Ribadumia reactiva o “fogar dos maiores “, transformadoo nun centro social.

  No pleno do pasado mercores acordouse, coa  oposición do PP, mudar o fogar dos maiores para darlle un novo pulo.

977891ac200db2ecb08cdfc78600cba8

O fogar dos maiores está ubicado na casa de cultura de Ribadumia.

Tal como explicou Enrique Oubiña, concelleiro de terceira idade, no pleno,  “o denominado “fogar dos maiores” inaugurouse no ano 2011, ano electoral, e foi vendido ós veciños como un centro de día, cando en realidade non é esa  a súa función, nin pode selo, pois non conta nin coas instalacións nin co persoal necesario.  Sen embargo, o plantexamento do Partido Popular aproximaba este centro a esa idea, incluíndo unhas taxas moi elevadas en relación os servizos que ofrece.”

  Nun comunicado emitido polo equipo de goberno, explicase que  logo de chegar o Concello, realizouse un estudo de uso, gastos/ingresos e actividades que se realizan nesta instalación, cuxos datos expuso o concelleiro Oubiña na súa intervención:

  • a  día de hoxe fan uso deste servizo 8 persoas, pero  no momento de máxima participación, no ano 2012, solo había 13  usuarios.
  • o custe anual de mantemento das instalación do fogar dos maiores, cunha profesional a tempo parcial, é de 18.714,99€. Hai que ter en conta que todos os usuarios teñen contratada media xornada. Polo que se fora necesario abrir a instalación a xornada completa, o custe de mantemento subiría ata case os 25.000€, solo en custes de persoal.
  • Os ingresos  estimados para este 2016 son 5.660€, dos cales 2040€  aportariaos unha única persoa, que paga 170€/mes por acceder á instalación media xornada.
  • a pesares de existir unha exención total para as pensións mínimas,  ningún dos veciños que poderían beneficiarse do uso destas instalacións fai uso delas.
  • servizo que se está dando a día de hoxe é tamén mínimo, e moi centrado nas poucas persoas que acoden o fogar dos maiores, que ademais teñen idades moi elevadas.

Captura de pantalla 2016-09-03 15.24.42

Enrique Oubiña explicou no pleno  a proposta do equipo de goberno  de cambio no fogar dos maiores e de aposta pola dinamización da terceira idade. 

A pesares disto, explicou tamén Oubiña , durante estes anos non se constatou ningún esforzo por dinamizar este servizo,  alonxalo da imaxe negativa  que os centros de día teñen e que influe moito na imaxe deste centro, e facelo inclusivo para todos os veciños e veciñas que xa chegaron a certa idade.

  Tamén se aportaron  datos poboacionais.

  • En Ribadumia temos 1.527 persoas con 55 anos ou mais, case o 30€ da poboación.
  • Destes, 496 teñen entre 55 e 65 anos, e 490 están entre os 65 e os 75.

  As tres forzas qeu conformamos o equipo de goberno entendemos  que un concello cunha poboación tan alta de persoas que superan os 55 anos,  que ten un millar de veciños entre os 55 e os75 anos, e outro medio millar por riba desta idade, debe aportar iniciativas que favorezan a actividade e interrelación deste sector da poboación.

  Por todo isto, propúxoselle ó pleno  realizar un cambio profundo no formato do fogar dos maiores, e darlle un aire mais de centro social que de centro de día.

No acordo tomado estableuse unha taxa de 10€ anuais (a media era de 60€/mes).  Eses 10€ darán acceso a instalación do fogar de maiores, onde poderán, como en calquera local social, ler a prensa, xogar a xogos de mesa, e facer uso de todo o que dispoñan as instalacións. Tamén poderán acceder sen mais custo a unha das actividades que se organicen o longo do ano, actividade que o equipo de goberno escollera entre as que teñan mais demanda.

Para o resto de actividades, saidas culturais, etc que se organicen, en cada o momento o equipo de goberno decidirá o custe para socios e non socios. O obxectivo é poder incluír actividades que sexan gratuitas  ou cun custe reducido para os socios.

E para os veciños que non sexan socios, ou para veciños doutros concellos, tampouco se limita o acceso as actividades nas que haxa prazas dispoñibles, solo que obviamente o prezo de cada actividade será superior, e non haberá actividades a custe cero.

 E para que os nosos maiores se animen a participar, a taxa farase efectiva logo dos seis meses de uso, tempo durante o cal as persoas que se fagan socias poderán participar das actividades e de todo canto se organice.

  Outro cambio con respecto o formato actual, e que se amplia a idade de acceso ata os pensionistas maiores de 55 anos. Ademais, as parellas dos socios poderan tamen acudir sen necesidade de cumprir os requisitos de idade ou de ser pensionistas.

  outra mellora no servizo atingue as persoas consideradas “non validas”. Tal como explicou o concelleiro Oubiña , ata o de agora o fogar dos maiores solo era permitido as persoas “validas”, ou sexa, que se valeran por si mesmas e  non necesitaran do apoio de outra persoa. Agora as persoas que non poidan considerarse validas, poderán acceder igualmente as instalacións e actividades, pero deberán acompañarse doutra persoa.

Hai que puntualizar que as actividades con carácter gratuito que se viñan realizando para a terceira idade, ximnasia de maiores e taller de memoria, vai manterse ó marxe das actividades do fogar dos maiores, e manterá a súa gratuidade.

Por outra banda, as 8 persoas que actualmente fan uso do fogar dos maiores van poder seguir asistindo con total normalidade, e solo terán que facer un novo rexistro, pois o actual ficará vencido o aprobar o novo documento, anque por suposto deberan rexirse pola norma nova.

Enrique Oubiña explicou ó remate do pleno que “a partir deste punto poñemos en marcha un novo formato de “fogar dos maiores”, que ademais de supor un custo moito mais reducido para os ususarios, que pasaran de pagar 700€ ó ano de media a solo 10€, aposta pola vida activa, pola diversidade nas actividades que se lle ofrece ós nosos maiores,  e pola integración das persoas que co paso dos anos e os achaques moitos xa queren relegar a un segundo plano. En resumo, este equipo de goberno quere  darlle valor a un sector da nosa sociedade moi importante, e que se merece unha atención moito mellor da que se lle estaba dando. O partido Popular negouse a apoiar esta proposta, supoño que para eles o fogar dos maioes estaba ben como estaba. E iso di moito dese partido e do interes que ten polos nosos veciños e veciñas”.

Boa acollida da web municipal

webO equipo de goberno aportou estes días datos sobre o alcance da nova web e plataforma, e do comportamento das páxinas municipais nas redes sociais.

Así, destacase que en apenas dous meses de funcionamento  a web ribadumia.org  recibiu  preto  de 3.000 visitas.

 Dende o concello  remarcan  a porcentaxe de novas visitas á web, que vai en incremento; a día de hoxe un 75% son novas conexións, o que significa que esta ferramenta está tendo unha boa integración, e  moita xente  está a coñecer a páxina oficial do concello e a beneficiarse da información que alí se recolle.

  Hai que decir  que en dito portal está o apartado de transparencia onde os veciños que o desexen poden ver entre outras cousas as declaracións de bens dos diferentes membros da corporación local, e  acceder a outros documentos como  as actas dos plenos aprobadas ata o momento, ou o modelo de instancia para presentar no concello. O obxectivo é axilizar os procedementos para os veciños e que teñan á súa disposición a maior información posible. Do mesmo xeito  teñen dispoñible a información máis relevante e actualizada do  Concello, sobre actualidade ou cursos, ou a axenda cultural, por exemplo.

 Moi boa acollida da plataforma e da app.

   En canto a datos da plataforma e app, omeuconcello.ribadumia.org , son xa preto de 9000 as visitas recibidas, con varios minutos de navegación en cada unha delas, unha mostra clara do alto interese que esta xerando esta plataforma.

Dende o equipo de goberno animan  a todo o que o desexe a rexistrarse como usuario para sacar non só o máximo proveito da páxina web, se non tamén da plataforma do Concello que ademais de maior información, ofrece un servizo de alerta cando hai unha entrada nova en algún dos apartados de tal xeito que os veciños poden estar informados de todo o que acontece ou se publica de xeito inmediato.

Dito rexistro é áxil e fácil e totalmente gratuíto, así como totalmente seguro, xa que un aspecto fundamental nesta xestión e inversión foi a importancia de que a web, a plataforma e a app fosen totalmente seguras.

Importante aumento do seguimento a traves do facebook.

   Xunto a isto, destaca especialmente a presenza en redes sociais do Concello de Ribadumia, como por exemplo Facebook, onde os fans da páxina se incrementaron nun 30% nos últimos meses, e cuxas publicacións alcanzan as  13.000 persoas semanais, dato o que hai que unir o incremento das interaccións coas publicacións nun 27% , o que indica o alto interese que suscita o que se comparte neste portal, e que moitas persoas siguen a vida do concello a traves desta rede social.

   A destacar tamén que dos 3.300 seguidores da páxina do Concello de Ribadumia en Facebook ,  preto de 500 son veciños locais, e case outros tantos seguen esta páxina dende Cambados e dende Pontevedra, o cal fala dun alcance tamén moi importante mais alo do propio Concello.

13502995_970865023033888_6911081928466360420_o

Presentación da web e da plataforma dixital

  Para Enrique Oubiña,  “todos estes datos demostran varias cousas: a primeira que ese cliché tan gastado de que a vida municipal non interesa é falso, a segunda é que era necesario afondar no uso de todas estas ferramentas e mellorar a través delas a comunicación cos nosos veciños e veciñas. A terceira é que cando neste equipo de goberno decidimos apostar por estas canles de  comunicación, que ademais son un exercicio de transparencia municipal, estivemos moi acertados. fai un ano, cando nos chegamos ó goberno,  os veciños e veciñas que estaban interesados nalgunha cuestión, nalgunha liña de axuda que pudera saír, etc, tiñan que andar moi atentos, pasarse polo concello cada certo tempo, preguntar… Agora, con ler as mensaxes que chegan ó movil e o ordenador, ou seguindo ó concello nalgunha das redes sociais, xa se recibe moita información, e en tempo real ademais. Inda queda camiño por andar, e evidentemente estas ferramentas, que son complementarias ós cauces tradicionais de comunicación (bandos, comunicados, prensa, etc)  non chegan o 100% da veciñanza nin aportan todo o que dende Somos Ribadumia e dende o equipo de goberno cremos que poden chegar a aportar, pero estamos avanzando a grandes pasos, e para nos iso é unha satisfacción”.

Avances na xestión dos servizos contratados polo concello.

   O equipo de goberno do Concello de Ribadumia leva dende a súa chegada o goberno analizando os diferentes  servizos que o concello ten, para poder buscar solucións que melloren a xestión, ou contratandoa naqueles casos onde non existia pero era necesaria,  e reducir na medida do posible os elevados custos os que hai que facer fronte por estas cuestións.

   Neste sentido leváronse a cabo diferentes actuacións para mellorar o rendemento e diminución de custos fixos. O primeiro caso foi a  contratación da instalación de alarmas, mantemento das mesmas e seguimento. Antes do 2016 o servizo estaba xestionado por dúas empresas distintas, e  supuñan, ademais dun custo fixo anual de preto de 7.000 €, ter as labouras de xestión duplicadas. O cambio levado a cabo polo equipo de goberno supón centrar todo o servizo nunha única empresa encargada da instalación e mantemento. Dito cambio conleva  unha redución do custo económico  pasados os 4 primeiros anos que alcanzará o 60 %, co que en 2 anos tense recuperado a inversión.

Servizo de Control de Pragas.

   Unha das primeiras carencias de servizos que se detectaron foi a falta dun contrato para o servizo DDD ( Desinfección, desratización e desinsectación) o que supuña que en caso de aparecer algún tipo de praga se tiña que comezar a xestión de cero en cada ocasión cos retrasos e custos añadidos que isto supón na resolución do problema.

   Para evitar os inconvenientes que dita falta de prevención supuña, levouse a cabo a contratación dun servizo DDD,  que supón un custo anual aproximado de 2.600 €, e que en caso de ser preciso asegura que o Concello poida ter unha resposta rápida e sen custes adicionais. Deste xeito elimínase a incertidume e por tanto gastos adicionais innecesarios. Ademais, gracias a este contrato haberá un seguimento nas diferentes instalacións do Concello, así como actuacións sen custe algún no exterior das mesmas.

   Outros servizos tamen tiveron cambios, con  melloras tanto en custe como en xestión, por exemplo a telefonía e a xestión da calidade da auga. Para mellorar a xestión da telefonía e de internet levouse a cabo a contratación dunha empresa que realiza esta labor e que supuxo un aforro nas tarifas contratadas que se aproxima os 3.000 € anuais ademais de análises periódicos para buscar sempre melloras e maiores reducións.

  En canto ás analíticas de auga que se realizan en diferentes áreas e puntos do Concello, levouse a cabo un cambio na empresa  que realiza ditos estudos,  na liña de  redución de custes,  para  ampliar as análises realizadas, xa que a partir de agora realízanse tamén estudos de lexionela en zonas de uso de auga quente, por exemplo nas zonas de vestiarios.

  O equipo de goberno segue traballando na analise dos diferentes servizos que o Concello ten ou precisa ter, con dous obxectivos principais, primeiro  mellorar o seu funcionamento, e segundo  reducir no posible os custes destes servizos, que cada ano supoñen miles de euros, e dende Somos Ribadumia parabenizamos os concelleiros e concelleiras, pois  consideramos que neste eido, onde habia unha evidente deixadez por parte do goberno anterior, están facendo unha moi boa labor.

Preto de 200 asistentes a “XXIII Xuntanza dos Nosos Maiores”

 

  IMG-20160822-WA0017 O pasado domingo día 21 de agosto tivo lugar na carballeirade Ribadumia a XXIII Xuntanza dos nosos maiores.

  a xornada transcorreu como ven sendo habitual, este ano con mellor acompañamento por parte do tempo, o cal permitiu disfrutar do xantar e da tarde baixo a sombra da carballeira, e pasalo ben coas actividades preparadas dende o departamento responsabilidade de Enrique Oubiña, que contaron coa colaboración, ademais dos empregados municipais,  da empresa de axuda no fogar, Achega.

IMG-20160822-WA0007Ademais de ditas actividades tivose un recoñecemento para dous dos nosos maiores, neste caso o do avó recaeu en D. Ramiro Vázquez Pintos de 95 anos de idade e a avoa foi Dna. Peregrina Señoráns Piñeiro de 92 anos.

 O concelleiro Oubiña destacou  ó final da xornada  que ” como sempre os empregados municipais fixeron un excelente traballo organizando este evento, que se veu recompensado por unha boa participación por parte dos veciños, que ademais de asistir estiveron moi activos e fixeron que a xornada transcorrese nun moi bo ambiente. A uns e a outros hai que agradecerlle a súa participación”.