Novas medidas para facilitar o pago das taxas municipais.

  plan de pagos 2 O goberno municipal do que Somos Ribadumia forma parte está facendo chegar nestes días a todas as casas do municipio un díptico informativo  sobre o Plan de pagos personalizado creado para darlles facilidades aos veciños á hora de cumprir coas súas obrigas tributarias.

As solicitudes do Plan de pagos personalizados poderá facerse entre o 1 e o 31 de xaneiro e a adhesión a el é voluntaria.

Dito plan, tal como se explica no diptico, permite unificar recibos municipais de vehículos, lixo, IBI urbana e rústica así como ó IAE nun solo recibo e fraccionar  o seu pago  entre 2 e  6 cotas, e ademais este fraccionamento está  exento de intereses. Así pois, as persoas que se adhiran a este plan realizaran os pagos entre os meses de marzo e outubro, vía cargo bancario, un xeito  máis comodo que aforra desprazamentos e molestias.

  plan de pagos 1No folleto informativo, ademais de explicar o procedemento para acollerse a este plan, os prazos, etc,   inclúese tamén  o calendario fiscal para o 2019, coas datas de cobro de cada un dos recibos, unha información que ás persoas que non queiran adherirse o plan de pagos tamén pode resultarlle de utilidade.

   Quen o prefira, ou precise calquera aclaración, pode dirixirse á oficina de recadación municipal, aberta na casa consistorial a raíz da remunicipalización do cobro de impostos, unha medida que ademais de xerar  un importante aforro con respecto a xestión externa, permite unha atención moito páis cercana as nosas veciñas e vecños.

   Para Enrique Oubiña “Dende o goberno municipal podíamos aportar melloras á  xestión dos impostos municipais, facilitando os trámites e as formulas de pago para que resultara o menos lesiva posible, e ademais evitando sobrecargar de recibos o último trimestre do ano, que é cando as familias xeralmente fan fronte a maiores cargas económicas,  polo  inicio do curso escolar e o Nadal. Podiamos facelo e fixemolo, o cal demostra que os gobernos municipais, a pesares das nosas limitacións e do que algúns políticos con máis ansias de poder que de traballar digan, inda temos marxe para axudar ás  familias .”

9.000 € para renovar o equipamento audiovisual do auditorio

46733023_1868831643237217_5082692172424151040_o   O equipo de goberno informou  de que  nestes días procedeuse á renovación de parte do  equipamento  no Auditorio de Ribadumia, mellorando os elementos que corresponden coa proxección audiovisual.

  O equipo instalado consta de un proxector complementado cunha lente de media distancia e un novo soporte. Estes equipos, que van supor unha importante mellora na calidade das proxeccións, complementase cun ciclorama (pantalla en formato cinematográfico de 12×8 metros) que aumenta o formato actual ata ocupar toda a superficie dispoñible na traseira do escenario,  co cal o auditorio achegase ó formato dunha sá de cine. Este era un paso necesario pois unha das actividades que máis aceptación ten da programación habitual é precisamente a proxección de cine familiar.

    Para esta adquisición o Concello de Ribadumia investiu arredor de 9.000 €.  Actuación que se  suma á  liña das melloras continuas que se realizan dende o equipo de goberno, como as recentes melloras na biblioteca municipal,  co obxectivo de ofrecer a mellor calidade de  servizo nas instalacións municipais, xa non só para a programación de espectáculos, se non para cursos formativos ou xornadas que se levan a cabo o longo do ano, tanto por parte do concello como das diferentes asociacións.

Enrique Oubiña considera que “con esta liña de actuacións estamos seguindo un obxectivo fundamental que é tamén unha necesidade: manter e actualizar as instalacións municipais.”

      

Dende Somos Ribadumia lamentamos que as actitudes políticas estean bloqueando o funcionamento da mesa mancomunada contra a violencia de xénero.

No mediodía de onte, o concelleiro de Servizos Sociais comunicábanos que  viña de recibir aviso a través do CIM de que a xuntanza prevista para este martes da mesa mancomunada contra violencia de xénero foi suspendida debido a que varias das partes convocadas finalmente no ían estar presentes. Logo de comprobar que detrás destas ausencias hai un movemento político, queremos facer as seguintes declaracións:

pres-mesa-local1

xuntanza anterior da mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero

  • Dende Somos Ribadumia non solo mostramos publicamente a nosa repulsa ante a actitude de Gonzalo Durán e as súas lamentables declaracións, que van máis alo do comentado sobre a presidenta da Deputación, se non que xa no seu momento, concretamente nun comunicado emitido o 8 de outubro, pedimos que tanto o seo da mancomunidade do Salnés como o propio PP , tomaran medidas para que esa persoa fora apartada do seu cargo de presidente da mancomunidade, e pedimos a súa dimisión como alcalde. Neste sentido entendemos e compartimos o malestar do Psoe por ter que compartir espazos con determinadas persoas, como Gonzalo Durán, que representan o oposto á loita contra a violencia de xénero.
  • O que non podemos compartir é que ese malestar leve a bloquear  dende o ámbito político o funcionamento das ferramentas chamadas precisamente a mellorar os mecanismos contra a violencia machista e o apoio ás vítimas.
  • Cabe recordar que a mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero é unha mesa de carácter técnico, non político, inda que as institucións ,por motivos obvios, deben estar representadas. Por outra banda, hai que destacar a súa función, pois  ademais de ser unha iniciativa pioneira no estado,  supón un importante punto de encontro entre moitas entidades e administracións,  que vai permitir a toma de medidas coordinadas e o establecemento de mecanismos de axuda moi necesarios para as vítimas de violencia.
  • Dende Somos Ribadumia somos conscientes do esforzo necesario para poder conseguir unha mesa deste tipo, debido a dificultade de coordinar a tantas institucións e representantes. Pola nosa banda lamentamos esta situación e pedimos desculpas ó persoal do CIM, que están a facer un traballo encomiable, e  a todos os colectivos convocados por este problema, que non deixa de ser unha cuestión puntual, e en especial ás entidades de apoio ás vítimas como ESMAR,  que confiaban en que esta mesa conseguira melloras nos mecanismos de actuación e que nos consta que contaban ademais con conseguir o apoio de todas as partes na súa loita para conseguir un punto de encontro familiar, aproveitando neste caso a presenza da consellería de igualdade da Xunta de Galicia.
  • Dende Somos Ribadumia, pola parte que nos toca, imos a seguir traballando para que a mesa se convoque canto antes, pois ten unha importante labor por diante, e que nela estean presentes todas as partes, pois entendemos como  vital que esta loita se desenvolva dende todas as frontes, e dun xeito coordinado.

711.000 euros para a lograr un aforro de ata o 80% na factura dos alumeados públicos.

  • O actual equipo de goberno logra unha importante axuda do  IDAE , gracias á cal o  alumeado público de Ribadumia será un 60% máis eficiente.
IMG_20170805_122615_489 (1)

O equipo de goberno leva dende principio de lexislatura traballando por mellorar a eficiencia enerxética e reducir a factura da luz. Primeiro revisando e actualizando todos os contratos eléctricos,  logo legalizando o 60% do alumeado público. A concesión desta axuda é un novo paso neste camiño.

   O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Tecnolóxica, aprobou a concesión dunha axuda por valor do 80% do orzamento presentado polo actual equipo de goberno para o Proxecto de Renovación, Mellora e Adaptación ao Réxime de Eficiencia Enerxética. Este programa, no marco do Programa Operativo  FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), resolveu conceder a subvención máxima de 569.381,12 euros dos 711.726,40 euros  orzados polo  Concello para a renovación das instalacións de iluminación e sinalización exterior. Unha cifra que supón un dos maiores investimentos de toda a provincia de Pontevedra neste tipo de obras. Calcúlase que unha redución do 60% na iluminación pública pode traducirse nun aforro superior ao 80% na factura da luz, así como unha  importantísima redución das emisións de CO2 á   atmosfera.

  Lograr unha reducción da factura eléctrica, que actualmente conta cunha partida do 221.000€, o 5% do orzamento, pero que en anos anteriores ten arrastrado entre  o 8% e o 10% do orzamento municipal, era un dos principais obxectivos de Somos Ribadumia cando nos presentamos as eleccións.  E lograr esta liña de axuda económica vai permitir que o equipo de goberno consiga, ademais do obxectivo de rebaixar os custes en enerxia, cun aforro importante para as arcas municipais que permitira afrontar outras inversións en beneficio da veciñanza,  ter un sistema de alumeado máis respectuoso co medio ambiente e cunha maior eficiencia.

   Para Enrique Oubiña este “é un paso importante. Algúns estivemos  anos pedíndolle a Salomé Peña que tomara medidas serias para frear a escalada na partida para consumo eléctrico, e conseguimos, a base de presionar, algunhas  medidas puntuais, pero que tiveron un efecto máis ben discreto na factura eléctrica, debido a  que os gobernos do PP se empeñaron en subir o custe da luz dunha maneira exponencial nos últimos anos. Agora, con este paso imos poder minimizar o golpe que unha nova escalada de prezos podería ter sobre os orzamentos, se o goberno do Psoe non  actua de xeito distinto  ó  PP”.

30 meses para converter a Ribadumia no único concello galego co 100% do alumeado público de baixo consumo.

   Desde o momento da aprobación da subvención do  IDAE, ábrese un prazo de seis meses para a contratación das subministracións, obras e servizos; seis meses máis ata un total dun ano para a formalización dos contratacións precisas para a execución; e un límite máximo de trinta meses para a finalización das mesmas.

    Cando o proxecto estea executado, a   iluminación pública de todos os núcleos urbanos e parroquias de Ribadumia contará con tecnoloxía  LED, moito máis eficiente que a actual. O proceso pasa por substituír as luminarias xa existentes, lámpadas e equipos por tecnoloxías máis eficientes; que permitan as diminución do fluxo emitido ata un 60%; a substitución de interruptores ou programadores tradicionais; a eliminación de puntos de luz innecesarios e a adecuación dos contratos de subministro.

 Un logro conseguido gracias a inestimable axuda e profesionalidade dos persoal municipal. 

   A formula que o estado usou para a concesión destas axudas, denominada “Concorrencia non competitiva”, ou sexa, que se conceden por orde de entrada, obrigou a realizar un importante esforzo por parte do persoal do concello, que debemos agradecer. Para Enrique Oubiña  “conseguir esta axuda foi posible gracias o esforzo de varias persoas, por un lado a empresa que nos leva a xestión eléctrica, e por outro lado as traballadoras do concello, neste caso Vanessa Jorge e Dolores Franco, que se deixaron os dedos e os ollos diante do ordenaor nunha maratón de máis de 36 horas continuadas, que foi o tempo que lles levou conseguir que o proxecto entrara na plataforma dixital, un tempo que dedicaron de xeito voluntario, e un esforzo que eu agradezo enormemente.”

   Dende Somos Ribadumia queremos sumarnos a este agradecemento e poñer en valor a boa vontade e capacidade do persoal municipal, que no seu conxunto xa leva demostrado en varias ocasións, que son un equipo moi profesional, e sempre disposto a facer máis do que lle corresponde polo seu cargo. Unha sorte que no teñen todos os concellos.

  Pero tamén queremos poñer o foco nun procedemento de reparto de subvencións que pretende usar mecanismos  que non están preparados, que se bloquean continuamente e que deixan fora a miudo  bos proxectos solo porque os concellos non dispoñen do persoal necesario,  ou dos mecanismos informáticos adecuados, cando directamente non hai trato de favor. Dende Somos Ribadumia xa puxemos as nosas queixas, que son as de moitos concellos, en coñecemento de En Marea, para que use os seus mecanismos a nivel autonómico e estatal para conseguir que o reparto de subvencións se faga dun xeito xusto e equitativo.