Somos Ribadumia estamos preocupados polo oscurantismo que rodea as liberacións aprobadas por Independientes por Ribadumia.
- As liberación parciais non se corresponden coa liberación de horas laborais nos correspondentes postos de traballo.
- O alcalde negouse a explicar os motivos polos cales se súbiu a sua asignación mantendo as mesmas horas de dedicación.
Dende Somos Ribadumia o primeiro que debemos decir é que en ningún caso nos opoñemos a que se liberen cargos públicos, cando sexa necesario e dentro dunha lóxica económica, para poder desenvolver correctamente labores de goberno político. Defendemos que se faga e de feito no pasado pleno o primeiro que o noso concelleiro Enrique Oubiña espuxo foi que o alcalde, como máximo representante do Concello, debería ter dedicación exclusiva, e non estar a expensas dos designios da súa empresa.
Cabe recordar que este comportamento non é por exemplo o de IR , que ten negado co seu voto liberacións, no seu momento a de Salomé Peña.
Con respecto as liberación, nos como decíamos , non votamos en contra, pois a nosa postura non era contraria a estas liberación, que en principio nos parecen xustificadas.
Poren, sorprendeunos que no pleno se nos explicara que as liberación non se corresponden con fraccións da xornada laboral as que as persoas liberadas renuncian nos seus traballos para poder exercer a función pública, que é o que xustifica as liberacións políticas. O que nos deu a entender a concelleira de contas foi que as persoas liberadas ian seguir exercendo nos seus postos de traballo a xornada e salarios completos, e a maiores ian percibir unha compensación económica polo seu traballo político. Do mesmo xeito o alcalde negouse a explicar a subida que se aplica a súa asignación, cando a parcialidade da liberación se manten do mesmo xeito. Gustarianos saber que cambios pudo haber na cabeza de David Castro para pasar en catro anos de non querer coller liberación, a decir que con 1.200€ era suficiente, a subirse agora a asignación para a mesma dedicación parcial.
Pola nosa banda imos consultar a legalidade e compatibilidade desta medida, que supón pagarlle un sobresoldo a esas persoas, e non unha liberación parcial como se pretendeu deixar contemplado no pleno, pero en calquera caso xa adiantamos que éticamente este xeito de actuar deixa moito que desexar, pois supon usar a política para un enriquecemento propio de varios membros dun partido político, neste caso IR.
Para Enrique Oubiña,” é evidente que os que decían que non viñan a política a cobrar soldos, mentían. Deturpar desta maneira a función pública solo vai servir para seguir danando a imaxe dos políticos.”
Falta de diálogo.
Por outra banda, queremos reseñar e lamentar a falta de vontade de dialogo mostrada neste primeiro mes de mandato por David Castro. Tal como explica Oubiña, “David Castro non chamou nin se reuniu cos portavoces parar falar e consensuar as cuestión organizativas, como por exemplo a creación das diferentes comisión informativas ou as propias liberacións, que doutro xeito poderían terse aprobado por unanimidade, dando unha mellor imaxe política. Preferiu impoñernos a súa maioria amosandonos con isto cal parece que vai ser a súa liña de actuación.
Para Oubiña, “ o alcalde David Castro mostrou coa súa actuación ao redor do primeiro pleno un pouco do seu verdadeiro rostro político, que durante a lexislatura anterior nos puidemos controlar, pero que nesta non vai ter xa freo. Porque a lectura que temos deste inicio de mandato é que David Castro, ese home que se decía dialogante e que non viña á política polo poder nin para ganar cartos, vai cobrar ben el, paga favores en forma de sobresoldos as súas primeiras espadas, e fai uso do seu poder político para impoñelo todo. Pois empezamos ben”.
Comisión Executiva de Somos Ribadumia.
13/07/2019.