Enrique Oubiña fala da Legalización do alumeado público do Concello de Ribadumia

C:UsersUsuarioDesktopDibujo1 a1 (1)

A legalización do subministro eléctrico do alumeado público afectará a 42 cadros repartidos por todo o Concello de Ribadumia.

O Concello de Ribadumia informou en días pasados de que se vai a levar a cabo o proxecto de legalización dos subministros de electricidade da rede de alumeado público, que vai supor unha inversión de 66.550€ . Logo da rolda de prensa do pasado martes na que o alcalde David Castro explicaba esta cuestión, e   dada a importancia e a gravidade da situación que evidencia, entrevistamos a Enrique Oubiña, para que nos aclare un pouco máis este tema.

A primeira pregunta é obrigada, o alumeado do concello está nunha situación de ilegalidade? Unha parte si. Concretamente 42 dos 66 cadros eléctricos que hai repartidos por todo o Concello están en situación irregular. O 63% do alumeado público, máis da metade.

Como chegáchedes  a esa conclusión?  Co obxectivo de coñecer a situación da rede eléctrica municipal, para poder plantexar medidas de aforro enerxético que foran efectivas, realizaronse  estudos completos das instalacións municipais e do  alumeado público . Eses estudos foron levados a cabo por técnicos municipais e por unha empresa externa especializada, contratada co obxectivo de mellorar a xestión das instalacións eléctricas. Nas auditorías realizadas púxose en evidencia a situación na que se encontra o alumeado público, entre outras cuestións.

Ou sexa, que non é algo que digades os políticos do goberno con ánimo de desprestixiar ó PP? En absoluto. A situación está definida por informes técnicos e profesionais, que son os que din o que hai e o que non hai. Os políticos, polo menos os deste goberno,  temos a obriga de mostrarlle aos nosos veciños e veciñas a situación na que esta o seu concello, e das medidas que tomamos para solucionar os problemas que hai.

Podes resumirnos cal é  a situación real do alumeado público? Según todos os informes, a realidade é que dos 66 cadros que hai instalados por todo o Concello, 42 están nunha situación irregular.

Porque a situación é tan grave? Por que máis aló de que os concellos deben ser os primeiros en cumprir coa lei en absolutamente todos os ámbitos, os cadros eléctricos non solo serven para ter contadores, tamén inclúen os elementos de seguridade que garanten que ante un problema non vai haber risco para a saúde das persoas.

Como pode ser posible que un Concello estea nesta situación? Iso teredes que preguntarllo a Salomé Peña. Para min é evidente que durante os anos do seu mandato, a anterior alcaldesa limitouse a cumprir co trámite, servíndose do apoio que Louzán lle

IMG_20170805_122615_489 (1)

Enrique Oubiña explicounos esta mañá de xeito pormenorizado cal é a situación e as obras que se van a realizar.

brindaba dende a Deputación para poder inaugurar obras que fixeran bonito na prensa  e nos almanaques, pero sen mover nada por ela mesma para mellorar o noso Concello, e polo que se ve, nin siquera se preocupou de que o que houbera, moito ou pouco, estivera dentro da lei.

En concreto, que se vai facer?   Legalizar todos os subministros e optimizar a instalación conectando circuítos a cadros existentes e noutros casos a novos. Vaise actuar sobre os 42 cadros en estado ilegal do seguinte xeito:

  • En 4 destes subministros xa se está a tramitar a legalización solicitando a Unión Fenosa o correspondente Cups para cada un.
  • 26 dos 42 subministros uniranse a cadros xa existentes, que contan cos correspondentes Cups.
  • 16 dos 42 subministros necesitan novos Cups de Unión Fenosa e o seu correspondente contrato.

Falamos pois de traballo técnico e administrativo. Como podemos saber se un cadro eléctrico está nas condicións correctas? Existe un rexistro de cadros, denominado CUPS, que é o documento oficial que garante que as instalacións cumpren con todas as garantías. Sen ese documento a empresa sumistradora da enerxia non pode realizar un contrato correcto e cobrar  de xeito regular. Os cadros que non están así figuran pois como se foran o que na construción chamamos “cadros de obra”, onde a enerxia se cobra a tanto alzado, aplicando un criterio a ollo  en lugar de medir o consumo real de enerxia.

Vai afectar entón economicamente as contas municipais? Económicamente o prexuizo está en ter que afrontar unha inversión de case 70.000€ para legalizar a situación. Máis alo desa parte, que afortunadamente podemos afrontar con cargo ó Plan Concellos  da Deputación  polo que non será preciso dispor de fondos municipais, vainos afectar porque ata o de agora non podiamos afrontar plans de aforro enerxético con garantías de que foran a ser efectivos. E logo evidentemente, non é o mesmo pagar o kilowatio a 0,21€, que a 0,14€, que é a diferencia de media entre o que poden chegar a cobrar a tanto alzado e o prezo que se pode pagar coa facturación regulada.

Pero o PP xa fixo inversións en aforro enerxético … Si, pero a cousa vai máis alo de poñer luces de baixo consumo, hai que adecuar os contratos dos subministros ó que realmente se consume, analizar cales son os puntos de maior consumo para actuar onde realmente fai falta… Moitas cousas, que sen unha auditoría como a que realizamos nos non se poden plantexar.

A parte desta regularización, estanse facendo máis accións para controlar o gasto enerxético?  Fixéronse cousas en todos os niveis, pero algo limitados pola situación que encontramos. Algunhas inversións en tramos de alumeado público na rúa, pero traballamos especialmente a nivel administrativo, onde a deixadez do anterior equipo de goberno era tamén completa. A contratación dunha empresa especializada na xestión eléctrica deu froitos case de xeito inmediato, pois solo con realizar unha serie de tramites administrativos, revisións de facturas e axustes nas contratacións de potencia, o concello aforrou mais de 20.000€.

20.000€ de aforro son moitos cartos… E falamos de catro tramites administrativos. Se o anterior goberno fora algo serio, o Concello solo na última lexislatura podería ter aforrado mais de 100.000€ en enerxia eléctrica. Isto demostra que  tiñamos razón cando dende a oposición algúns pediamos un plan de eficiencia enerxética para o Concello.  En todo caso, fixemos moito, pero  o traballo importante está por facer; unha vez regulada a situación  en toda  a rede eléctrica do Concello, poderemos plantexar outras cuestións de máis calado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s