En marcha os traballos de mantemento dos parques infantís
O Concello de Ribadumia informa que esta semana deron comezo os traballos de mantemento e reparación que de xeito anual se realizan nos 11 parques infantís ó longo de todo o Concello, de cara a manter nas mellores condicións os mesmos e favorecer o xogo e diversións dos nenos ribadumienses, así como a súa seguridade.
Explica Enrique Oubiña que “despois de 2 anos, ó longo dos cales foi preciso realizar unha importante inversión de máis de 50.000 € debido ó estado de abandono no que se atopaban todos os parques infantís do Concello cando chegamos ó goberno, por fin puidemos normalizar a situación, e agora facer fronte as labores de mantemento resulta moito máis económico .”
Os traballos que comezaron estes días, centraranse na reparación de pezas gastadas polo uso dos diferentes elementos de xogo ou ornamento, así como o arranxo de varias zonas de caucho, e supoñen unha inversión de preto de 3.000 €, unha cantidade sensiblemente inferior as que foi preciso investir anteriormente.
A estas actuacións que o actual equipo de goberno realiza de xeito anual, para as que foi preciso contratar unha empresa externa especializada nesta área, añade Oubiña que “hai que sumar os pequenos traballos que ó longo do ano van realizando os traballadores municipais, para garantir que os parques, as prazas, as zonas verdes e todas as instalacións municipais estean nas mellores condicións, un obxectivo que penso que estamos cumprindo. Ademais coas recentes inversións en maquinaria non solo estamos mellorando os traballos de mantemento, se non que estamos xestionando moito mellor o tempo que leva realizar esas tarefas, e tamen mellorando as condicións de traballo dos empregados municipais”.