Category: Sen clasificar
Asinado un convenio de colaboración con BATA.
Por primeira vez incluense persoas discapacitadas de Ribadumia, e este novo convenio recolle a posibilidade de poderse ampliar ó longo do ano.
Na maña de onte déuselle sinatura ó convenio entre Concello de Ribadumia e BATA, unha entidade que traballa na integración social de persoas con discapacidade.
Dito convenio permitirá contratar a tres persoas, dúas das cales por vez primeira son veciñas do propio concello, algo que para Enrique Oubiña “non deixa de ser unha sorpresa que anteriormente non se fixera un esforzo por integrar a veciños do concello, mais vendo que efctivamente temos algún caso, co cal debemos concluir que igual convenios como este se asinaban mais de cara a galería que con intención real de conseguir algo positivo para os nosos veciños e veciñas”. Como en anos anteriores estas persoas realizarán labouras de xardinería un día a semana, dende o próximo luns ata o 31 de decembro. Ademais destas tres persoas, que estarán acompañadas por un monitor, o convenio establece a posibilidade de que o longo do ano se puidera ampliar a mais persoas , días e mesmo outras areas de traballo, o cal podería en determinados momentos supoñer un reforzo para o persoal municipal.
Para Enrique Oubiña, concelleiro de servizos sociais, “convenios como este axudan a que persoas discapacitadas poidan integrarse no mundo laboral e a mellorar por extensión a súa calidade de vida, e dende este equipo de goberno, inda que actualmente non previamos a ampliación, queremos deixar a porta aberta neste convenio a poder integrar a calquera veciño ou veciña que precise dar un paso neste senso. Ademais iniciamos unha nova etapa de colaboración, onde poremos especial atención en identificar os casos que poida haber entre os veciños e veciñas de Ribadumia, para tentar buscarlle solucións que supoñan unha mellora na súa calidade de vida .”
Sobre as obras do ximnasio de Barrantes

Enrique Oubiña xunto ó equipo técnico, acompañou a dirección do colexio e da ANPA nunha visita a obra do ximnasio, onde constataron que efectivamente a obra esta ainda sen rematar, e cales son os problemas que dos que adoece a edificación.
Esta maña o equipo de goberno e Enrique Oubiña, tivo coñecemento de que Salomé Peña acusaos de ter rematada a obra fai semanas pero non a pon a disposición da comunidade escolar.
Enrique Oubiña, a raiz destas declaracións que califica de “totalmente falsas” reuniuse esta mesma maña coa directiva do colexio e a dirección da ANPA no ximnasio en cuestión, co obxectivo de clarificar as dúbidas que puderan producirse a raiz das declaracións da señora Peña, explicarlle o estado de situación das obras, os motivos dos retrasos e as próximas actuacións e previsións de remate.
Neste sentido, Enrique Oubiña, como concelleiro de obras e membro do equipo de goberno do concello de Ribadumia quere facer una serie de aclaracións, que son as mesmas que se lle expuxeron a ANPA e dirección do colexio:
Sobre o estado actual da obra:
- É totalmente falso que a obra do ximnasio de Barrantes estea rematada.
- A día de hoxe, a execución obra está totalmente fora de prazo, pois a única ampliación que se lle concedeu a empresa adxudicataria venceu o 18 de novembro de 2015.
- O edificio, se ben coa execución moi avanzada, presenta una serie de problemas de humidades, que afectan a maior parte do seu perímetro, que obrigaron a paralizar una parte da obra e, a petición do equipo de dirección de obra, á realizar unha consulta a unha empresa externa, que clarifique a orixe do problema e a solución mais adecuada., que garantice que non vai haber problemas a posteriori.
- Os informes recabados deixan constancia dun grave problema de humidades detectado nas soleiras, que obrigará a tomar una serie de medidas, cuxa execución depende en gran medida do tempo atmosférico pois debe realizarse pola parte externa do edificio, e mentres esas medidas non se fagan efectivas a obra non se poderá rematar no seu interior.
Sobre as condicións de contratación:
- o proxecto e as bases de adxudicación foron contratado e elaboradas baixo a responsabilidade do anterior equipo de goberno, nomeadamente o Partido Popular, e pola anterior alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña.
- O equipo de goberno actual a única actuación que realizou con respecto a a posta en marcha deste proxecto foi a contratación da obra coa empresa adxudicataria.
- A vista do proxecto presentado, faise evidente que as premuras da señora Peña e do PP por aprobar esta obra antes das eleccións levaronlle a actuar con total irresponsabilidade, e un alto grado de deixadez. Froito desa deixadez, e da celeridade na elaboración do proxecto, e das limitacións económicas que impuxeron dende o PP, no proceso posterior de execución da obra, xa con este equipo de goberno, detectáronse unha serie de problemáticas que obrigaron a facer unha serie de modificacións, algunhas das cales acabaron por provocar os problemas que temos agora mesmo.
- A empresa adxudicataria, gracias as condicións que puxo o equipo da señora Peña, esta moi protexido, pois as penalizacións por retraso están tasadas en 60€ por dia. 1200€ ó mes, e para poder actuar sobre esa empresa, debería ter acumulados mais de dez meses de retraso sobre a data de inicio.

Extracto das bsaes de adxudicación das obras, que deixan moi claras cales foron as ridiculas cuantias de penalización que se estableceron, e que claramente deixan o equipo de goberno sen apenas mecanismos para presionar a empresa constructora en caso de non cumprir os prazos de adxudicación.
Tal como se lle explicou á dirección do colexio e a ANPA , a obra estara rematada previsiblemente antes de maio, pero existe unha dependencia total do tempo atmosférico que podería retrasar o final da obra. Tamen se lle explicou á ANPA e á directiva do colexio que toda a documentación relativa a esta obra, que recolle todos os pasos dados dende o primeiro día, esta nas dependencias municipais a súa disposición para que poidan consultala sen problemas se o desexan.
Para Enrique Oubiña. “É indignante que Salomé Peña, logo de entrevistarse comigo persoalmente e de ter sido posta ó día da situación da obra fai xa dúas semanas, e de saber que ela é en gran medida responsable das carencias deste proxecto, saia na prensa mentindo con ese descaro. Dende logo, a vista das circunstancias eu agardo que teña a decencia, xa que non a tivo ata agora, de pedir disculpas publicamente, non a este equipo de goberno, se non as nais e os pais dos alumnos do centro, a dirección e o claustro e o resto de veciños e veciñas, que non merecen ser tratados con ese desprezo.”
En relación ó remate das obras ,Enrique Oubiña remarca que “dependemos enormemente do tempo atmosférico, porque as correccións hainas que facer por fora do edificio e coa soleira perimetral seca, asi que non podemos asegurar cando se vai rematar, pero agardamos que sexa antes de maio. En todo caso nos non imos facer como a señora Peña e o seu equipo, que nos deixaron unha serie de edificios con problemas e defectos construtivos e que agora supoñen unha sangría económica en mantementos, e non imos de ningunha maneira permitir que as obras se rematen en falso ou con deficiencias, a pesares de que para facer as cousas ben teñamos que asumir retrasos nas obras que fagamos.”
O equipo de goberno de Ribadumia úrxelle solucións a sanidade para os problemas no centro de saúde.
A concellería de sanidade de Ribadumia, que leva o concelleiro de Somos Ribadumia Enrique Oubiña, ven detectando nos últimos meses diversos problemas e queixas dos usuarios do centro de saúde, entre os que se encontran demoras para dar receitas de mas de sete días, así como ausencias de persoal médico que non se cubriron correctamente, por non falar da saturación de pacentes que ten cada facultativo.
Foron xa varias as ocasións nas que o equipo de goberno se dirixiu a consellería de sanidade por algúns destes problemas, que causan un grave prexuízo os veciños de Ribadumia.Para Enrique Oubiña ”en todas as ocasións recibimos respostas mais ben esquivas e a veces tardías, algo que comeza a facerse xa cansino”.
E unha vez mais o equipo de goberno acaba de enviar un novo escrito a consellería de sanidade, solicitando que de maneira inmediata se ordene un reforzo provisional coa designación dun facultativo, ata que se normalice a situación de saturación que vive o centro médico. No mesmo documento solicitase tamén que con independencia deste reforzo, que debería ser unha solución temporal, se estude incrementar cunha praza mais de médico este centro de saúde, que actualmente e de 1.800 e 1.500 pacientes respectivamente por cada un dos facultativos, ou no seu defecto que se estuden outras medidas que se consideren oportunas para que os usuarios reciban a debida asistencia sanitaria, que para Enrique Oubiña “tratase dalgo primordial e non se entende que a consellería de educación faga oídos xordos as nosas demandas, e moito menos ante unha situación como esta, onde o estándar de 1.200 enfermos por facultativo leva anos superado”.
O día da Marmota. Unha opinión de Fernando Ruiz
Fernando Ruiz achéganos un breve artigo onde recolle as súas impresións sobre os últimos plenos municipais.
Recordamosvos que estes artigos de opinión están sendo recollidos na sección “os nosos veciños opinan”.
O día da marmota.
Para aqueles de vos que non sexades moi cinéfilos direivos que o titulo deste artigo fai referencia a unha película de culto chamada “Atrapado no tempo” interpretado polo xenial Bill Murray que interpreta a Phil Connors, un meteorólogo frustrado e cascarrabias que non chegou a nada na súa vida e que esta obrigado a repetir o mesmo día unha e outra vez ata que o faga ben… o cal dende logo fáiselle moi complexo dada a súa actitude coa vida.
Daquela dito isto vos preguntaredes ¿que nos querra contar con este rollo? …
¡¡Pois moi sinxelo!!, dende fai pouco son asiduo ós Plenos do noso Concello. Espectáculo do mais interesante e entretido, e tal e como lle pasa o noso heroe (Phill Connors) na súa historia , a bancada do Partido Popular permanece atrapada nun tempo anterior feliz onde gobernaban eles con esmagadora maioria e sen ter que escoitar a ninguén nin dar ningunha explicación. Tan atrapados están os pobres que por non traer non traen nin a todos os seus concelleiros… un sempre acaba perdéndose nas rotondas de Ribadumia e non é capaz de chegar o pleno.
Pois ben para aqueles de vos que non fostedes nunca a un pleno explicareivos un pouco como é o funcionamento do mesmo. En realidade é moi sinxelo, e o punto de partida é que o actual Goberno do Concello (formado por tres partidos: Somos Ribadumia, Independentes por Ribadumia mais o Psoe) esfórzanse denodadamente por cambiar os xeitos e as formas que viñan sufrindo os veciños nos últimos anos. E vos preguntaredes ¿como se consegue unha cousa así? Pois a través das políticas que impulsan no goberno, como por exemplo a Proposta de axudas as distintas asociacións que xa non serán a dedo como ata agora senón que terán unhas bases equitativas e obxectivas. Ou que os pais do CRA de Ribadumia poidan levar os seus fillos ó plan madruga que ata agora non podían (¿que porque non podían? Pois évos unha pregunta moi boa ¿deixadez?). Ou que os novos presupostos serán os mais transparentes e sinxelos de entender onde calquera veciño lles poida votar unha ollada e saber onde se gastan os cartos de todos. E non nos podemos esquecer que o Alcalde David Castro Mougán, cumprindo o acordado con Somos Ribadumia e coa axuda de Enrique Oubiña Lago (o mesmísimo demo radical perigoso de esquerdas según o PP) mailo concelleiro do Psoe José Ramón González Lede pasáronse días enteiros recorrendo as distintas parroquias do Concello para escoitar as necesidades dos veciños e incluílas no Presuposto deste ano ou se non pode ser dos seguintes. Xa vedes non vos hai nada mais perigoso neste mundo.
Pois todo isto plasmase nos plenos onde a corporación ten que aprobar tódalas súas propostas e ten que escoitar as alternativas plantexadas pola oposición. Pero claro, recórdovos que o principio díxenvos que os do PP estaban un pouco…. como decilo “traspostos”. Aínda non teñen moi claro a súa función neste novo Concello e polo de agora o de “plantexar alternativas” venlles un pouco grande, igual que comunicarse con calquera que non sexa da súa opinión. Entón ¿a que dedica o tempo nos plenos Salomé Peña e Luís Serantes (o outro gran adalide da dereita casta e sen complexos no Concello de Ribadumia)?. Pois mirade, sinxelamente non vos teño nin idea. Escoitoos falar falar e falar pero o que e decir algo con chicha nada de nada. Chega un momento dado que as intervencións por parte dos voceiros do PP son tan insustanciais en contido que ben poderiamos estar a escoitar ó vento. Actividade que por certo é moito mais recomendable que escoitar nada do dúo Salomé Peña e Luís Serantes.
Xa para rematar e non aburrir a aquelas persoas incautas que decidiron ler estas verbas direivos que a pesar do escrito no último parrafo os plenos no Concello de Ribadumia son do mais entretido. ¿como e posible tal cousa? Pois porque o concello conta cun equipo de Goberno que veu con gañas de traballar o cal inclúe o nada desagradable traballo de sacar dos seus erros a bancada do Partido Popular, esforzo me temo que haberá que manter no tempo.
Un saúdo e ata outro día…
Fernando Ruiz Padín
