O día da Marmota. Unha opinión de Fernando Ruiz

11051898_10204708853465175_1347919103255979811_oFernando Ruiz achéganos un breve artigo onde recolle as súas impresións sobre os últimos plenos municipais.

Recordamosvos que estes artigos de opinión están sendo recollidos na sección “os nosos veciños opinan”.

O día da marmota.

Para aqueles de vos que non sexades moi cinéfilos direivos que o titulo deste artigo fai referencia a unha película de culto chamada “Atrapado no tempo” interpretado polo xenial   Bill Murray que interpreta a Phil Connors, un meteorólogo frustrado e cascarrabias que non chegou a nada na súa vida e que esta obrigado a repetir o mesmo día unha e outra vez ata que o faga ben… o cal dende logo fáiselle moi complexo dada a súa actitude  coa vida.

Daquela dito isto vos preguntaredes  ¿que nos querra contar con este rollo? …

¡¡Pois moi sinxelo!!, dende fai pouco son asiduo ós Plenos do noso Concello. Espectáculo do mais interesante e entretido, e tal e como lle pasa o noso heroe (Phill Connors) na súa historia , a bancada do Partido Popular permanece atrapada nun tempo anterior feliz onde gobernaban eles con esmagadora maioria e sen ter que escoitar a ninguén nin dar ningunha explicación. Tan atrapados están os pobres que por non traer non traen nin a todos os seus concelleiros… un sempre acaba perdéndose nas rotondas de Ribadumia e non é capaz de chegar o pleno.

   Pois ben para aqueles de vos que non fostedes nunca a un pleno explicareivos un pouco como é o funcionamento do mesmo. En realidade é moi sinxelo, e o punto de partida é que  o actual Goberno do Concello (formado por tres partidos: Somos Ribadumia, Independentes por Ribadumia mais o Psoe) esfórzanse denodadamente por cambiar os xeitos e as formas que viñan sufrindo os veciños nos últimos anos. E vos preguntaredes ¿como se consegue unha cousa así? Pois a través das políticas que impulsan no goberno, como por exemplo a Proposta de axudas as distintas asociacións que  xa non serán a dedo como ata agora senón que terán unhas bases equitativas e obxectivas. Ou que os pais do CRA de Ribadumia poidan levar os seus fillos ó plan madruga que ata agora non podían (¿que porque non podían? Pois évos unha pregunta moi boa ¿deixadez?). Ou que os novos presupostos serán os mais transparentes e sinxelos de entender onde calquera veciño lles poida votar unha ollada e saber onde se gastan os cartos de todos. E non nos podemos esquecer que o Alcalde David Castro Mougán, cumprindo o acordado con Somos Ribadumia e coa axuda de Enrique Oubiña Lago (o mesmísimo demo radical perigoso de esquerdas según o PP) mailo concelleiro do Psoe José Ramón González Lede pasáronse días enteiros recorrendo as distintas parroquias do Concello para escoitar as necesidades dos veciños e incluílas no Presuposto deste ano ou se non pode ser dos seguintes. Xa vedes non vos hai nada mais perigoso neste mundo.

     Pois todo isto plasmase nos plenos onde a corporación ten que aprobar tódalas súas propostas e ten que escoitar as alternativas plantexadas pola oposición. Pero claro, recórdovos que o principio díxenvos que os do PP estaban un pouco…. como decilo “traspostos”. Aínda non teñen moi claro a súa función neste novo Concello e polo de agora o de “plantexar alternativas” venlles un pouco grande, igual que comunicarse con calquera que non sexa da súa opinión. Entón ¿a que dedica o tempo nos plenos Salomé Peña e Luís Serantes (o outro gran adalide da dereita casta e sen complexos no Concello de Ribadumia)?. Pois mirade, sinxelamente non vos teño nin idea. Escoitoos falar falar e falar pero o que e decir algo con chicha nada de nada. Chega un momento dado que as intervencións por parte dos voceiros do PP son tan insustanciais en contido que ben poderiamos estar a escoitar ó vento. Actividade que por certo é moito mais recomendable que escoitar  nada do dúo Salomé Peña e Luís Serantes.

                       Xa para rematar e non aburrir a aquelas persoas incautas que decidiron ler estas verbas direivos que a pesar do escrito no último parrafo os plenos no Concello de Ribadumia son do mais entretido. ¿como e posible tal cousa? Pois porque o concello conta cun equipo de Goberno que veu con gañas de traballar o cal inclúe o nada desagradable traballo de sacar dos seus erros a bancada do Partido Popular, esforzo  me temo que haberá que manter no tempo.

 Un saúdo e ata outro día…

   Fernando Ruiz Padín

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s