  solo é unha mostra máis da actitude obstrucionista do noso alcalde, que o único que busca é gañar tempo”.

Igual de grave nos parece a outra escusa, ademais de ridícula, de que pretende darnos certa información, non toda a que levamos pedida, nos plenos municipais.  “Os plenos son unha cousa e o traballo diario das forzas políticas é outra. Non nos opoñemos a que o alcalde dea conta no pleno do que considere, pero iso non ten nada que ver con que se nos conceda acceso á información municipal cando a pidamos, que é un dereito que temos e que David non pode nin ignorar nin desprezar, e moito menos pode decidir el ao que temos dereito e cando”. Nese aspecto a situación vivida no pleno do pasado mércores, onde o alcalde usou o rodillo da súa maioría para sacar da orde do día dous puntos que el mesmo incluíra previamente, coa única e moi peregrina escusa de que faltaba do pleno o voceiro de Somos Ribadumia, negándolle de paso a mesma información ao resto de forzas políticas é algo inaudito, pois ademais de demostrar que o alcalde pretende usar os plenos para montar o seu teatrillo, desprezou na cara ao resto de forzas políticas. En verbas de Oubiña  “os plenos municipais non son un xardín particular onde plantar é desplantar a antollo do alcalde. E insistimos: débese entregar toda a documentación que se vaia tratar nos plenos en tempo e forma, e cumprindo os prazos legais. Todo o que non sexa iso, é saltarse o funcionamento democrático e transparente do pleno municipal.

  En calquera caso, a situación esta xa excedendo calquera normalidade. Agardaremos á resolución da Valedora do Pobo, pero mentres teremos que seguir insistindo por esa vía, e denunciar o atroplello democrático do pasado pleno, onde se nos negou parte da documentación e outra parte se nos entregou sen cumprir os mínimos prazos para poder analizada e valorala.

Aproveitamos dende aquí para transmitir o noso pesar e apoio nestes momentos difíciles á familia do falecido no mar de Arousa o pasado venres e ao noso voceiro, familiar directo e moi próximo á vítima.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s