O primeiro orzamento do novo equipo de goberno xa está listo.

  • Na proposta de orzamentos recóllense varias das propostas realizadas polos veciños nas xuntanzas que se mantiveron nas parroquias.
  • Na súa elaboración primouse a transparencia, detallando todas as partidas de investimentos e gastos.

03032016O equipo de goberno do Concello de Ribadumia ten cerrada a que será a súa primeira proposta orzamentaria para o presente ano 2016. Así, no día de onte, logo de comunicarllo o pasado venres na xunta de portavoces, entregóuselle á oposición municipal a proposta de orzamento e as bases de execución para que as poidan estudar e facer propostas se o cren convinte. A comisión de Contas foi tamen convocada para o próximo martes.

A proposta orzamentaria ascende a un total de 3.361.721,65 €, onde os INVESTIMENTOS REAIS,  suman un total de 513.361,66 €, cantidade que supón un incremento de máis de 100.000€ sobre os orzamentos presentados o ano pasado polo equipo da señora Peña.

O capítulo de persoal ascende a 1.080.491,14 € e o de gastos correntes a 1.584.398,92 €, capítulos nos que están incluídos todos os gastos necesarios para manter todos os servizos e accións que leva a cabo o Concello de Ribadumia ó longo do ano, todo isto facendo un esforzo para non  aumentar a carga impositiva sobre os veciños.

 Hai que destacar tamén o traballo en prol da TRANSPARENCIA que o equipo de goberno levou a cabo na elaboración dos orzamentos ó detallar na proposta as partidas de investimento e de gastos ó máximo (en subpartidas) e agrupalas por concepto de gasto, facendo moi sinxela a súa interpretación por calquera veciño.

Este goberno está comprometido coa transparencia e dar o máximo de información aos veciños sobre en que se está gastando realmente o diñeiro dos seus impostos.

  Dentro desta aposta do actual equipo de goberno pola información e a transparencia, realizáronse XUNTANZAS EN TODAS AS PARROQUIAS DO CONCELLO para contrastar cos veciños as necesidades de cada parroquia e recoller suxerencias e propostas. Nesas xuntanzas saíron a relucir moitas deficiencias, sobre todo nas redes de saneamento e abastecemento de auga, que levaban tempo solicitando ao concello sen obter resposta.

Neste orzamento recolléronse moitas destas necesidades apuntadas polos veciños, facendo ademais un reparto equilibrado entre as diferentes parroquias do concello.

Así podemos mencionar actuacións como o saneamento en Pereira, Traveselas ou Puxafeita (Ribadumia), a rede de pluviais en Casal (Besomaño), a ampliación do vial á igrexa de Lois, o saneamento na Costa, Leiromeán ou Piñeirón (Leiro), a mellora de varios camiños e acceso a fincas en Sisán ou a ampliación do vial de acceso norte ao colexio en Barrantes.

Ademais,  os orzamentos 2016 recollen melloras en distintos edificios públicos necesarias a deficiencias diversas ou á falta de mantemento nos anos anteriores debida principalmente a deixadez do anterior equipo de goberno. Así podemos poñer como exemplo o caso da partida de 9.500 € de investimento que hai que facer no Centro Social de Lois para reparar e poñer en funcionamento o sistema de calefacción, que dende que foi construida non chegou a funcionar correctamente e supoñia unha sangría de gastos en combustible inutil, ou diversas partidas para reparar deficiencias nas redes de saneamento e abastecemento reclamadas polos veciños.

Para Enrique Oubiña, “esta é a primeira pesentación, e non serán definitivos ata que vaian a pleno, pero xa se ven os cambios de estilo e de maneira de gobernar. Polo de pronto o documento é moito mais fácil de entender para calquera, co cal mellora a transparencia, e fixose un esforzo por recoller as propostas que os veciños nos fixeron chegar, algo que neste concello non se había visto ata o de agora, facilitando así a participación veciñal na vida municipal e na distribución dos recursos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s