Category: Sen clasificar

Aprobadas as axudas definivas a entidades e clubs 2015 e as novas bases de adxudicación.

  Entre os puntos do pleno celebrado este pasado xoves figuraban dous moi importantes: a aprobación das cuantías definitivas para o ano 2015 que se lle otorgan as entidades e asociacións do concello, e unhas novas bases de adxudicacións, que rexirán a partires deste ano.

pleno 03032016      A revisión das axudas a entidades e clubs  aprobadas en xullo  era un compromiso do equipo de goberno, que ante a urxencia que se encontrou o chegar o concello de apoiar a estes colectivos, tomou unha decisión naquel momento que era provisional. A pesares  deste caracter provisional, o equipo de goberno garantizou a todas as entidades que como mínimo recibirían as mesmas cantidades que no 2014. O que se fixo, así pois, dende o mes de Xullo ata o 31 de xaneiro, onde vencía o último prazo para a xustificación de actividades por parte dos colectivos, foi un traballo de recabación de información. Nese proceso animouse as entidades a xustificar todas as actividades e gastos que realmente  tiveran realizado ó longo do ano, nun primeiro prazo ata o 30 de novembro, e nun segundo, para xustificar as actividades dos últimos dous meses do ano, ata o 31 de xaneiro. mais complexo foi realizar unha valoración obxectiva do traballo das entidades, pois as bases de adxudicación eran demasiado xenéricas e subxectivas, o cal obrigou os técnicos municipais e revisar e ponderar toda a documentación seguindo un proceso mais longo.

  O resultado dese traballo foi un aumento na axuda as entidades culturais e sociais dun 19% con respecto o 2014, e superiores nun 3%  no caso das entidades deportivas.

    Hai que salientar aqui que, tal como Enrique Oubiña expuxo no pleno, “a dia de hoxe non temos constancia de ningunha  proposta do PP con respecto o reparto de axudas, so sabemos que non votan a favor da nosa proposta, polo que interpretamos que non saben que facer, algo incomprensible nun partido político con representación municipal, ou peor, que se opoñen a que este goberno apoie economicamente a unhas  entidades e clubs que realizan unha importante labor no noso concello”.

 Novas bases de adxudicación.

   Outro tema que se levou a pleno e se aprobou, sen o apoio do PP, foi un documento que recolle unhas novas bases de adxudicación a entidades e clubs. Este novo documento, cuxa elaboración era tamén un compromiso do equipo de goberno, que consideraba que as anteriores bases eran excesivamente subxectivas e moi dificiles de aplicar precisamente por ese motivo, supón unha mostra práctica da nova maneira de gobernar que os tres socios de goberno están mostrando dende Xuño. 

  Para a elaboración do documento, realizouse un traballo a tres mans, entre técnicos municipais, concelleiros e as propias entidades, coas que se mantiveron varias xuntanzas, a fin de recoller as suas inquedanzas e propostas, e tentar realizar un documento que fora o mais próximo posible a súa  realidade. o resultado dese traballo e desas xuntazas cos colectivos plasmouse finalmente nun documento cuxa maior novidade está na súa sinxeleza e na valoración das actividades, que inclue criterios moito mais obxectivos que as anteriores, e facilmente cuantificables. tal como explica o concelleiro de asuntos sociais ” este documento ten a característica de que calquera entidade vai poder realizar por si mesma o calculo de puntos, de tal xeito que os técnicos municipais so terán que corroborar que toda a documentación estea en orde”. 

 A proposta saiu adiante cos únicos votos a favor de Somos Ribadumia, IR e Psoe, pois o PP abstivose. A este respecto Enrique Oubiña, moi disgustado coas actitudes do Partido Popular,  expresou no pleno “non concibo a maneira de facer política do PP local. Tiveron meses para facernos chegar calquera proposta que tiveran, e constanos que se reuniron  con algúns colectivos co cal sería de esperar que como moi tarde hoxe tiveran algo que contarnos; pero resulta que non teñen nin proposta nin ningún traballo feito. Se eu formara parte dun colectivo deses que visitaron sentiriame hoxe moi ofendido, porque é evidente que solo foron falar con eles para facer propaganda, e logo veñen o pleno a contarnos un conto. E non contentos con esa inutilidade manifesta para o traballo, resulta que nin siquera apoian unhas bases que por primeira vez neste concello foron consensuadas cos diferentes colectivos os que afectan.

   Dende Somos Ribadumia queremos felicitar ó equipo de goberno polo traballo realizado, que nos consta que foi moi laborioso, e os técnicos municipais que fixeron en todo o proceso, tanto na redacción do texto novo como na valoración das entidades para  o reparto de axudas do ano 2015, un importante traballo. Tamen queremos agradecer a boa disposición, que nos consta, de todas as entidades e clubs para axudar a elaborar unhas bases que estamos seguros de que son moito mais equitativas e obxectivas, e van permitir un reparto mais  xusto das axudas.

Ramon Mouriño opina sobre as xuntanzas veciñais.

Iniciamos unha nova sección denominada “os nosos veciños opinan”. Con  esta sección abrimos un espazo libre, para que aqueles veciños e veciñas que o desexen poidan ver reflexadas as súas opinións sobre os temas que consideren oportunos. Tamén, no pasar das próximas semanas iremos añadindo seccións fixas para os colaboradores mais habituais. Para que as vosas opinión sexan recollidas nesta sección teredes que facernolas chegar, ben dirixindovos a membros de Somos Ribadumia, ou ben mandando un e-mail a somosribadumia@gmail.com

  E damos inicio a esta ferramenta cun artigo de opinión de Ramón Mouriño.

  12118634_10153370796459143_2194767459115532870_n Outra opinión sobre as xuntanzas do goberno de Ribadumia cos veciños.

Anímome a escribir logo de ver nas redes como algún membro da oposición municipal publica opinión sobre a asistencia a unha desas xuntanzas e dado que eu tamén asistín e teño unha visión diametralmente oposta a súa e polo que me decidín a facela pública.

Eu quero comezar felicitando ao equipo de goberno de Ribadumia pola iniciativa de ir parroquia a parroquia explicando o seu traballo no Concello e escoitando aos veciños e veciñas, respostando as súas dúbidas e escoitando as súas necesidades, xusto no proceso de elaboración dos orzamentos. Creo que é das poucas iniciativas dese estilo que se están levando a cabo: todos os partidos, moitos concellos falan de participación, de transparencia da xestión, pero a hora de verdade, cantos se someten a avaliación dos seus veciños deste xeito??.

Eu comprobei como os veciños e veciñas estaban contentos de poder escoitar o alcalde e demáis membros do goberno, de poder falar con eles, de plantexarlle os seus problemas e que foran escoitados. Pode que aos membros do anterior goberno lle molestara ten que dar contas, e falar con todos os veciños, pero agora eso cambiou.

Na xuntanza presentouse os membros do equipo de goberno. Explicóuse a situación do Concello, o traballo realizado e algunhas das incidencias que se atoparon. Logo seguía unha parte na que se explicaban algunhas das actuacións que se pretenden facer en cada parroquia e logo, para min a parte máis importante, na que os veciños preguntaban dúbidas, comentaban problemas que existían nalgunha zona da parroquia e facían propostas.

Entón, que é o que lle molesta a oposición municipal????.  Que se falara da labor do anterior equipo de goberno??. Para min é lóxico, con máis argumento aínda logo de ver como eran acusados na prensa de non facer nada e bla bla bla….. Hai un refrán dos vellos que moi aplicable a esta situación e dí así: A QUE TEN A LENGUA AGUDA TEN QUE TER A COSTELA DURA!!.

E que os veciños non teñen dereito a saber os problemas e iregularidades en que se atopaban algunhas instalacións municipais??.  Que o Tanatorio non contaba con todos os permisos e licenzas; que na obra do Campo de futbol existen ata 3 proxectos diferentes ou os defectos atopados en varias Casas da Cultura e nas redes de saneamento de todo o Concello, e si, tamén se debe explicar, por que non? A situación irregular na que se atopaba o tractor municipal (un tema menor di algún, pero que podería provocar un gran problema para o conductor e para o propio Concello en caso de ter un accidente…).

Igual o problema e que algúns non queren que se sepán estas cousas, e como se facían, pero está decindo algunha mentira???, porque eu puiden ver nalgunha charla a Concelleiros da oposición e incluso membros do anterior goberno, e en ningún caso vin rebatir ningunha das explicacións que se deron por parte de membros do goberno actual, molesta entón a realidade???

Polo demais fálase de falta de proxecto, de nula xestión (manda carallo despois de que se explicou sobre o anterior goberno…) e de que  o único que os move e o ánimo de revancha. En fin…. igual a frustración pola perda do poder, por ver que o goberno está traballando e consolidándose ou o fastidio por ver que os veciños reciben con naturalidade o cambio político, e o que leva a algúns a non ser capaces de ver o lado positivo das xuntanzas. Igual para a oposición que o goberno queira terminar a dotación de servizo de auga e de alcantarelado a moitas casas que a día de hoxe seguen sen telo, ou mellorar o acceso ao colexio non son importantes, acostumados como están a falar de pousadas ou proxectos faraónicos, pero seguro que para os veciños si que son vitais.

Finalmente hai unha cousa na que si coincido, en que a pesares de que a participación foi moi importante, en parroquias como Ribadumia pasaban das 100 persoas na xuntanza, e unha pena que non viñeran aínda máis veciños as mismas…… a diferenza e que hai quen cree de verdade na trasparencia e na necesidade de que os veciños participen no Concello e hai quen o di agora, pero cando tiveron ocasión non o levaron a cabo. 

Quedome co lado positivo da promesa do goberno de que van a seguir tendo xuntanzas veciñais ao longo de toda a lexislatura. E unha boa nova.

 

 

O equipo de goberno de Ribadumia levará a pleno una moción sobre a revisión catastral rústica.

O acordo propón facer una valoración real das repercusións desta medida do goberno central e o estudo das posibles bonificacións que se poidan realizar dende o concello.

 Un dos asuntos que o equipo de goberno levará a pleno nos próximos días será unha moción referente á orde do goberno central que consiste, poñendo en práctica unha resolución da Dirección Xeral do Catastro de setembro de 2013, fundamentalmente en que se están a catastrar dende o goberno central todas as fincas do rural, así como a dar de alta bens como instalacións rústicas que son catalogadas como almacéns ou vivendas. Esta revisión levará na practica a que instalacións no rural que ata agora estaban exentas de facelo, teñan que pagar imposto de bens inmobles, (IBI).

    O que o equipo de goberno de Ribadumia pretende con esta moción é, dado que esta é unha orde do goberno central (PP) que non se pode evitar dende o concello,  clarificar o alcance desta medida para os veciños e veciñas de Ribadumia, e estudar a partires dun coñecemento realista da nova situación que coeficientes aplicar dende o concello e tamén elaborar propostas de bonificación acordes coas diferentes casuísticas.

O equipo de goberno levará a cabo esta fin de semana varias xuntanzas veciñais.

  Co obxectivo de rematar a rolda de xuntanzas veciñais nas parroquias antes de rematar cá redacción dos orzamentos municipais, o equipo de  goberno decidiu darlle un pulo as xuntanzas que estaba mantendo cos veciños e veciñas polas diferentes parroquias e que están recibindo moi boa acollida , concentrando as catro que inda estaban pendentes neste fin de semana.

image-71715

As xuntanzas polas parroquias están tendo unha gran aceptación entre os veciños, e son moi importantes porque permiten poñer ós membros do equipo de goberno en contacto coa realidade que se vive en todo o concello.

   Así, a axenda queda da seguinte maneira:

  • Venres 26 de Febreiro, as 20:00h, Barrantes, no centro social.
  • Sabado 27 de Febreiro, as 20:00, Ribadumia, na casa de cultura.
  • Domingo 28 de Febreiro, as 10:30, Besomaño, na casa de cultura.
  • Domingo 28 de febreiro, as 12:00, Leiro, no centro social.

Dende aquí convidamos a veciñanza a acudir a estas xuntanzas, que afondan na transparencia do funcionamento municipal, expoñendo ós concelleiros e concelleiras ó xuízo dos veciños, que teñen así unha moi boa oportunidade de transmitirlle todo aquilo que consideren.