Enrique Oubiña sobre o PP :”saben que o estamos facendo ben, por iso desvían a atención con caralladas”.

  Estes días, os fogares ribadumienses estades recibindo un boletín de Somos Ribadumia que condensa o traballo destes dous anos de goberno. Nese boletín incluimos unha entrevista ó tenente de alcalde e Concelleiro de Somos Ribadumia Enrique Oubiña. Por falta de espazo no boletín, condensamos esa  entrevista, polo que agora  colgamola aquí completa:

IMG-20170712-WA0000As obras do Plan Concellos están en marcha. Deberiamos decir “Por fin”? Non, en absoluto. Todo se está facendo dentro dos prazos e das nosas planificacións. Se queremos ter o control sobre as obras temos que facer as cousas organizadamente.

Estivo o Concello paralizado como denuncia o PP? Rotundamente NON. E calquera que se dera unha volta por Ribadumia puido comprobalo. De feito nestes dous anos  realizáronse dúas grandes obras, ximnasio e finalización do campo de A Senra, varias intermedias, como a nova sede de Servizos Sociais, e innumerables obras máis pequenas, Delas, destacaron as reparacións de instalacións municipais, que supuxeron 100.000€ de custo, precisamente por culpa da deixadez dunha alcaldesa que durante anos non se preocupou máis que de inaugurar e saír nas fotos.

Cales son os próximos proxectos? Nos estamos apostando por atender as necesidades dos veciños e veciñas do noso concello, o mesmo tempo que damos cumprimento aos compromisos do pacto de goberno. Neste sentido a maior parte das obras van encamiñadas a mellora dos servizos públicos, saneamento, auga, etc. E inda quedan reparacións en edificios municipais por facer. Por non falar de cuestións como a LEGALIZACIÓN de máis da metade do alumeado público.

Iso en euros? Solo para este ano temos orzamentados case 800.000€ en inversións de todo tipo, dos cales máis de 700.000€ irán a obras  de servizos  municipais.

IMG_20170805_122611_075 (1)Destácanos algunha desas obras. A ampliación do novo centro de Servizos Sociais e a LEGALIZACIÓN do alumeado público, un exemplo da incompetencia do PP que nos vai custar case 70.000€. Pero vai haber moitas pequenas actuacións que inda que non queden ben nos almanaques axudarán a mellorar a calidade de vida das xente de Ribadumia. Esas son as verdadeiramente importantes.

Di o PP que este equipo de goberno sae caro. Cara saenos Salomé, que cobra 24.000€  como deputada e o único que fai é ir a Pontevedra a cobrar dietas. E isto é unha realidade: a día de hoxe na Deputación a deputada de Ribadumia, Salomé Peña, inda non presentou nin defendeu unha sola iniciativa en defensa dos veciños de Ribadumia. Se te  refires a ese panfleto que o PP mandou as casas, están demostrando unha total falta de respecto polos veciños e veciñas de Ribadumia, mentindo a propósito, e tentando enganar.

Explícanos iso… Non imaxino nada mais rastreiro que mentir dicindo  que un traballador municipal  é un cargo político solo para poder engordar uns  números que total xa todos coñecemos.  Eu a única comisaria política que recordo no Concello de Ribadumia foi Lidia, que estivo contratada pola Deputación, con despacho no Concello,  e que según Martín Serantes afirmou en pleno municipal,  era a “secretaria persoal” de Salomé Peña, pero que todos sabemos que a súa función era a de controlar politicamente o que pasaba no Concello.  E despois estaban outros traballadores da Deputación, como Manolo Mougan, aos que Louzán destinaba especificamente a Ribadumia, para facer o traballo que os concelleiros do PP non eran capaces ou non querían facer. E ninguén do PP traballou gratis, todos tiñan nómina. O cal nos leva a outra diferencia: o PP pode falar dos nosos salarios porque son públicos, pero nos non podemos saber canto ganan os políticos do PP porque non o queren decir, e dende logo descoñecemos canto cobraba Lidia no Concello.

Entón o equipo de goberno sae caro ou non sae caro?  Non, nin sequera facendo as contas que fai o PP, pois agora temos liberado a un concelleiro e medio, pero que  non cobramos polos plenos, nin as xuntas de goberno nin as comisións, e eles tiñan a catro persoas cobrando salarios públicos, a parte dos concelleiros que cobraban por asistencias a comisións e plenos. Por certo que nos reducimos os importes das comisións á metade, e tamén o número de comisións, e tentamos  reducir as convocatorias e solo facer as necesarias, polo que o final estamos aforrando no custe dos plenos unha cantidade moi importante.

  A realidade, por moito que ó PP lle pese, é que equipo de goberno actual non sae caro. Obviamente ten un custe, incluídas por certo as   dietas da oposición, que tamén cobra do Concello;  o  PP é precisamente  o partido que máis fondos municipais ingresa, máis de 2.000 €/ano, a parte das dietas dos seus  concelleiros que suman outros 4.000€/ano de media. Cada concelleiro do PP percibe de media 150€ por cada pleno.  Se foran serios e estiveran realmente tan preocupados polo custe municipal dos políticos, renunciarían a cobrar a súa parte. Ribadumia por certo ten o menor custe político  da comarca. E Salomé esquece na conta, como xa dixen, que con ela había tres persoas contratadas a dedo pola deputación para facer o traballo que os seus concelleiros non eran capaces a facer.

  En todo caso, ese  debate ó que continuamente nos leva o PP sobre os salarios faise xa cansino. Toda esa historia solo lle serve ó PP para desviar  a atención do importante, que é precisamente do que non queren falar por que saben que o estamos facendo ben: a nosa xestión como goberno.

  A  realidade é que co anterior equipo de goberno o prezo final das obras multiplicábase en moitos casos por 2, e nos reducímolo de media un 15%, co cal facemos máis obra con menos cartos. A realidade é que Salomé peña tiña o departamento de Servizo Sociais apretado  nunha esquina, sen sitio case nin para moverse, totalmente ignorados, pero  no edificio municipal para así ter controladas as persoas que pasaban por el, e nos dispuxémoslle dun espazo moito máis amplo, comodo e discreto, onde os veciños poidan ser atendidos con tranquilidade. A realidade é que pasaba o mesmo co técnico municipal, que solo atendía un par de días á semana e estaba apretado dun despacho demasiado pequeno, mentres que agora dispoñen dun despacho amplo, e temos tres técnicos que atenden todos os días da semana.  E esa maneira de xestionar estámola levando a todos os ámbitos municipais, racionalizando os recursos.  Ó final, cun orzamento similar ó de anos anteriores, facemos moito máis. Esas son as contas reais.

Ese boletín (o do PP) foi moi crítico..  Ese panfleto minte, engana e difama, pero non propón nada. E os veciños queren propostas e  solucións, non pataletas infantís. Iso si, a páxina final do panfleto do PP resume moi ben  o seu  traballo dende fai dous anos: ir de festa e atacar a deputación.

Como está traballando o PP na oposición?  Pois iso, solo aparecen para atacar á Deputación.  Medidas para axudar os veciños non propuxeron  inda ningunha.  O PP nin esta nin se lle espera, salvo para cobrar a asistencia aos plenos.

E que tal nos plenos? nos plenos hai  moita demagoxia por parte do PP. Pero o final debemos  de estar facendo as cousas  moi ben, porque o PP non vota en contra de case nada. E podédelo ver na web do concello, onde colgamos todas as gravacións dos plenos.  E é nos plenos onde se debate o traballo e as decisións políticas importantes; por lóxica, cando unha oposición non encontra motivos  para votar en contra  das iniciativas do goberno, entón é que ese goberno esta traballando moi ben. Bagoa que o PP, en lugar de admitir publicamente o que si admite nos plenos, se dedique a enlamar o panorama.

Logo do acontecido co Concello de Sanxenxo hai quen pregunta se en Ribadumia pode pasar algo similar. Ribadumia non é Sanxenxo. Nos establecemos un pacto de goberno ben negociado, poñendo os intereses dos  veciños por enriba de cuestións partidistas, e o resultado de facer as cousas ben salta á vista. Se por algo destacamos en Ribadumia,  é precisamente pola estabilidade do noso goberno, polo que  non estamos preocupados por ese tema.

Para rematar, que destacarías destes dous anos de goberno? Máis alo do traballo feito, que foi moito e moi intenso, eu destacaría precisamente a estabilidade do noso goberno, que xa quixeran moitos concellos, porque nace dun esforzo conxunto e honrado onde todos poñemos da nosa parte para lograr obxectivos que son comúns. E por suposto a xente de SOMOS Ribadumia, que me apoian no día a día, e se sentan comigo cada semana para axudarme, orientarme cando é preciso e en xeral para axudarme a sacar adiante o traballo; están facendo un traballo enorme que inda que as veces non se vexa está presente en todo canto se fai e se aproba. É moi importante para que un proxecto político como o noso saia a diante contar cun equipo como este, e eu estou moi orgulloso da xente que me acompaña nesta aventura.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s