En marcha a segunda fase do plan Conta Comigo Ribadumia.

  • Este plan, posto en marcha no 2018, xa conta cunha trintena de locais comerciais e hostaleiros e un grupo de 15 voluntarixs.
  • O obxectivo nesta segunda fase e completar a rede de apoio as vítimas de violencia de xénero para que cubra todo o concello.

dsc_0045

Enrique Oubiña nunha charla co grupo de voluntariado .

  Este plan pioneiro de apoio as vítimas de violencia de xénero, posto en marcha en 2018, pretende establecer unha rede de apoio local que inclúa por unha banda a comercios, negocios  e locais hostaleiros, e pola outra un grupo de voluntariado que dea acompañamento e apoio.

Na primeira fase de traballo no que correspondía cos negocios locais centrouse no núcleo de Barrantes, onde se sumaron unha trintena de negocios que agora locen o emblema de “punto seguro”. Nesta segunda fase o obxectivo é superar os 40 negocios, distribuídos ao longo e ancho do concello, conformando así unha rede ampla, con puntos seguros,  de información e de apoio,  en todas as parroquias do concello, que se completará co grupo de apoio formado polas voluntarias e voluntarios, que unha vez rematado o seu proceso formativo, levan varias semanas realizando labores de acompañamento .

  Enrique Oubiña mostrouse está maña “moi orgulloso do traballo feito, pois pasamos da política inmobilista dos “minutos de silencio” á  política das medidas concretas, que van servir neste caso para que ás vítimas de violencia teñan moito máis sinxelo dar o paso de romper coa súa situación.”

  Dende Somos ribadumia confiamos en que o novo goberno entrante manteña esta liña de actuación a favor dos colectivos máis desfavorecidos, poñendo en marcha medidas efectivas que sirvan para mellorar a situación desas persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s