Goberno local e Igrexa negocian un convenio para diversas actuacións no concello de Ribadumia.

    O equipo de goberno, dentro dos orzamentos aprobados o pasado xoves, incluíu unha partida “convenio Igrexa Sisan-Barrantes”.

      Esta partida estableceuse para dar cabida económica a unha serie de actuacións que este equipo de goberno ten pensado levar a cabo en beneficio dos veciños, e para as cales leva semanas negociando coa Igrexa.

   Entre esas actuacións que se están negociando destaca a ampliación dos accesos a Igrexa de Barrantes, e creación de o redor de 115 prazas de aparcamento, unha acción moi demandada polos veciños.

barrantes

os veciños levan anos reclamando que se melloren os accesos e se creen prazas de aparcadoiro no entorno da Igrexa de Barrantes.

  Tamén se inclúe nese paquete un apoio de 5.000€ a reparación do campanario da Igrexa de Sisan,  e diversas actuacións mais no seu entorno proxectadas para este ano, como adecentar o pavimentado das zonas comúns do cemiterio ou a canalización das augas pluviais que se recollen no cemiterio  que están poñendo en perigo o muro de peche do camposanto,e nos terreos da antiga carballeira, para poder acondicionalos para o seu uso integro como aparcamento.

 

image-71716

Na xuntanza levada a cabo cos veciños de Sisan, o equipo de goberno comprometeuse a estudar detidametne a cuestión do campanario, e buscar mecanismos de apoio.  Compromiso cumplido.

 Unha serie de actuacións que van moito mais aló dun apoio puntual a unha acción concreta, e que mostran o talante con que o actual equipo de goberno está a xestionar o concello, usando os fondos públicos, non para actuacións de cara a galería que busquen fotos bonitas na prensa, se non para buscar solucións reais e prácticas ós problemas dos veciños, neste caso negociando coa Igrexa no canto de limitarse, como propoñía a oposición,  a dar apoios económicos sen negociar  contrapartidas que beneficien os veciños e veciñas do noso concello .

  A inclusión desta partida orzamentaria, ademais desmonta a falacia verquida polo PP local cando afirmaba que Somos Ribadumia e o seu representante Enrique Oubiña ían boicotear un suposto apoio a reparación do campanario da Igrexa de Sisan. A realidade é que foi o PP o que se opuxo os orzamentos aprobados, e quen deste xeito se opón a que o goberno municipal busque solucións ós problemas dos veciños de Sisan, de Barrantes , e do resto de parroquias do noso concello.

9 comments

  1. Sergio

    Que viva el Estado aconfesional y laico! … Y mientras, que se sigan regalando recursos públicos a una confesión religiosa, para arreglarle su patrimonio o proporcionarle servicios añadidos.

    Pd/ En alusión a la coletilla de la entrada, no todos los vecinos compartimos la postura de Enrique Oubiña en esta cuestión.

    Gústame

    • enriqueoubina

      Bos días. Enrique Oubiña, que son eu, non verqueu ningunha opinión persoal neste artigo. As miñas opinions persoais, cando se expresan nesta páxina, van sempre remarcadas como tal, e separadas das opinións de Somos Ribadumia, coas que persoalmente podo concordar ou non, inda que obviamente eu sempre respecto as decisións maioritarias que tomamos dentro do grupo.
      Aqui, como é obvio, recollese unha decisión do equipo de goberno. Somos Ribadumia, como grupo, estivo de acordo por que entendía que era unha solución razoable. Obviamente non todos os veciños teñen que estar a favor de medidas como esta, pero gobernar significa tomar decisións que beneficien a maioría.

      Gústame

      • Sergio

        Me parece bien .Pero no todos entendemos que esta decisión beneficie a ninguna “mayoría”. Ni la vemos como razonable.

        Solo beneficia al obispado, que se ahorra un dinero para reparar SU patrimonio a costa del dinero público. Que se lo financien sus fieles. En un estado aconfesional, no tenemos porqué regalarle dinero público a ninguna confesión religiosa, aunque ésta lleve enquistada siglos aquí.

        Gústame

  2. Sergio

    Si la censura lo permite esta vez, solo me gustaría puntualizar que la opinión de Somos Ribadumia en esta cuestión de apoyo económico al patrimonio de la Iglesia Católica con los fondos públicos de Concello, no está definida en su programa ni decidida en asamblea. Y la “comisión ejecutiva” tampoco ha sondeado a los vecinos sobre este particular. De modo, que lo comentado en el “artículo” no deja de ser la postura de Enrique Oubiña (y de algún otro miembro de esa comisión, en todo caso).

    Gústame

  3. Somos Ribadumia

    Bos días Sergio. para falar de censura primeiro habería que censurarche algo, e non foi o caso. Ese comentario está fora de lugar, agradeceriamos que o rectificaras. O único que tes que ter en conta, é que por motivos da lei de protección de datos, todos os comentarios teñen que ser revisados antes de aprobarse, por se conteñen información que non pode ser publicada, e pode ser que por ese motivo os comentarios tarden un chisco en aparecer publicados..

    Con respecto o que dis do campanario, as opinións son todas benvidas, Sobre o que a asemblea aproba ou non tamén estamos encantados de recibir opinións, pero axuda moito a hora de elaborar esas opinións participar nas propias asembleas, se non corremos o perigo de errar nas valoracións. Efectivamente Somos Ribadumia non se definiu na súa relación coa Igrexa, como non se definiu sobre moitas cousas. Na última asemblea debateuse o tema do campanario, e a pesares de que por falta de concreción do que se estaba propoñendo non houbo finalmente unha posición definida, si se plantexaron uns mínimos para apoiar calquera actuación neste sentido, que era basicamente que calquera actuación que se fixera tiña que redundar en beneficio dos veciños de Ribadumia. E este é o caso do que fala a comunicación. Non se trata de apoiar a reconstrucción dun campanario, tratase dunha partida para solventar problemas que afectan os veciños de Ribadumia, e que non se poden ignorar.

    Sobre se a Comisión Executiva sondeou os veciños, volves errar. Todo o equipo de goberno, non solo Somos Ribadumia, realizou xuntanzas en todas as parroquias, onde os veciños presentaron as suas reclamacións, criticas, propostas, etc, incluido no caso de Sisan o tema do campanario, e no caso de barrantes o tema da mellora dos accesos.
    o resultado desas xuntanzas está reflexado nos orzamentos,

    Gústame

  4. Sergio

    No sé quien eres, aunque deduzco por tu apodo que pretendes ser portavoz de la opinión de la plataforma vecinal, y en consecuencia de todos los vecinos que la constituyen. En cualquier caso, eso no te va a dar AQUÍ más o menos razón (como en mi caso, por descontado). Lo que digas no deja de ser tu opinión particular.

    Lo que se hable o decida en las xuntanzas del equipo de goberno del Concello es cosa del equipo de goberno del Concello, no de nuestra plataforma de vecinos. Las dos últimas asambleas de Somos Ribadumia han sido para aprobar la carta fundacional, el documento organizativo y la última en particular tenía como único punto del día rematar lo que quedó pendiente de la anterior por falta de tiempo: la carta económica (aunque luego decidieron sus seis asistentes improvisar un poco y cambiar cuestiones decididas en la asamblea anterior). Sea como fuere, en ningún momento se apoyó dar ese dinero a la Iglesia, de modo que decir otra cosa no se ajusta a la realidad.

    Por otro lado, he asistido a todas las asambleas excepto esa última, cuya desafortunada fecha en mitad de carnaval fue “impuesta” por quien reservó el local, debo recordarte. ¿A cuántas has ido tú?

    Gústame

  5. Somos Ribadumia

    Aqui non hai unha persoa responsable. A Comisión Executiva é a responsable no seu conxunto de dar cumprimento ó que se acorde en asemblea e da transmisión da información e das posturas de Somos Ribadumia no seu conxunto, entre outras moitas cousas.
    Agradecemos as túas opinións, pero non imos entrar en debates estériles nin puntillosos, que en todo caso deberían tratarse na Asemblea.
    Como aclaración diremos que o que se aprobou na última asemblea é de acceso público nesta mesma páxina. Tamén os Documentos Organizativos que establecen as funcións da Comisión executiva, que son as seguintes :
     Desenvolver os acordos e xestións que se establezan por parte da Asemblea.
     Atender o día a día de SOMOS RIBADUMIA.
     Designar, de entre as persoas membros, as distintas responsabilidades que
    corresponda.
     Apoiar o traballo de todas e de todos os representantes e cargos públicos
    de SOMOS RIBADUMIA, tanto no Concello coma en aqueles outros
    órganos nos que estean representados.
     Convocar as asembleas, acordar a orde do día, lugar e data de celebración.
     Exercer a portavocía (a través do/da portavoz designado/a) e facer públicos
    os acordos de SOMOS RIBADUMIA.
     Xestionar as finanzas (a través do/da tesoureiro/a) de SOMOS
    RIBADUMIA, e facer propostas para o financiamento da plataforma.
     Redactar e arquivar (a través do/da Secretario/a) as actas das asembleas.
    Xestionar o rexistro de colaboradores.
     Redactar e proporlle á Asemblea todos aqueles documentos que teñan que
    ver con Somos Ribadumia, dende os Estatutos ou documentos
    organizativos, ata propostas de documentos para posicionamentos políticos
    e programas.
     Tramitar, de ser o caso, as propostas de sanción ou expulsión de
    colaboradoras/es, cargos públicos ou membros da propia Comisión
    Executiva en caso de incumprimento dos principios ou do Código Ético de
    SOMOS RIBADUMIA. O/A membro da Comisión Executiva designado/a
    como Garante dos Dereitos dos/das colaboradores/as será a persoa
    encargada de tramitar este expediente. A decisión final a este respecto
    corresponderalle á Asemblea a proposta da Comisión Executiva.

    Se tes algunha cuestión neste sentido sempre podes dirixirte a somosribadumia@gmail.com e solicitar que na próxima asemblea se trate un tema concreto.
    Saudos.

    Gústame

  6. Sergio

    No tengo ninguna cuestión. Solo recordarte que esa comisión ejecutiva no existía cuando se celebró la última asamblea. Te presentaste y te votaste precisamente en ella.

    Y si el ente de control anónimo lo permite, confío en poder seguir opinando en el sitio web de esta plataforma vecinal sobre los comunicados de prensa del Concello o artículos que se publiquen aquí.

    Gústame

  7. Pingback: A inversión no entorno da igrexa de Barrantes vai superar os 132.000€ | Somos Ribadumia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s