Category: Sen clasificar
Asinado o convenio de cesión do centro de saude ó SERGAS.

Na tarde de onte, o Alcalde de Ribadumia e o Conselleiro de Sanidade asinaron o convenio de cesión dos custes de mantemento do centro de saude de Ribadumia.
Enrique Oubiña, concelleiro de sanidade, que tamén estivo presente na sinatura do convenio, que agora queda pendente de varios tramites burocráticos, explicou que “este convenio supón a culminación dun intenso traballo levado acabo por este equipo de goberno dende que chegamos o concello, e premia a insistencia que outros antes non quixeron ou non superon ter. Coa sinatura deste convenio, o SERGAS faise cargo dunhas competencias que xa fai tempo que debería ter asumido, quedando responsabilizado do mantemento do edificio, e permitiranos a partir de agora mellorar a xestión municipal, dispoñendo de máis recursos económicos, e mesmo de persoal. Unha boa nova para os veciños e veciñas de Ribadumia”.
O convenio, que establece as condicións nas que o edificio do centro de saude pasa a mans do SERGAS, establece que se no futuro deixase dedicarse a función actual, o Concello tería a posibilidade de recuperar o edificio para usos municipais.
Dende Somos Ribadumia queremos parabenizar o Concelleiro de Sanidade, Enrique Oubiña, o Alcalde David Castro e a todo o resto de concelleiros e concelleiras do equipo de goberno por conseguir levar a bo fín esta xestión, que entendemos é positiva para Ribadumia.
Comunicado sobre o Plan Concellos 2016.
Na maña de onte o equipo de goberno de Ribadumia, formado por SR, IR e Psoe, tivo constancia polos medios de prensa dunhas declaracións de Salomé Peña onde acusaba o goberno de ter paralizado o plan concellos.

Enrique Oubiña durante a visita a unha obra municipal
Dende o equipo de goberno emitiron un comunicado clarificando varios puntos:
- O plan concellos é unha liña de subvencións da Deputación de Pontevedra. Gracias a boa xestión feita dende este equipo de goberno materializouse finalmente a aprobación de 432.000€, unha cantidade moi importante, repartida en catro liñas de actuación: gasto corrente (64.861,49€), Actividades culturais (16.215,37€), emprego (97.292,23€) e investimentos (254.040,81€) .
- Destas catro liñas, nestes momentos unicamente falta por executar a liña de investimentos, para a cal hai prazo ata finais do ano 2017. Convén recordarlle a señora Peña que o equipo de goberno actual é o responsable, e é quen decide cómo, cando e de que xeito se xestionan estes investimentos.
- A Señora Peña minte e aporta mal os datos cando fala de 317.000,00€ paralizados, dado que os 64.891,49 € os que fai referencia como mantemento de alumeado público en realidade correspóndense coa partida para gasto corrente que incluía recollida de lixo, recollida selectiva do punto limpo e alumeado público, e xa foron executados ao longo do ano 2016.
- A partida de 254.040,81 € destinados a investimentos non está en absoluto paralizada, e de feito os proxectos están debidamente aprobados e en trámite de execución, sinxelamente o equipo de goberno está traballando segundo a súa planificación, que en ningún caso vai a estar marcada polas urxencias do Partido Popular.
- A liña de investimentos e a xestión deste plan é un exemplo de como este equipo de goberno está xestionando os fondos públicos, actuando sen presas innecesarias, realizando unha correcta planificación e dándolle preferencia as obras solicitadas polos propios veciños nas xuntanzas mantidas con eles, tal como demostran os proxectos solicitados as diferentes administración públicas, e non atenden a intereses partidistas como lle hubera seguramente gustado ó Partido Popular.
- O equipo de goberno quere facerlle ver a señora Peña que contra o que ela e o seu equipo pretenden facer creer, nin o Partido Popular, nin moito menos Salomé Peña, son imprescindibles para conseguir investimentos para o concello. A realidade é que a día de hoxe Ribadumia esta investindo en obras para mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas, e unha parte importante deses investimentos procede de axudas xestionadas coas diferentes administracións, sen que o feito de ter un goberno distinto ó PP sexa un problema.
Para Enrique Oubiña, concelleiro de obras, “resulta sorprendente que dende outubro a única crítica dende o PP a este goberno consista en decir , mentindo e aportando datos erroneos, que temos paralizadas unhas obras. Esquece a señora Peña que somos os que gobernamos agora os que xestionamos os prazos e organizamos o traballo municipal. Quizais, se a nosa intención fose contratarlle obras a catro colegas e logo desentendernos delas, fose a cousa doutro xeito, pero non é o caso, nos prefirimos ir ó noso ritmo, atender o mellor posible a todo o que facemos, contratar correctamente e manter o control sobre o que se fai no concello cos cartos que son de todos.”
Presentada a mesa contra á violencia de xénero

Na mañá de onte presentouse en Cambados a mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero.
Este novo organo, impulsado dende o CIM e as concellerías de Servizos Sociais dos concellos de Ribadumia, Cambados e Meis , pretende crear mecanismos de comunicación entre todas as entidades que dun xeito ou outro participan na loita contra violencia de xénero, dende a formación e prevención, ata todo o proceso xudicial cando se chega a denuncia, o apoio psicoloxico e legal as victimas, etc.
A mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero, a primeira que se crea en Galicia, en verbas de Enrique Oubiña, tenente alcalde e concelleiro de Servizos Sociais “é unha ferramenta que busca conseguir que a loita contra a lacra da violencia de xénero se leve de xeito organizado e coordinado, polo que as institucións se refire. Por iso nela estan os tres concellos concellos, os servizos sociais de Ribadumia, Cambados e Meis, o CIM ( abogada, psicologa e axente de igualdade), a policia local de Cambados, o xulgado nº3 Cambados, a Garda Civil, a Secretaría xeral de igualdade, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, o departamento de igualdade da Deputación de Pontevedra, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e os colexios de primaria e secundaria dos tres concellos e a Asociación de loita ocntra a violencia de xénero ESMAR. Ademais agardamos que se sumen a Policia Nacional, a fiscalia e Protección Civil.
Esta mesa ten previstas xuntanzas semestrais, e a creación de protocolos conxuntos de actuación, dende a prevencion ata a denuncia e todo o proceso xudicial, e a atención as victimas. Enrique Oubiña expresou a súa satisfacción ó remate do acto de presentación, pois “inda que nada do que fagamos sera seguramente suficiente, pasos como este, pioneiros non solo na nosa comarca, se non en toda Galicia, supoñen importantes avances na loita contra a violencia de xénero, e permitirán que a atención as victimas sexa moito mais rápida e eficiente”.

Realízanse melloras na gardería e no acceso ó ximnasio.

O concello de Ribadumia está levando a cabo diversas actuacións no entorno escolar.
Por unha banda, tal como informou o equipo de goberno en días pasados, o Concello de Ribadumia foi beneficiario dunha axuda enmarcada no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento na gardería.
Dos 33.364,53 € que o concello había solicitado, para actuacións diversas de melloras nas instalacións e para dotar de materiais diversos á gardería, foron concedidos 22.511,06 € dos cales o concello ten que asumir o 20%, 4.500,00 €.
O reparto da axuda entre obras e equipamentos será case o 50%, deste xeito a metade do orzamento concedido será destinado a compra de mobiliario interior e exterior, material didáctico e de xogo. E a outra metade será dedicada a obras de mellora da accesibilidade ou para dotar de novos servizos.
Ademais disto, o Concello gastará entorno a outros 4500 € para prover a gardería do equipamento que quedou fora da subvención, por exemplo berces, tumbonas, cadeiras e babeiros, e farase cargo tamen da parte de obra que non se aprobou, e que supoñen o redor doutros 6.000€.
Deste xeito, tal como afirmou esta mañá o tenente de alcalde e concelleiro de obras, vias e urbanismo, Enrique Oubiña, “realizamos unha actualización na gardería para poñela ó día renovando alguns equipamentos e dotando doutros novos , e realizamos melloras na propia instalación, cun patio cuberto novo, e ampliando a cuberta da entrada, para que a rampa de acceso e as escaleiras queden abrigadas, ademais de diversas actuacións no interior, na cociña e transformado un baño nun cuarto para material, ademais de solucionar algún problema de humidade e dar unha man de pintura a fachada. Todo isto por certo son propostas da dirección da gardería, que amablemente nos abriron as portas do centro e nos explicaron cales eran as súas carencias, que agora quedarán resoltas”.
Rampa de acceso ó ximnasio escolar.
Por outra banda, estes días os operarios municipais estan construindo unha rampa adoquinada que mellore o acceso o ximnasio escolar. Con esta actuación, buscase mellorar a segurdade no acceso o ximnasio dende o colexio. Para Enrqiue Oubiña “no equipo de goberno entendemos que o proxecto do Novo ximnasio era evidentemente deficiente, e plantexaba un edificio sen ter en conta a urbanización do entorno exterior, con “rarezas” como poñer o accceso para persoas con discapacidade pola parte traseira e mais alonxada as portas do edificio. Así que optamos por plantexar solucións, e cunha única actuación mellorar os accesos o edificio e tamen plantexar un camiño de acceso dende o colexio mais limpo e seguro, a traves dunha vía pavimentada e accesible”.
