O orzamento certifica a traizón de David Castro a Somos Ribadumia e a Asociación pro-escola de música.
- O orzamento levaba bloqueado dende xaneiro debido á negativa de David Castro e de IR de aceptar incluír as propostas de Somos Ribadumia.
- De 11 propostas solamente 1 entrou finalmente no orzamento, e por obrigacións contables, non por vontade política.
- Somos Ribadumia reducimos a proposta a que solo se aumentaran as partidas para entidades sociais, culturais deportivas, un total de 13.000€, pero IR negouse en redondo.
- A escola de música municipal foi ninguneada e desprezada durante o pleno.
Durante a celebración do pasado pleno asistimos a un espectáculo político lamentable, protagonizado pola agrupación que ostenta o goberno.
No debate orzamentario, realizado con oito meses de retraso, logo de que David Castro decidira retiralo da orde do día do pleno do 31 de xaneiro por negarse a aceptar as nosas propostas, vivimos un momento que Enrique Oubiña definiu como “un Deja vu que me levou de volta aos peores momentos con Salomé Peña na alcaldía, cando impoñia os seus orzamentos, e de nada valia argumentar as nosas propostas ou mesmo que nos derá a razón”.
A cuestión ven arrastrada dende que IR logo de propoñer a través dun escrito pragado de erros matemáticos, como condición para incluír as partidas que dende Somos Ribadumia solicitabamos, que aceptaramos eliminar do orzamentos os custes políticos, incluídas as liberacións, e que llo aceptaramos – advertindo do demagóxica e ridículo que resultaba a esas alturas da lexislatura- se negou en redondo a levar os orzamentos a pleno, deixándoos colgados á espera das eleccións, provocando con iso, entre outras cousas, que as entidades sociais, culturais e deportivas estiveran ata este mes sen saber que axuda municipal ían percibir. Achegamos documentos:
- proposta inicial de SR, (28 de xaneiro):
- contraproposta de IR (asinada o 29 de xaneiro, pero entregada a SR o 14 de febreiro):
- proposta final de Somos Ribadumia (rebaixando a inicial e aceptando a proposta de IR, anque era un desproposito político):
Esta maneira de actuar certifica a traizón de David Castro, que non tiña tantos reparos cando nos precisaba para poder ser alcalde.
No debate o noso concelleiro, dando mostras da lealdade política que David Castro non ten, reduciu a nosa proposta, deixando de lado a maioría das cuestión en favor do proposto por IR, pedindo unicamente que se subiran as axudas a entidades culturais sociais e deportivas, en total 8.000€, debido a que nos últimos anos o número de entidades aumentou, especialmente as sociais. Ademais, Oubiña explicou “ hai 10 anos en Ribadumia non había unha sola muller xogando ao fútbol. Hoxe en día a situación é a oposta e mesmo temos un equipo en liga Nacional, e o deporte feminino esta moi asentado no concello en todos os clubs deportivos, un cambio moi positivo que supón un gran avance para a nosa sociedade e as axudas municipais tamén o teñen que reflectir, porque ese avance leva parellos uns enormes custes económicos para os clubs deportivos”.
Por outra banda tamén mantivemos a proposta de mellorar a partida para a escola de música en 5.000€, co obxectivo de dar acollida á necesaria modificación do convenio coa escola de música. Tal como explicou Oubiña “temos un acordo unánime para modificar ese convenio dende xuño do 2018, e nin a concelleira responsable naquel momento, nin David Castro moveron un dedo. Nos si que o fixemos, e no rexistro do concello consta unha proposta coordinada coa Asociación pro-escola de música, razoable e razoada, que solo precisa pasar polo pleno para a aprobación. Pero David Castro non quere modificar ese convenio. O que David Castro quere é matar a escola de música. “
Dáse a circunstancia de que no orzamento aparece unha partida que non se vai empregar debido a que o arquitecto contratado na pasada lexislatura para axudar a actualizar o departamento técnico xa non está, polo que era posible, ata o momento da votación no pleno, orzamentariamente modificar o documento é que estes 13.000€ foran movidos para as partidas propostas. David Castro negouse en redondo e aprobou o orzamento en solitario, solo cos votos favorables do seu equipo.
Para Oubiña “ completamos o retorno aos tempos do PP: non se conta coa oposición para a redacción do documento máis importante do ano, e unha vez máis os argumentos do goberno son escusas de mal pagador. Pero o peor de todo, algo que nin Salomé facía con tanto descaro, é o desprezo manifesto cara entidades como a escola de música, que tamén o é cara a democracia e cara os acordos plenarios. Gracias a unha maioría absoluta volvemos estar nunha ditadura municipal. “