Somos Ribadumia levará os servizos de conciliación as parroquias.
- Plan, madruga, comedor escolar e escola de ocio serán as primeiras medidas que se porán en marcha no próximo curso nos Centros Rurais Agrupados de educación infantil.
- Ao longo desta maña Enrique Oubiña e outras persoas da lista de Somos Ribadumia explicaron as nais dos CRAs en que consisten estas medidas, que serán completadas con outras, como a ampliación da escola de verán as tardes, así como levar actividades culturais e lúdicas a todas as parroquias.
- Estas medidas vanse completar con outras, como a ampliación da escola de verán ao horario de tarde, as melloras dos horarios da escola de ocio actual, e melloras nos prezos d a gardaría municipal.
Enrique Oubiña está nesta semana visitando os CRAs de Lois Leiro, Ribadumia e Sisán para dar a coñecer as medidas en cuestión de conciliación familiar que dende Somos Ribadumia poremos en marcha se gobernamos no concello a partir do próximo domingo.
Unha das cuestión que para Somos Ribadumia é primordial, tal como explicaba Oubiña esta maña é “aportar calidade de vida no rural, para favorecer que as familias se instalen nel. E iso pasa por ofrecer servizos públicos de calidade e que favorezan a vida das persoas ,algo que vai moito máis alo dos saneamentos. Neste aspecto para nos é primordial poder ofertar os mesmos servizos de conciliación que se ofertan en Barrantes, por ese motivo, se gobernamos ,a partir do próximo curso os CRAs contaran con servizo de plan madruga, comedor e escola de ocio.”
Esta medida, que xa esta valorada economicamente polo que solo faltaría levar a cabo o proceso de contratación do servizo e vai favorecer tamén que se poidan manter os CRAs abertos, vanse instaurar en cada un dos centros, sen necesidade de facer traslados dos cativos. Polo que as nais e pais terán a seguridade de poder marchar para traballar coa tranquilidade de que o neno estará no mesmo lugar ata que volvan a buscalo.
Esta medida vaise complementar coa ampliación da escola de verán ao horario de tarde, para poder garantir un lugar onde deixar o neno en toda a xornada laboral todo o ano.
Tamén propoñemos ampliacións de horario da escola de ocio ao longo do curso escolar, para facer coincidir este funcionamento coas xornadas laborais máis habituais, e melloras nos prezos da gardería.
A axenda das parroquias.
Estas medidas, ademais, tal como salientou Oubiña “vanse complementar con outras tamén importantes, como vai ser a instauración da axenda das parroquias, a través da cal se van levar as diferentes parroquias ao longo do ano actos culturais e lúdicos, tanto para nenos como para persoas adultas, que van facer máis atractiva a vida nestes lugares, non solo os días de verbena, se non todo o ano.”.
Todas estas medidas, que temos recollidas no noso programa de goberno, están orientadas a mellorar a calidade de vida en todas as partes do noso concello.