Asinado un convenio de colaboración con BATA.
Por primeira vez incluense persoas discapacitadas de Ribadumia, e este novo convenio recolle a posibilidade de poderse ampliar ó longo do ano.
Na maña de onte déuselle sinatura ó convenio entre Concello de Ribadumia e BATA, unha entidade que traballa na integración social de persoas con discapacidade.
Dito convenio permitirá contratar a tres persoas, dúas das cales por vez primeira son veciñas do propio concello, algo que para Enrique Oubiña “non deixa de ser unha sorpresa que anteriormente non se fixera un esforzo por integrar a veciños do concello, mais vendo que efctivamente temos algún caso, co cal debemos concluir que igual convenios como este se asinaban mais de cara a galería que con intención real de conseguir algo positivo para os nosos veciños e veciñas”. Como en anos anteriores estas persoas realizarán labouras de xardinería un día a semana, dende o próximo luns ata o 31 de decembro. Ademais destas tres persoas, que estarán acompañadas por un monitor, o convenio establece a posibilidade de que o longo do ano se puidera ampliar a mais persoas , días e mesmo outras areas de traballo, o cal podería en determinados momentos supoñer un reforzo para o persoal municipal.
Para Enrique Oubiña, concelleiro de servizos sociais, “convenios como este axudan a que persoas discapacitadas poidan integrarse no mundo laboral e a mellorar por extensión a súa calidade de vida, e dende este equipo de goberno, inda que actualmente non previamos a ampliación, queremos deixar a porta aberta neste convenio a poder integrar a calquera veciño ou veciña que precise dar un paso neste senso. Ademais iniciamos unha nova etapa de colaboración, onde poremos especial atención en identificar os casos que poida haber entre os veciños e veciñas de Ribadumia, para tentar buscarlle solucións que supoñan unha mellora na súa calidade de vida .”