O Concello de Ribadumia aprobou  os orzamentos para o 2016.

 

12592506_10206713969911833_4017630228369967536_n

Para facer mais axil e amena a expliación do documento orzamentario, e facilitar a súa interpretación, o equipo de goberno apoiouse nunha presentación con proxeccións.

  • No pleno extraordinario celebrado este pasado xoves na casa consistorial, o equipo de goberno aprobou o documento orzamentario para este ano 2016.

  • Na súa presentación, a concelleira de contas, Pilar Martinez, serviuse de apoio visual  cun proxector para explicar as características e novidades do orzamento, favorecendo así unha mellor comprensión por parte dos veciños presentes.

  Deste orzamento pódense salientar varias cousas; a primeira que son uns orzamentos que axustan as partidas ós gastos reais comprobados, o cal permitiu ter uns orzamentos acorde a realidade que vivimos no concello, algo que ata o de agora non acontecía; gracias a un esforzo na xestión dos recursos,  prevé unha redución do porcentaxe total destinado a gasto corrente dun 3%, pasando de ser o 49%  do total do orzamento no 2015 a supoñer o 46% ( 1.584.398,92€), a pesares de que a suba no consumo eléctrico, principalmente debido ó aumento do número de instalacións co novo campo de fútbol, prexudica seriamente este apartado.

orz1Por outra banda, este orzamento inclúe partidas novidosas, como a dedicada a festa do viño tinto, que este ano vai ser xestionada integramente a través do concello. Hai tamén unha partida nova destinada a apoiar as entidades que organizan as festas parroquiais, outra para apoiar diversos eventos deportivos, e en especial unha partida denominada promoción do emprego e inserción social, que pretende reforzar estas areas a través de diversos plantexamentos que se están estudando e que se porán en marcha nos próximos meses. Tamén se inclúe unha partida para alcanzar diferentes convenios coa igrexa, e poder así por unha banda dar apoio a reparación do campanario de Sisan, e por outra banda buscar unha solución ós accesos da igrexa de Barrantes. Neste sentido ademais esta prevista a adquisición dun panteón social no cemiterio de Leiro.

Unha cuestión a salientar corresponde as partidas para apoio a entidades culturais e sociais. Se ben estas cantidades orzamentariamente se manteñen como en anos anteriores, a partires deste ano as cantidades reais destinadas ó reparto de axudas vai pasar de ser o 50% da partida como ata o de agora, a supor o 100% da partida consignada nos orzamentos, o que na práctica supón un aumento nas axudas a estas entidades no dobre de anos anteriores, solo que sen modificar a partida orzamentaria.

Por outra banda auméntanse diversas  partidas, como a destinada ó apoio a entidades deportivas, que sube 9.000€, pero especialmente aumenta a partida  investimentos reais, que soben mais de 100.000€ con respecto o 2015, situándose nos 513.361,66€, e que suporá un importante avance na resolución de diversos problemas de saneamento, accesos e outros recollidos nas diferentes xuntanzas levadas a cabo nas  parroquias.

 Tamén hai que salientar a adhesión o proxecto transfronteirizo POPTEP 2015-2019, que suporá, de saír adiante un importante impulso para o sector vitivinicola e o turismo vinicola no noso concello e en toda a denominación Rías Baixas, coa creación do Cluster Luso-Galaico do viño alvariño.

   En resumo, tal como explica o equipo de goberno, este orzamento foi elaborado dun xeito moito mais claro e específico, que permitira situar cada partida económica nun apartado determinado perfectamente identificable, e así facilitar, non solo a comprensión por parte de calquera veciño, se non tamén a xestión das diferentes partidas, e comezar así un camiño de mellora no ordenamento e uso dos recursos municipais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s