O equipo de goberno de Ribadumia úrxelle solucións a sanidade para os problemas no centro de saúde.

 IMG_20150708_095220  A concellería de sanidade de Ribadumia, que leva o concelleiro de Somos Ribadumia Enrique Oubiña,  ven detectando nos últimos meses diversos problemas e queixas dos usuarios do centro de saúde, entre os que se encontran demoras para dar receitas de mas de sete días, así como ausencias de persoal médico que non se cubriron correctamente, por non falar da saturación de pacentes que ten cada facultativo.

  Foron xa varias as ocasións nas que o equipo de goberno se dirixiu a consellería de sanidade por algúns destes problemas, que causan un grave prexuízo os veciños de Ribadumia.Para Enrique Oubiña ”en todas as ocasións recibimos respostas mais ben esquivas e  a veces tardías, algo que comeza a facerse xa cansino”.

   E unha vez mais o  equipo de goberno acaba de enviar un novo escrito a consellería de sanidade, solicitando que de maneira inmediata se ordene un reforzo provisional coa designación dun facultativo, ata que se normalice a situación de saturación que vive o centro médico. No mesmo documento solicitase tamén que con independencia deste reforzo, que debería ser unha solución temporal, se estude incrementar cunha praza mais de médico este centro de saúde, que actualmente e de 1.800 e 1.500 pacientes respectivamente por cada un dos facultativos, ou no seu defecto que se estuden outras medidas que se consideren oportunas para que os usuarios reciban a debida asistencia sanitaria, que para Enrique Oubiña “tratase dalgo primordial e non se entende que a consellería de educación faga oídos xordos as nosas demandas, e moito menos ante unha situación como esta, onde o estándar de 1.200 enfermos por facultativo leva anos superado”.

One comment

  1. Pingback: Traballamos para evitar que este verán quedemos de novo cunha soa médica. | Somos Ribadumia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s