Somos Ribadumia visita o Parlamento.
Este próximo martes de 26 de setembro, varios dos membros da Comisión Executiva de Somos Ribadumia, entre eles o Tenente de Alcalde e Concelleiro de servizos Sociais de Ribadumia Enrique Oubiña, visitarán o Parlamento de Galicia, convidados polo grupo parlamentar de En marea.
A visita ten como obxectivo, ademais de que os representantes de Somos Ribadumia coñezan o Parlamento, é presenciar o debate sobre a PNL de En Marea sobre a necesidade de reforzar os EVO para axilizar a tramitación do recoñecemento do grao de discapacidade.
O importante retraso nas valoracións do grao de discapacidade nos centros de pontevedra, que en xuño estaba de media próximo os tres anos , é un tema que preocupa moito a Somos Ribadumia, pois esta afectando moi negativamente a moitas persoas do noso concello. Este pasado mes de Xullo a Deputada Paula Verao visitou Ribadumia, e entrevistouse coa traballadora Social do concello para coñecer en detalle a situación e as consecuencias deste enorme retraso na valoración dos graos de discapacidade, que xa o equipo de goberno de Ribadumia levara a pleno un ano antes, sen que a Xunta e Galicia dera respostas ou aportara solucións. Logo desa visita En Marea presentou unha PNL no parlamento, que propón reforzar e aumentar o número de EVO para acadar, no presente ano, a redución das listas de agarda para a valoración do grao de discapacidade até, como máximo, tres meses.

Estracto dunha resolución de valoración do grao de discapacidade dunha persoa veciña de Ribadumia. Na resolución pode comprovarse que a data de solicitude é de decembro do 2014, e a resolución do 9 de xuño deste 2017, dous anos e medio despois….e ademais é resolución “provisional”.
O Partido Popular declarou naquel momento que estaba traballando para aportar solucións, a través dun suposto convenio co Sergas, pero este convenio foi moi criticado por en Marea e polos sindicatos, que criticaron o “oscurantismo” da Xunta sobre este convenio, acusando o PP de “parchear o problema da falta de persoal e de cobertura de postos” nos Equipos de Valoración y Orientación.
A PNL presentada pro En Marea será debatida no pleno deste martes, e o grupo convidou a unha representación de Somos Ribadumia a estar presentes no Pleno.