Gonzalo Durán debe ser expulsado da presidencia da Mancomunidade do Salnés

 Logo de seguir atentamente todo o acontecido nos últimos días, a raíz de que Gonzalo Durán usara unhas formas claramente misóxinas, machistas inadmisibles e totalmente inxustificables  nun cargo público, para atacar á presidenta da Deputación de Pontevedra nunha rolda de prensa, declaracións nas que posteriormente se ratificou, queremos facer unha serie de consideracións.

  A primeira é a nosa repulsa ante os continuados excesos verbais de Gonzalo Durán. Anque cruzou varias liñas vermellas nas súas declaracións da semana pasada, a realidade é que o alcalde de Vilanova leva anos usando unhas formas carentes de todo respecto cara o resto de cargos públicos, elixidos  polos mesmos mecanismos democráticos que o manteñen a el na cadeira da alcaldía vilanovesa. Estas malas  formas son permitidas polo partido ó que representa, un Partido Popular que non solo non tomou o longo destes anos ningunha medida disciplinaria contra el , se non que ademais non ten problema en alentar esa falta de respecto e educación cando lle resulta de interese.

   Por ese motivo consideramos que o Partido Popular ten que dunha vez dar a cara, explicar a súa posición   e tomar decisións ante unha situación que xa é totalmente insostible. Debe explicar se as declaracións de Gonzalo Duran onde literalmente afirmou “Yo soy partido y el partido piensa como yo” foron correctas e efectivamente recollen o sentir dese partido político. Se, como queremos pensar, non é así, reclamamos do partido Popular que tome medidas exemplares para cortar de raíz este tipo de comportamentos. Medidas exemplares e contundentes que pasan por apartar a Gonzalo Durán dos seus cargos políticos.

Por outra banda, dende Somos Ribadumia entendemos que unha persoa con ese corte moral non pode ostentar cargos de representación pública, polo que debe dimitir de inmediato, tanto como alcalde de Vilanova de Arousa, como do seu cargo como Presidente da Mancomunidade, cargo que ostenta actualmente en funcións.  Neste senso, e ante a resistencia  de Gonzalo Duran a deixar os seus cargos,  consideramos que o Pleno da Mancomunidade debe tomar cartas no asunto, expulsando da presidencia ó señor Durán e aprobando unha nova presidencia para un órgano que non debemos esquecer que  representa ante moitas outras institucións de moitos ámbitos aos concellos da comarca.

Onde está agora a señora Peña?

 descargaDende Somos Ribadumia botamos en falta a posición pública de Salomé Peña, voceira do seu partido neste concello, e representante do Partido Popular de Ribadumia na Mancomunidade do Salnés, ademais de muller.  O longo desta lexislatura a señora Peña tentou en varias ocasións de acusar de machismo o noso voceiro Enrique Oubiña, intentos que foron superados pola realidade dun concelleiro que ten sobradamente demostrado o seu apoio a loita do feminismo en todos os ámbitos, incluído por suposto o político, onde as medidas tomadas dende as súas áreas  fan que Ribadumia sexa o referente da loita pola  igualdade no Salnés. Por ese motivo pedimos  á  señora Peña, que tanto leva presumido de feminista, mostre a súa repulsa pública ás declaracións do seu compañeiro Gonzalo Durán. Tamén nos gustaría coñecer cal vai ser a súa postura ante unha posible moción de censura no pleno da mancomunidade.

Salomé Peña minte ó responsabilizar ó equipo de goberno dos axustes do IBI.

    A semana pasada a prensa faciase eco dunhas afirmacións do Partido Popular onde  se culpaba ó goberno actual de subir o IBI. Con estas afirmacións o Partido Popular de Ribadumia pretende novamente atacar e desacreditar a  labor do equipo  e do persoal municipal. Esta táctica, baseada en sair na prensa falando de subas de taxas unha vez rematado o período de recadación, que xa usarón cos recibos da auga, pretende culpar ó goberno de algo que, ou ben non acontece, ou ben, como no caso do IBI,  non é responsabilidade do goberno.

   Neste caso concreto sorprende  que sexa a Sra. Peña precisamente a que inste ó goberno municipal a “explicar” cal é a causa desa suba, cando  foi precisamente ela quen asinou a autorización o 3 de marzo de 2014 para que se levase a cabo o procedemento de regulazación catastral que rematou este ano, procedemento que, hai que lembrar, promoveu en todos os concellos españois o Partido Popular a través do Ministerio de Facenda.

     Polo tanto, quen promocionou a suba destes recibos do IBI e a inclusión nos mesmos dos galpóns e instalacións agrarias foi o Partido Popular, tanto a nivel nacional coma a nivel municipal, sen que en ningún momento houbese ningún escrito de oposición asinado por Salomé Peña. É máis, non só gravan agora os recibos que sufriron a regularización, senón que, previamente, os mesmos contribuíntes tiveron que “pagar” os traballos da mesma regularización, ó imporlles unha taxa expecial de 60€ que tiveron que pagar por cada un dos bens investigados por Catastro.

   De feito, foi o equipo de goberno actual quen presentou unha moción no Pleno do 3 de marzo de 2016 dirixíndose ós órganos competentes para tentar minorar a repercusión desta revisión catastral e que non se tivese en conta o incremento do valor das edificacións agrarias á hora de concesión de bolsas educativas.

   Tamén minte  a Sra. Peña ó afirmar que este equipo de goberno aumentou a presión fiscal ós veciños de Ribadumia: en ningún caso se aumentou ningunha taxa ou imposto municipal. De feito, agardamos  que diga publicamente exactamente cales foron os que se subiron.

Contras as mentiras, feitos contrastados. O  Partido Popular de Ribadumia aumentou e consentiu a presión fiscal sobre os veciños na súa última lexislatura, e deixamos aquí dous exemplos:

  1. Ata o ano 2011, a taxa anual por recollida de lixo era de 32,02€. A Sra. Peña e o seu equipo aprobaron unha suba que supuxo un aumento de case o 100% da mesma, xa que os veciños pasaron a pagar 63€/ano.
  1. Ademais, estivo a favor da aplicación de 2 novos impostos por parte de Xunta de Galicia, o canon da auga e o coeficiente de vertedura.  O Partido Popular de Ribadumia opúxose a varias iniciativas presentadas en Pleno para solicitarlle á Xunta que retirase estes impostos que gravaron de forma moi importante os recibos do saneamento. Hai que lembrar que significou que se duplicasen, e non só para os usuarios con servizo de auga municipal, senón tamén para aqueles que teñen pozos, ós que se lles incrementou un 100% o recibo do alcantarillado por esa nova taxa da Xunta, o coeficiente de vertedura: de 38,36€/ano en 2011 a 95,20€ en 2012.

 Somos Ribadumia demandará no parlamento a través de En Marea que os veciños de Ribadumia e do resto da comarca se beneficien dos descontos e bonificacións do plan de transporte metropolitano de Galicia.

Reunión de agrupaciones de En Marea de O Salnés /

  • Criticamos a intención da Xunta de Galicia de deixar fora a práctica totalidade do Salnés (menos Sanxenxo) dos beneficios e descontos que terán os veciños das áreas metropolitanas de Vigo de Pontevedra no transporte público.
  •  Gonzalo Durán  “sobreactúa” unicamente por motivacións partidistas (para intentar ocultar a falta de propostas da Xunta de Galicia sobre o transporte do Salnés), e é incapaz como presidente da Mancomunidade de presentar unha alternativa consensuada e que recolla as necesidades específicas da comarca.
  • Consideramos que a proposta presentada, de xeito unilateral polo PSOE de Vilagarcía, quedaría coxa ao non ter en conta as necesidades doutros concellos do Salnés.
  • Instamos á Mancomunidade e aos Concellos a traballar dun xeito transparente na elaboración dunha proposta; contando con todos os grupos, e tamén cos axentes sociais e con expertos en materia de transporte.

   Concelleiros e representantes dos grupos afíns a En Marea con representación en diferentes Concellos do Salnés (SOMOS RIBADUMIA , SOMOS MAIORÍA VILAGARCIA,  GAÑEMOS VILANOVA, SOMOS CAMBADOS e SOMOS EN MAREA SANXENXO), celebraron unha xuntanza para analizar a situación do transporte público na comarca é valorar as declaracións e propostas aparecidas nos medios de comunicación nas últimos días, tanto por parte do Presidente da Mancomunidade do Salnés Gonzalo Durán, como por parte do PSOE de Vilagarcía.

   A xuntanza tiña como obxectivo por un lado analizar a situación actual das liñas de transporte, que se valora como moi negativa, xa que nin o trazado, nin os horarios actuais compren as expectativas da maioría dos Concellos; e por outro lado tamén consensuar unha posición común na defensa dos intereses de todos os veciños e veciñas da comarca. Entre as conclusións podemos salientar as seguintes:

FALTA DE INICIATIVA DA XUNTA DE GALICIA E EXCLUSIÓN DOS CONCELLOS DO SALNÉS (EXCEPTO SANXENXO) DAS BONIFICACIÓNS E DESCONTOS DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA:

   Debemos criticar en toda esta cuestión a posición da Xunta de Galicia, ou mais ben a NON POSICIÓN.  Despois de montar un auténtico desbaraxuste, promovendo ou permitindo as concesionarias a supresión de liñas, o cambio de horarios, etc;  sen ter en conta as necesidades dos veciños e veciñas do Salnés, agora a un ano da caducidade das concesións non é capaz de presentar un Plan para a nosa comarca, tentando “escorrer o bulto” e descargar nos Concellos o que é a súa responsabilidade.

   Tampouco fixo nada nos últimos anos por fomentar o uso do transporte público e evitar que se perderan liñas e conexións da comarca con outros punto de Galicia.

   E agora ademais todo parece indicar que finalmente os veciños e veciñas dos Concellos do Salnés quedarán excluídos das bonificacións e descontos que a Xunta de Galicia pretende implantar a través do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.   Tan só a poboación de Sanxenxo se podería beneficiar deste plan, neste caso concreto pola súa inclusión na área de Pontevedra (non do Salnés).   Este Plan ten previsto promocionar o uso do transporte público con diversas medidas, entre elas descontos para os usuarios diarios, bonos e incluso a implantación dunha tarxeta que permitiría aos menores de 19 anos viaxar gratis no autobús. 

   Na comarca do Salnés residen máis de 100.000 persoas en 9 Concellos, que comparten moitos servizos e infraestruturas. Non fai falta moito para imaxinar o aforro que esta inclusión permitiría facer a moitas familias do Salnés, pero a Xunta de Galicia decidiu deixar polo momento fora a nosa comarca.

   Por iso da a impresión de que as “saídas de tono” de Gonzalo Durán, e do PP buscan desviar a atención desta realidade, que non se coñeza a falta de iniciativa e propostas da Xunta de Galicia e sobre todo como se pretende discriminar a poboación do Salnés excluíndoa do acceso as bonificacións do Plan de Transporte metropolitano de Galicia.

 

FRACASO DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS A HORA DE TRABALLAR, COORDINAR E PRESENTAR UNHA PROPOSTA SOBRE O TRANSPORTE PÚBLICO DO SALNÉS.  GONZALO DURÁN UTILIZA O SEU CARGO  COMARCAL DUN XEITO PARTIDISTA:

   A polémica mantida na prensa das últimas semanas entre o presidente en funcións da Mancomunidade de municipios do Salnés, Gonzalo Durán e o PSOE de Vilagarcía está a por en evidencia por un lado a utilización de xeito partidista do cargo que o Sr. Gonzalo Duran ostenta, presidente da Mancomunidade e polo outro o seu fracaso a hora de coordinar e elaborar proxectos de servizos comúns entre os diferentes Concellos.

   Agora no tema do transporte público fala dunha proposta que non presentou ao Pleno da Mancomunidade, nin aos diferentes plenos municipais, tampouco aos sectores sociais interesados.  Podemos falar como mínimo dunha PROPOSTA NON TRANSPARENTE.  Ademais todo fai indicar que esta proposta non esta nin traballada nin contrastada con informes técnicos ou económicos que garantan a súa viabilidade. Todo un “canto ao sol”

   Temos polo tanto un presidente da Mancomunidade incapaz de presentar unha alternativa consensuada e que recolla as necesidades dos veciños e veciñas do Salnés, e se adica a presentar “ocorrencias” pero sen contar nin co aval dos Concellos, nin da administración responsable do transporte público.

A PROPOSTA DO PSOE DE VILAGARCIA: COXA.

   Aparece tamén en escena o PSOE de Vilagarcía, falando dunha proposta “unilateral” deles, e sen contar sequera co visto e prace dos demais grupos políticos da corporación de Vilagarcía nin por suposto dos demais Concellos do Salnés.

   Hai que lembrarlle ao PSOE de Vilagarcía e a opinión pública que como antecedente a esta proposta do goberno de Vilagarcía está unha moción presentada conxuntamente polos grupos de ESQUERDA UNIDA E DE SOMOS MAIORIA VILAGARCÍA e aprobada por unanimidade polo Pleno da corporación de Vilagarcía na que precisamente instaba ao goberno municipal a actuar na defensa do transporte público e a crear unha mesa para elaborar un Plan de transporte para o Salnés (achégase copia da moción aprobada).

   Ese pode ser o motivo do anuncio do PSOE pero parece que se esqueceron de que na mesma moción aprobada tamén se falaba de consensuar a proposta con outros Concellos, coas ANPAS e asociacións do Concello así como cos demais grupos municipais.  Unha vez máis o afán de protagonismo e a falta de capacidade de dialogo fan que unha boa proposta presentada pola oposición municipal e aprobada polo Pleno, termine sendo un fiasco para o goberno socialista.

   Non obstante, máis ala de valorar se esa proposta e boa e se adapta as necesidades especificas de Vilagarcía, entendemos que pode quedar “coxa” ao non ter en conta as necesidades e aportacións dos demais Concellos do Salnés. E é que a nosa comarca e moi extensa e diversa, e con moitos núcleos e servizos de referencia espallados por todo o territorio.  Trasladar “mimeticamente” un modelo de Area Metropolitana como pode ser Vigo ou Pontevedra ao Salnés sería un erro xa que non se trata dunha único núcleo de referencia.

   Entendendo a necesidade e a importancia de que todos os Concellos do Salnés teñan unha boa conexión con Vilagarcía de Arousa, por tema de servizos públicos, hospital ou conexión con outras redes de transporte como pode ser o Tren, tamén se deben ter en conta outras necesidades plantexadas dende os diferentes Concellos do Salnés.

   Polo tanto, dende os grupos municipais reunidos entenderon que se debe traballar nunha proposta consensuada que recolla todas as necesidades dos veciños e veciñas do Salnés, tanto de transporte público municipal, como “intracomarcal” como as posibles conexións con outros puntos de Galicia.

Pero para iso non valen nin propostas “inmaduras” e sen contrastar cos Concellos e actores implicados, nin plan pensados unicamente para “a miña localidade”.   Tampouco vale que a administración responsable “se poña de lado” sen ser capaz de trasladar propostas elaboradas que resolvan os problemas que a situación actual do transporte público esta a crear no Salnés e moito menos que se pretenda excluír aos veciños e veciñas da comarca das bonificacións que se van a implantar noutras localidades do pais.

Finalmente, o grupos reunidos en Cambados acordamos:

  • Trasladar ao Parlamento galego a través do Grupo de EN MAREA estas cuestións para que demande da Xunta de Galicia que a comarca do Salnés se inclúa no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e os veciños e veciñas poidan acceder as bonificacións e descontos que se prevén implantar no Plan.
  • Demandar publicamente da Mancomunidade do Salnés e dos diferentes Concellos abandonar as “posturas partidistas” e poñerse a traballar nunha proposta de liñas e horarios para organizar o transporte público no Salnés, tanto entre os diferentes Concellos da comarca, como con outras localidades de interese.
  • Esta proposta debe ser realizada dun xeito transparente e participativo, contando coas aportacións de todos os grupos políticos dos distintos Concellos do Salnés e tamén cos actores interesados e recabando informes de técnicos na materia. A idea e chegar a un deseño do transporte público que se adapte e cubra as necesidades de todos dos veciños e veciñas do Salnés.
  • Entendemos que esa proposta debe integrar as demandas de diferentes Concellos que xa foron trasladados a Xunta de Galicia, entre as que podemos mencionar:
    • A conexión de Ribadumia e do resto de  Concellos da área de saúde do HOSPITAL DO SALNÉS co propio hospital.
    • O aumento das frecuencias e horarios dos Concellos de Meaño, Meis, Sanxenxo e O Grove con Pontevedra e nomeadamente co HOSPITAL DE MONTECELO.
    • A conexión dos núcleos de poboación cos POLIGONOS INDUSTRIAIS dos Concellos.
    • A mellora da comunicación entre as zonas rurais, e os núcleos urbanos da comarca.
    • O aumento de frecuencias entre O Grove e Cambados – Vilagarcía (INEM, ISM, XULGADOS, TREN, …). Tamén entre a A Illa e Vilanova e a vez con Vilagarcía e Cambados.
    • Estudar a implantación de servizos específicos no verán para o acceso as praias e tamén algún servizo nocturno as zonas da “movida” (NOITEBUS).
    • A mellora da comunicación coas Universidades
  • Demandar de todas as administracións implicadas, Xunta, Mancomunidade e Concellos o pórse a traballar en Plans específicos de apoio e promoción do uso do transporte público, tanto entre colectivos específicos como na poboación en xeral por razóns de índole medioambiental.

Esta será a posición que defenderemos os grupos de SOMOS RIBADUMIA, SOMOS MAIORÍA VILAGARCÍA, SOMOS CAMBADOS, GAÑEMOS VILANOVA e SOMOS EN MAREA SANXENXO nos nosos respectivos Concellos, na Mancomunidade e que trasladaremos ao Grupo parlamentario de EN MAREA no Parlamento Galego.

Ao mesmo tempo informamos que non apoiaremos as posicións “partidarias” que só buscan o enfrontamento político en vez de preocuparse de verdade por resolver os problemas dos cidadáns do Salnés.

Poñemos en marcha un proceso aberto para elixir á persoa que será candidata nas próximas eleccións municipais.

 Na xuntanza celebrada onte co obxectivo de definir os primeiros pasos de cara as eleccións municipais tomáronse varios acordos. Un deles foi a concreción  dun  proceso que se abre a partir de hoxe co obxectivo de nomear a persoa que será cabeza de lista e candidata a alcaldía de Ribadumia nas próxima seleccións.

   Este proceso consta de dúas partes diferenciadas, a presentación de candidaturas e a elección de candidata ou candidato. Para a presentación de candidaturas abriuse un prazo, ata o 30 de outubro, para que aquelas persoas que o desexen poidan candidatarse. Para elo, solo teñen que cubrir un formulario elaborado a tal efecto, que se pode descargar da páxina web, ou solicitalo expresamente aos membros da Comisión Executiva. A convocatoria é aberta e con poucos requisitos, soamente os legais esixidos para poder presentarse nunha eleccións e aceptar  as condicións establecidas nos Documentos Organizativos e Fundacionais, que recollen uns principios éticos e democráticos.

    Unha vez transcorrido o prazo procederase a elección de candidata/o. Salvo no caso de que soamente houbera unha candidatura, que pasaría a quedar proclamada de xeito automático, o seguinte paso será abrir un prazo de tres semanas para que as persoas que se presenten poidan dirixirse a base de Somos Ribadumia e pedir o apoio á súa candidatura, logo das cales se convocará unha asemblea extraordinaria, onde se decidirá seguindo as canles establecidas estatutariamente, ben por consenso, ou de non ser posible por votación.

    O obxectivo é que o proceso estea rematado a finais de novembro. As bases do proceso estarán colgadas a partir de hoxe para a súa consulta, nesta web. Tamén se habilitaron dous teléfonos de contacto , 696 696 730  e 605 782 167.

  Sinatura do convenio de colaboración con En Marea.

Por outra banda, outra das cuestións aprobadas na asemblea foi a sinatura do convenio de colaboración de Somos Ribadumia, que coa súa legalización estes días  como forza política sae do paraugas de Participación Democrática Directa de Galicia e colle plena autonomía legal, con En Marea de cara ás eleccións municipais. Dito acordo, colaborativo, non de integración,  non supón ningunha merma na independencia de Somos Ribadumia, que vai manter o seu carácter local, transversal e independente co que naceu e refrendado nos seus documentos e en varias asembleas, pero vai facilitar o desenvolvemento, especialmente na parte burocrática,  da campaña electoral.