O EQUIPO DE GOBERNO DE RIBADUMIA ACUSA A SALOME PEÑA DE UTILIZAR A DEMAGOXIA PARA OCULTAR O VOTO EN CONTRA DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS.
- O equipo de goberno considera que o PP recurre a facerse a vítima con acusacións falsas para evitar que se fale da súa falta de propostas concretas ó orzamento
- Califica de infundadas e inaceptables as acusacións de machismo verquidas sobre o alcalde.
- Frente as descalificacións, TRASPARENCIA: no pleno anunciouse unha partida para instalar os equipo necesarios para grabar os plenos municipais, que serán publicados a traves da web do concello.
O equipo de goberno do Concello de Ribadumia está máis que sorprendido diante do comunicado presentado polo PP no concello e que os medios de comunicación recollían onte do Partido Popular de Ribadumia sobre o Pleno no que se aprobaron os orzamentos municipais para o presente ano 2016. Nela a portavoz do grupo do PP na corporación, Salomé Peña, calificaba a actitude do alcalde de machista e dictatorial.
Para o equipo de goberno está actitude da señora Peña unicamente pode obedecer a un intento burdo de desviar a atención para ocultar o voto en contra do Partido Popular ós orzamentos municipais, que incluen unha partida de máis de 500.000 € para investimentos directos nas distintas parroquias do Concello, para resolver moitas das incidencias herdadas do anterior goberno da Sra. Salomé Peña no saneamento e abastecemento, ou partidas como a destinada ó convenio coa igrexa para o arranxo do campanario da igrexa de Sisán e a mellora do acceso e zona de estacionamento a igrexa de Barrantes. Orzamentos que manteñen o investimento en Servizos Sociais e incluen partidas novidosas como a destinada ao fomento da contratación.
PP non quere explicarlle aos veciños que votou en contra dese orzamento e tampouco que non presentou ningunha proposta concreta de modificación do mesmo, por eso recurre a descalificacións infundadas e falsas sobre a persoa do alcalde.

No pleno mais importante do ano, o PP disfrutou de todo o tempo de intervención que considerou; pero a pesares de explaiarse durante mais de media hora, Salomé peña foi incapaz de concretar ningunha proposta.
É inadmisible que se fale de actitude dictatorial cando por primeira vez en Ribadumia a oposición soubo do pleno 2 semanas antes en Xunta de Portavoces, tivo acceso a proposta do equipo de goberno con 10 días de antelación e a Comisión de Contas celebrouse dous dias antes do pleno. En todo este proceso o grupo do Partido Popular non presentou nin unha soa proposta concreta para incluir nos orzamentos ou crítica ós mesmos, ata o mesmo día do pleno. Un pleno que se extendeu por máis de 3 horas, con apoio gráfico e coas partidas totalmente desglosadas para maior entendemento tanto da corporación como dos veciños presentes, e un pleno no que Salome Peña fixo uso do seu turno de palabra todo o tempo que quixo sen limitación algunha. O que non pode a señora Peña é pretender impedir que os portavoces de IR, Somos Ribadumia e do Psoe fagan uso do seu dereito a expresarse, nin evitar que os concelleiros responsables das diferentes áreas dean as explicacións necesarias.
Ademais, hai que recordarlle a señora Peña, que os portavoces de IR, SR e Psoe fixeron uso do mesmo numero de turnos de palabra que a portavoz do PP.
O remate do pleno Enrique Oubiña mostraba a súa sorpresa pola actitude do PP, ” foi sorprendente, pero que non nos confunda este ruido interesado, a realidade é que por primeira vez neste concello a oposición chegou o pleno dos orzamentos sen ter presentado unha soa proposta, unha irresponsabilidade inaudita incluso para o Partido Popular, que demostra que no PP saben reunirse para ir de comedela e para contarlle milongas á prensa, pero non para facer o traballo político para o que os veciños os puxerón aquí”.
O equipo de goberno valora que quizais fose iso o que realmente molestara aos membros do PP, o atoparse cun orzamento perfectamente desglosado e que recollía moitas das accións solicitadas polos veciños e investimentos para resolver as incidencias atopadas en diferentes instalacións municipais, como o Centro Social de Lois ou o local das mulleres rurais. Entón, como ademais non se pode falar de alternativas concretas, o PP recurre a descalificación; pois frente as descalificacións este equipo de goberno vai a por TRANSPARENCIA: Coa aprobación dos orzamentos tamén se aprobou unha partida para instalar o equipo necesario que permita a gravación e retransmisión dos plenos da corporación e así todos os veciños poderán comprobar o que se argumenta, o que se vota e o que non.
Por último, o equipo de goberno que mostrar a súa indignación polas acusacións de machismo, totalmente infundadas, verquidas polo PP. En ningún caso, ningún membro deste equipo de goberno usou terminoloxia ou fixo declaracións de caracter sexista, nin neste pleno nin en ningún outro. Que se pretenda descalificar a un alcalde e a un equipo e goberno acudindo a acusacións deste tipo sen ningunha xustificación solo serve para deixar clara a calidade persoal e política dos membros do grupo do Partido Popular, carentes de calquera tipo de ética, e capaces de calquera cousa con tal de conseguir os seus obxectivos políticos .
Para Enrique Oubiña, “a actitude do PP facendo este tipo de acusacións solo por conseguir un titular é totalmente inadmisible. Agardo que a señora Peña e o seu compañeiro “imputado” teñan a decencia de desculparse por tamaña falsedade”.