Category: Sen clasificar

Asemblea Organizativa de Somos Ribadumia: un paso mais no crecemento da nosa plataforma.

Tal e como dixemos dende a primeira asemblea, Somos Ribadumia  naceu para quedar.

Por ese motivo  faise necesario elaborar unha serie de documentos organizativos que recollan os principios de funcionamento, ideoloxía, programa, código ético,  estruturación organizativa, e unha carta financieira. 

  Con este fin, puxemos en marcha un proceso aberto que lles permita os nosos veciños participar activamente na elaboración e aprobación deses documentos, básicos para mellorar a nosa organización interna, anque sempre mantendo os principios de transparecencia, participación aberta  e horizontalidade,  cos que nacemos.

Para participar neste proceso temos habilitado un espazo que explica como podedes aportar o voso granciño de area.  Podedes premer na casulla da vosa dereita  “Asemblea Organizativa” ou no seguinte enlace:

https://somosribadumia.wordpress.com/asemblea-organizativa-2/

 

IR, Somos Ribadumia e Psoe aproban a creación do grupo mixto.

O PP non aprobou a nova proposta, solicitada por eles mesmos,  porque incluía unha redución na asignación de dietas por comisións.

Onte celebrouse no concello de Ribadumia un pleno extraordinario a petición dunha parte do grupo do PP (Rafael Louzan non asinou a petición) co obxectivo de cambiar a composición do goberno local creando o “grupo mixto”, onde se integraron os concelleiros de Somos Ribadumia e do Psoe.

   No transcurso do pleno fíxose un repaso  ó acontecido en lexislaturas anteriores, cando o PP na mesma situación non creou o grupo mixto. Tamén se fixo un repaso a toda a información legal dispoñible; explicouse que ó inicio da lexislatura se pediron informes a consultoras legais que ampararon a decisión de non  crear o grupo mixto; mais adiante, a petición do PP, pedironse mais informes, e estes últimos si aconsellan crear o grupo mixto. Hai que remarcar que estes informes non  son nin preceptivos nin vinculantes, polo que non había obrigatoriedade de mudar nada, e o goberno podería seguir co mesmo organigrama sen problema algún.

PLENO MUNICIPALA pesares de todo isto, para evitar que seguiran xurdindo dúbidas con este tema, o equipo de goberno realizou unha nova proposta, creando o grupo mixto e incluíndo nel o concelleiro de Somos Ribadumia e o do Psoe. Nesa proposta ademais incluíronse  as garantías necesarias para que todos os partidos políticos mantiveran a súa representación nos órganos municipais.

  Co novo organigrama o pleno municipal queda conformado por tres grupos. PP, IR e o grupo mixto, pero a única  diferenza estriba en que o concello se vai aforrar 30€ ó mes.Tal como explica Enrique Oubiña “o PP pretendía por un lado meter unha cuña entre o Psoe e SR, recortándonos a representatividade,e por outro buscarnos un prexuízo económico,  pero  o sentido común prevaleceu nos tres partidos que conforman o goberno, e solventamos a situación garantindo que todos imos ter os mesmos dereitos  no pleno municipal e tamén nas comisións. E economicamente efectivamente SR e Psoe perdemos 150€ ó ano, pero entendemos que iso non debe ser un problema; de feito, podendo facer o mesmo que o PP  en Vilanova, onde mantivo os dereitos económicos dos partidos do grupo mixto, preferimos deixalo estar e aforrarnos mais debates absurdos”.

Cambios nas comisións informativas .

Ó crear o grupo mixto, para poder garantir a representación de todos os partidos, foi preciso modificar as comisións informativas. De todas as posibilidades o equipo de goberno apostou por manter o número de comisións, e solo cambiar a representación dos partidos e a asignación económica. Así, dos sete membros iniciais acordouse que se pase a once, onde o PP terá cinco  representantes, IR terá catro, e o grupo mixto terá dous. E para evitar que estes cambios, forzados polo equipo de Salome Peña,  tiveran repercusión económica nas arcas municipais o equipo de goberno acordou que nos orzamentos do ano próximo se vai incluír unha proposta para baixar a asignación que se lle da a cada concelleiro por asistencia a comisións informativas de 30€ á metade,15€.Deste xeito cada comisión, que co goberno anterior do PP custaba 360€ e actualmente estaba en 150€,  pasará agora de custar dos 270€ que correspondería polos once concelleiros,a 135€. (Enrique Oubiña e David castro non cobran dietas por asistencia comisións ou pleno).

 Este punto supuxo o enfado da señora Peña e de todo o seu equipo , feito que confirma  definitivamente que o PP o que buscaba realmente era unha compensación económica para os seus concelleiros e concelleiras.

Finalmente, a nova proposta saíu adiante coa abstención do PP, que nun exercicio de demagoxia absoluta non aprobou os cambios que eles mesmos habían proposto.

Doazon a causas beneficas.

Hai que salientar que o pleno de onte, que o equipo de goberno considerou innecesario, tivo un custo de 900€. Os concelleiros do equipo de goberno acordaron doar as súas asignacións por este pleno ás campañas benéficas de Caritas e de Protección Civil. Sen embargo,  os membros do PP non apoiaron esta iniciativa e cada un deles vai a cobrar os seus correspondentes 90€ por este pleno.

Dende aqui felicitamos ó equipo de goberno  por esta iniciativa, pois consideramos que efectivamente non habia necesidade ningunha de celebrar un pleno extraordinario para algo de tan pouca importancia, e lamentamos a actitude do PP, mais enfocada a conseguir réditos económicos para os seus concelleiros que a solventar os problemas dos nosos veciños e veciñas.

SOMOS RIBADUMIA CRITICA Ó PP POLA SÚA OBSESIÓN DE QUERER CORTARLLE A PARTICIPACIÓN ÓS GRUPOS MINORITARIOS  

Considera a actuación do Partido Popular sobre o Grupo mixto, como unha “pataleta” que solo busca vingarse dos grupos ós que culpa da perda do goberno municipal.

 Para SOMOS RIBADUMIA queda demostrado que a intención real do PP ó solicitar un Pleno Extraordinario é darlle un “aguinaldo extra de nadal” ós seus Concelleiros á conta de todos os veciños, en forma de 90 euros cada un por asistir a un pleno totalmente innecesario.

 

PLENO MUNICIPAL

O PP pideu a celebración dun pleno extraordinario, que custará mais de 1000€, para tratar algo totalmente secundario, e que non ten repercusión ningunha na vida dos veciños. Ademais, o aforro que din pretender é igual o custe dese pleno.

Dende SOMOS RIBADUMIA queremos  manifestar a nosa  opinión sobre a polémica que quixo montar o Partido Popular a conta da solicitude dun Pleno extraordinario para tratar sobre a  constitución do Grupo Mixto e a conseguinte reordenación das Comisións informativas aprobadas no pleno de organización.

O PP defende insistentemente a necesidade supostamente  “vital” para un Concello como Ribadumia de crear o grupo mixto e de que se integren nel tanto o Concelleiro de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, como o do PSdeG-PSOE, José Ramón Lede.  E insiste no tema, curiosamente, o partido encabezado por Salomé Peña, que en anteriores lexislaturas, sendo ela alcaldesa, non o creou e permitiu que Ramón Mouriño utilizase as siglas do BNG a pesares de ter un so Concelleiro, e tampopuco obrigou o Bng a pasar ó grupo mixto logo da saida de Enrique Oubiña ….. Parece que a coherencia brilla pola súa ausencia no Partido Popular de Ribadumia.

A última ocorrencia do Partido Popular, é solicitar nada menos que un pleno extraordinario da corporación municipal para tratar este tema, “tan urxente e tan vital” que polo visto non podía agardar  ó pleno ordinario de Xaneiro. Curiosamente non fixo a mesma solicitude cando foi preciso paralizar a actividade do tanatorio, algo moito mais importante, no que teñen unha grande responsabilidade e moitas expliacións que  dar,  e que dende logo si ten repercusión na vida dos nosos veciños.

Pois ben, dende SOMOS RIBADUMIA opinamos o seguinte:

  1. Esta proposta do PP obedece únicamente a unha “pataleta infantil”, a unha ansia de vinganza contra os grupos que lle fixeron oposición no anterior goberno e ós que culpa por haber perdido o goberno municipal.
  1. Non é unha proposta coherente coa actuación do PP, especialmente da súa portavoz Salomé Peña, que en anteriores lexislaturas consentiu que non existise Grupo Mixto e incluso permitiu ampliar as comisións para que participaran nas mesmas concelleiros non adscritos.
  2. A intención real do PP e coartar a liberdade de participación de todos os grupos políticos en todas as comisións informativas e organismos do Concello, privando ós veciños que os votaron desa representación.
  1. Non se pode argumentar o suposto aforro económico, que sería únicamente de 30 euros cada mes, cando ó mesmo tempo se solicita un Pleno Extraordinario exclusivo sobre o tema, que vai a costarlle ó Concello mais de 1.000 €, que tamén van ir en boa medida para os petos dos concelleiros incluidos os do PP, pois Enrique Oubiña non cobra por asistencia a plenos ou comisións. En resumo, o concello vai gastar mais de 1000€ en unha hora de pleno para aforrar a mesma cantidade en catro anos. Ridiculo.
  1. Para SOMOS RIBADUMIA está claro que a intención real do PP ó solicitar o Pleno extaordinario é compensar aos seus Concelleiros cun “aguinaldo extra de nadal”, eso sí a conta de todos os veciños, en forma de 90 € de gratificación por asistir a un pleno totalmente innecesario.

En conclusión:  O Partido Popular continúa a facer unha oposición negativa, sen aportar nin unha soa proposta positiva ao Concello e con esta cuestión o único que pretende e “vingarse” dos grupos minoritarios, recortar a participación e a democracia municipal e, ó mesmo  tempo, conseguir un aumento das asignacións para a súa organización e concelleiros, a parte de darlles unha “gratificación navideña”.  Lamentable.

Sinopse do acontecido co tanatorio municipal

Deixamosvos un resumo de todo o asunto do tanatorio, do que se deu conta na rolda de prensa do pasado sábado:

IMG_964928 de novembro: o equipo de goberno, logo de recibir o informe técnico onde se constatan unha serie de importantes irregularidades administrativas e total ilegalidade (dende 18/09/2011), asi como a inexistencia  do proxecto coincidinte coas obras realizadas, moi diferentes ó proxecto orixinal, que dispararon o orzamento inicial dos 390.000€ ata os 540.000€, vese obrigado a suspender temporalmente a actividade no tanatorio.

Hai que insistir en que sería unha grave irresponsabilidade, por parte do equipo de goberno, unha vez tido coñecemento da situación de ilegalidade, manter o tanatorio en funcionamento. Tal como expón Enrique Oubiña , “o que teñen que preguntarse os veciños de Ribadumia non é ¿porque se pechou o tanatorio?  se non que deben preguntarse ¿como era posible que  estivera aberto?”

Do 28 de novembro ó 11 de decembro: unha vez constatada a situación do tanatorio e sendo moi conscientes da importancia que esta instalación ten para os nosos veciños, e mesmo para veciños de outros concellos que fan uso deste servizo, o equipo de goberno axilizou os trámites para poder resolver a situación canto antes.

   o primeiro paso foi encargar o sr. Abilleira un proxecto de legalización que recollese a obra realmente construida, pois resultou que non constaba en ningún lado, nin no concello nin na Deputación, ningun proxecto modificado que contemplase a obra construida.

   Como apunte hai que decir que o señor Abilleira foi o arquitecto-director das obras por encargo da Deputación provincial logo de que o director inicial, e realizador do proxecto, o sr.Pernas renunciase despois de non aceptar os cambios impostos por Salome Peña.

PLANO TANATORIO FINAL

  Na maña do 11 de decembro, so trece dias naturais despois do peche do tanatorio, o sr. Abilleira fai entrega no concello deste expediente de legalización, cuxo custe, de case 3.000€, deberán afrontalo as arcas municipais, ou sexa os veciños e veciñas de Ribadumia.

Nese mesmo 11 de decembro, os técnicos municipais informaron sobre o expediente e, considerando os informes favorables da Consellería de Sanidade, foi convocada a Xunta de Goberno municipal, que tomou ó acordo, grazas a unha reforma lexislativa do 2013 que permite legalizar a instalación sen  informe de medio ambiente,  de legalizar as obras construidas e a súa actividade, e xusto ó remate desa Xunta de Goberno decretouse o reinicio das actividades no tanatorio municipal.

  O que resulta moi lamentable é a actuación do PP e de Salome Peña neste asunto. Para Enrique Oubiña, “se xa non ten escusa posible que se mantivese a situación ilegal do tanatorio dende o 2011,  sabendo como sabía Salome Peña que o tema se podería ter resolto cun par de informes no seu momento, ou cun proceso de dez días lectivos, como o resolveu o actual equipo de goberno, moita menos excusa ten que a súa actuación nestas semanas  fose a de dedicarse a mentir ós veciños e veciñas de  Ribadumia, e  convocar concentracións  en plena campaña electoral, buscando a foto na prensa e atacar ó equipo de goberno,  no canto de vir polo concello e axudar a solucionar unha situación da que é a máxima responsable. “