Continúan executándose obras do Plan Concellos, actualmente en Lois e Besomaño

  O Concello de Ribadumia informa que continua levando a cabo as obras plantexadas no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Obras coas que o equipo de goberno  busca a mellora das infraestruturas e servizos para os nosos veciños.

Neste caso as obras a mencionar son as levadas a cabo en A Bouza, Besomaño, onde se realizou un tramo da rede de saneamento para permitir  os veciños desta zona acceder a estes servizo municipal.

IMG-20170721-WA0006

Enrique Oubiña visita de xeito habitual as obras municipais, como esta en Lois.

Por outra banda, estase realizando en Lois, concretamente na estrada EP-9508 dende a Rúa Casal ata o Río Cañón, un tramo de 290 metros de lonxitude ó longo dos cales se esta colocando a  rede de pluviais e  beirarrúas  dun 1,80m de ancho.

O importe destas obras e de 60.400,40 €, que dan resposta a diversas demandas  veciñais, ademais de complementar os servizos existentes.

Esta maña, Enrique Oubiña, concelleiro de urbanismo explicaba que “seguimos co noso plan, executando as obras previstas dentro dos prazos que nos marcamos para levalas a cabo, obras que sempre poñen por diante os intereses dos nosos veciños.

Tamén añadiu, en referencia unha publicación do PP nas Redes Sociais, que “por iso me resulta curioso ver como o PP, no canto de felicitarnos por estar facendo un bo traballo, se dedica a ir mirando onde temos posto cada cartel , e ver se  hai obreiros debaixo, cando lles sería máis fácil vir ó Concello e preguntarnos a nos cales son as obras en marcha e cales inda non se iniciaron.  Cando fagan outro boletín   terán que poñer as fotos cos carteis e decir que durante máis de dous anos o unico que o PP fixo, a parte de ir as verbenas,  foi mirar carteles, os deles uns días, e os nosos os outros”.

 

O anuncio de Feijoo de poñer a médicos do Sergas para valorar os graos de discapacidade pode resultar insuficiente.

  • Aledámonos de que as medidas de presión exercidas dende Ribadumia e outros concellos, e tamén dende En Marea, lograran por fin unha reacción do goberno do PP .
  • consideramos que as medidas anunciadas serán insuficientes se non se acompañan doutras medidas e inversións para que o servizo saia dese atasco de xeito permanente.

 Ante as informacións publicadas de que o Sergas vai reforzar, a través dun convenio con Política Social, o servizo de valoracións do grao de discapacidade,  dende Somos Ribadumia desexamos expor a nosa satisfacción por que se faga algo con este asunto, pero tamén a nosa preocupación por unas medidas que parecen insuficientes e que de solucionar un problema que afecta a moitos dos nosos veciños e veciñas, farao solo de xeito parcial e temporal, sen non se acompañan coa correspondente inversión en medios e persoal que garantan o correcto funcionamento do servizo dun xeito permanente.

   Sorprende que o señor Feijoo fale de reducir os retrasos nas valoracións de grao de discapacidade de 16 meses a 3, cando a media de retraso actual en Pontevedra está en 26 meses, según datos do propio servizo, e corroborados polos Servizos Sociocomunitarios de Ribadumia e os propios usuarios. Pero independentemente deste burdo intento de desinflar unha grave realidade, o anuncio do señor Feijoo da a imprsión de ser un parche que pretende desviar a atención do problema aparentando que se vai solventar, cando nos consideramos que pode non ser así, pois as medidas anunciadas, de conseguir algún obxectivo, con toda probabilidade sería parcial e temporal.

FB_IMG_1499343137962

A Deputada de En Marea Paula Verao visitou recentemente Ribadumia.

  O que o señor Feijoo non explica é que ademais do informe do médico xeral, para a valoración son precisos xeralmente outros dous informes, de psicoloxía e dun traballador/a social. Polo tanto este suposto reforzo dunha soa parte  posiblemente non vaia aliviar nada a carga de traballo do servizo, nin redundar nunha redución da lista de garda. O máis probable, sen embargo, é que axude  a que o descontrol do servizo sexa aínda maior, a sobrecargar aínda máis o persoal de psicoloxia e de Servizos Sociais dos centros de valoración,  e a provocar máis prexuízo as persoas que deban pasar por el.

  Para Enrique Oubiña, voceiro de Somos Ribadumia,  “congratulámonos de que as nosas reclamacións, logo de un ano sen saber nada,  se tiveran por fin en conta no goberno autonómico, pero  non podemos conformarnos con que ante un problema de falta de medios a todos os niveis,   a solución presentada por un presidente dun goberno sexa poñer persoal a facer horas extraordinarias, ademais  nunha area que non é a súa. Todo este anuncio  eu creo que solo pretende atenuar as protestas dos usuarios e usuarias deste servizo:  as  de Ribadumia e outros concellos; a da  oposición parlamentar, que como nos explicou Paula Verao, deputada de En Marea que nos visitou recentemente para interesarse polo tema, oponse a esta medida, por considerala  un brindis ó sol e non estar consensuada cos sindicatos; as  críticas verquidas dende os sindicatos, que din descoñecer como se organizou este convenio entre  Sergas e Política Social, e tampouco son favorables a el .

  Por outra banda, parece  evidente, á vista da proposta e dos datos, que a parte de servir para que varios médicos e médicas consigan un ingreso extra a conta dunha sobrecarga de traballo, e que algún conselleiro se colgue unha medalla, non vai valer para moito máis, e os nosos veciños e veciñas precisan que servizos como este sexan áxiles e funcionen correctamente, e non anuncios na prensa de medidas inmediatas  que logo resulten estériles e medio prazo.“

   En Somos Ribadumia defendemos que este servizo debe contar de xeito urxente  cos medios precisos para funcionar correctamente, e seguiremos traballando para lograr que así sexa.  

 

Crease un programa de intervención para os fillos/as de víctimas de violencia de xénero

   O Concello de Ribadumia informou de que acaba de por en marcha un  programa de intervención con fillo/as de víctimas de violencia de xénero que terá lugar neste verán 2017.

   Está dirixido aos fillos e fillas expostos á violencia de xénero, posto que estes comparten problemáticas comúns aos menores en situación de desprotección, pero tamén unha serie de caracteristicas especificas que precisan unha atención máis concreta, e suporá un importante reforzo as labouras que se realizan dende Servizos Sociais e dende o CIM (Centro de Información da Muller).

   As sesións do programa están dirixidas específicamente a fillo/as de víctimas de violencia de xénero derivados dende o CIM de referencia e os servizos sociais do Concello. E as intervencións están dirixidas a un mínimo de 10 menores en sesións individuais.

   O programa contará inicialmente cun máximo de 60 sesións, 4 por cada menor participante, anque non se descarta, se o servizo así o require, aumentar a duración e o alcalnce do programa.

   Ditas sesións estarán organizadas segundo as seguintes áreas:

  1. Sesión introductoria e identificación de emocións
  2. Identidade e autoestima
  3. Habilidades sociais e resolución de problemas
  4. Estereotipos de xénero

   O programa emprega instrumentos estandarizados que foron empregados no ámbito internacional e no campo da protección infantil como axuda por exemplo na evaluación inicial da situación das familias maltratantes/neglixentes servindo de base para a toma de decisións sobre a intervención nas sesións individualizadas para cada menor.

   O programa será executado por persoal especializado en psicoloxía xurídica e igualdade de xénero. Cunha duración de xulio a setembro en horario flexible segundo as necesidades de cada familia e menor.

pres-mesa-local1

Enrique Oubiña na pesentación da mesa de coordinación fronte a violencia de xénero

   Este importante programa, tal como explica Enrique Oubiña, concelleiro de Servizos Sociais, “sumase a unha serie de iniciativas que vimos tomando e/ou apoiando dende que chegamos ó  goberno, como a creación da mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero,  o noso apoio decidido á Asociación de apoio as vitimas de violencia de xénero ESMAR, asi como a organización de diferentes tipos de charlas informativas, por non falar da nosa implicación co importante traballo que se realiza dende o CIM.  Con este novo programa damos un paso máis na mellora dos servizos que dende o Concello prestamos as persoas que pasan por momentos difíciles, neste caso a un sector moi concreto, e en xeral pouco visivilizado,  pero que esta aí  e precisa de todo apoio canto se lle poida aportar.”

 

O Concello de Ribadumia inviste en limpeza e mantemento

   O Concello de Ribadumia informou en días pasados da recepción dunha  retroescavadora minipala adquirida ó abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e que supón unha inversión de preto de 30.000 €,  co obxectivo de  asegurar un servizo constante e mellorar  o mantemento do municipio, ademais de axilizar a realización de pequenas obras.

Esta inversión ven a ampliar o parque de maquinaria do Concello de Ribadumia, algo que é preciso para optimizar os traballos e os tempos.

image001   A adquisición desta retroescavadora minipala, que ademais conta cun cucharón varredora, con sistema de rego, cepillos laterais e faldóns de goma, así como un kit de tubaria, distribuidor e soporte varredora, supón un avance importante no inmobilizado deste concello, posto que o fai menos dependente doutros organismos e permite mellorar a capacidade de resposta ante os veciños.

Estes materiais xunto a características máis técnicas como tamaño ou potencia, fan que sexa unha máquina versátil, con multitude de accións, que facilitará o traballo os empregados do concello e diminuirá custos de arrendamento de maquinaria ou demora de tempos excesivos.

  Nova campá hidrolimpadora.

 plato hidrolimpadora (1)Esta adquisición sumase a otra tamén recente, neste caso un prato rotativo para hidrolimpadora, que permite mellorar as tarefas de  limpeza nas zonas urbanas, beirarúas e  prazas. Esta maquina adquirida con cargo os fondos propios do Concello supuxo unha importante inversión, que este equipo de goberno considera que dende o primeiro momento esta dando un moi bo rendemento, e o final deste ano xa terá aforrado en custes de limpeza moito máis do que custou, aportando unha mellor calidade no traballo.

  Esta máquina, unha campa cun eixe rotativo que emprega auga a alta presión como mecanismo de limpeza, vai a supoñer unha importante mellora na  limpeza das beirarúas e prazas do noso Concello. Debido ó seu deseño permite avanzar no traballo moito máis axilmente, e tamén permite que os traballos se desenvolvan facilitando moito a labor dos empregados municipais, e sen necesidade de que estes precisen roupas de augas para protexerse, nin tampouco de vallar a zona de traballos, evitando así incomodos para os viandantes.

Ademais do dito, polo seu xeito de funcionar, esta nova maquina vai permitir importantes reducións  no consumo de auga, ata  nun 75 % , e do tempo empregado nestas labores nun 70%.  Estes importantes aforros van permitir outra xestión destes tipos de traballo e, cando antes era difícil dedicar recursos a limpeza de beirarúas, polo seu custe en tempo, agora eses traballo poden realizarse  moito máis axilmente.

 Para o Concelleiro de Urbanismo, Enrique Oubiña, “este tipo de inversións son precisas para poder mellorar todo o relativo ó mantemento  e as pequenas obras municipais,  facilitarlle aos empregados municipais o traballo tanto como sexa posible, e mellorar os tempos de resposta e de execución. Non esquecemos que este concello ten un nivel de instalacións e unha infraestrutura que corresponden cun concello co dobre de habitantes. Nesta situación hai que prestar moita atención a como se xestionan os recursos municipais. A melloría na calidade de servizo debe ser unha constante e neste equipo de goberno esforzamonos por que así sexa”.