Denunciamos a mala imaxe das fontes, lavadoiros e outros bens patrimoniais do concello.
“Ribadumia non solo é a ruta da pedra e da auga”. Por ese motivo en días pasados dende Somos Ribadumia percorremos o noso concello comprobando o estado dos diferentes bens patrimoniais que temos repartidos por todas as parroquias. E encontrámonos un panorama moi desigual.
Hai que resaltar que dentro dos limites do noso concello encóntranse do redor dun cento de fontes, lavadoiros, muíños, e outros bens cun importante valor etnográfico e patrimonial, moitos dos cales ademais seguen a ser usados hoxe en día, en particular as fontes.
O estado de mantemento no que encontramos todos estes bens foi moi dispar. Así como os que se localizan preto de zonas de moito transito ou dos lugares onde no verán teñen lugar as verbenas das diferentes parroquias, se encontran algo mellor coidadas, en canto nos aloxamos un chisco e transitamos polo rural do concello, topámonos con fontes, lavadoiros e muíños totalmente desatendidos, coa herba tapándoo todo.
Esta situación, súmase á denunciada días atrás de falta de mantemento nas zonas máis turísticas, e non deixa de ser a confirmación do dito con anterioridade: co cambio de goberno e a falta de Somos Ribadumia e de Enrique Oubiña na xestión municipal, deixou de haber organización e mando nas cuadrillas de traballo.
Para Enrique Oubiña “tendo en conta os importantes investimentos feitos no mandato anterior en maquinaria e medios que sumaron máis de 100.000€, e o mais de 50.000€ dedicados a recuperación de varios lavadoiros e fontes, non é admisible que o noso concello teña esta imaxe de desatención, nin que os veciños das parroquias teñan que abrirse paso polo medio dunha silveira para poder coller auga dunha fonte mentres no centro de Barrantes temos dous barrendeiros por cada cabicha.”
Onte pola mañá presentamos un escrito no Concello solicitando que se remedie esta situación canto antes. Unha situación que para Enrique Oubiña “é un paso mais nesa volta circular que o goberno parece estar dando cara os tempos do PP, aos que o noso alcalde parece terlle morriña, cando solo se limpaban os espazos públicos os días de festa ou cando había eleccións.”