Sobre as obras do ximnasio de Barrantes

CIMG4491

Enrique Oubiña xunto ó equipo técnico, acompañou a dirección do colexio e da ANPA nunha visita a obra do ximnasio, onde constataron que efectivamente a obra esta ainda sen rematar, e cales son  os problemas que dos que adoece a edificación.

 Esta maña o equipo de goberno e Enrique Oubiña, tivo coñecemento de que Salomé Peña acusaos de ter rematada a obra fai semanas pero non a pon a disposición da comunidade escolar.

  Enrique Oubiña,  a raiz destas declaracións que califica de “totalmente falsas”  reuniuse esta mesma  maña coa directiva do colexio e a dirección da ANPA no ximnasio en cuestión, co obxectivo de clarificar as dúbidas que puderan producirse a raiz das declaracións da señora Peña, explicarlle o estado de situación das obras, os motivos dos retrasos e as próximas actuacións e previsións de remate.

   Neste sentido,  Enrique Oubiña, como concelleiro de obras e membro do equipo de goberno do concello de Ribadumia quere facer una serie de aclaracións, que son as mesmas que se lle expuxeron a ANPA e dirección do colexio:

Sobre o estado actual da obra:

  • É totalmente falso que a obra do ximnasio de Barrantes estea rematada.
  • A día de hoxe, a execución obra está totalmente fora de prazo, pois a única ampliación que se lle concedeu a empresa adxudicataria venceu o 18 de novembro de 2015.
  • O edificio, se ben coa execución  moi avanzada, presenta una serie de problemas de humidades, que afectan a maior parte do seu perímetro, que obrigaron a paralizar una parte da obra e, a petición do equipo de dirección de obra, á realizar unha consulta a unha empresa externa, que clarifique a orixe do problema e a solución mais adecuada., que garantice que non vai haber problemas a posteriori.
  • Os informes recabados deixan constancia dun grave problema de humidades detectado nas soleiras, que obrigará a tomar una serie de medidas, cuxa execución depende en gran medida do tempo atmosférico pois debe realizarse pola parte externa do edificio, e mentres esas medidas non se fagan efectivas a obra non se poderá rematar no seu interior.

Sobre as condicións de contratación:

  • o proxecto e as bases de adxudicación foron contratado e elaboradas baixo a responsabilidade do anterior equipo de goberno, nomeadamente o Partido Popular, e pola anterior alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña.
  • O equipo de goberno actual a única actuación que realizou con respecto a a posta en marcha deste proxecto foi a contratación da obra coa empresa adxudicataria.
  • A vista do proxecto presentado, faise evidente que as premuras da señora Peña e do PP por aprobar esta obra antes das eleccións  levaronlle a actuar con total irresponsabilidade, e un alto grado de deixadez. Froito desa deixadez, e da celeridade na elaboración do proxecto, e das limitacións económicas que impuxeron dende o PP, no proceso posterior de execución da obra, xa con este equipo de goberno, detectáronse unha serie de problemáticas que obrigaron a facer unha serie de modificacións, algunhas das cales acabaron por provocar os problemas que temos agora mesmo.
  • A empresa adxudicataria, gracias as condicións que puxo o equipo da señora Peña, esta moi protexido, pois as penalizacións por retraso están tasadas en 60€ por dia. 1200€ ó mes, e para poder actuar sobre esa empresa, debería ter acumulados mais de dez meses de retraso sobre a data de inicio.

    Captura

    Extracto das bsaes de adxudicación das obras, que deixan moi claras cales foron as ridiculas cuantias de penalización que se estableceron, e que claramente deixan o equipo de goberno sen apenas mecanismos para presionar a empresa constructora en caso de non cumprir os prazos de adxudicación.

  Tal como se lle explicou á dirección do colexio e a ANPA , a obra estara rematada previsiblemente antes de maio, pero existe unha dependencia total do tempo atmosférico que podería retrasar o final da obra. Tamen se lle explicou á ANPA e á directiva do colexio que toda a documentación relativa a esta obra, que recolle todos os pasos dados dende o primeiro día, esta nas dependencias municipais a súa disposición para que poidan consultala sen problemas se o desexan.

   Para Enrique Oubiña. É indignante que Salomé Peña, logo de entrevistarse comigo persoalmente e de ter sido posta ó día da situación da obra fai xa dúas semanas, e de saber que ela é en gran medida responsable das carencias deste proxecto, saia na prensa mentindo con ese descaro. Dende logo, a vista das circunstancias eu agardo que teña a decencia, xa que non a tivo ata agora, de pedir disculpas publicamente, non a este equipo de goberno, se non as nais e os pais dos alumnos do centro, a dirección e o claustro e o resto de veciños e veciñas, que non merecen ser tratados con ese desprezo.”

 En relación ó remate das obras ,Enrique Oubiña remarca  que “dependemos enormemente do tempo atmosférico,  porque as correccións hainas que facer por fora do edificio e coa soleira perimetral seca, asi que non podemos asegurar cando se vai rematar, pero agardamos que sexa antes de maio. En todo caso nos non imos facer como  a señora Peña e o seu equipo,  que nos deixaron unha serie de edificios con problemas e defectos construtivos e que agora supoñen unha sangría económica en mantementos, e non imos de ningunha maneira permitir que as obras se rematen en falso ou con deficiencias, a pesares de que para facer as cousas  ben teñamos que asumir retrasos nas obras que fagamos.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s