Category: Sen clasificar
O Equipo de Goberno de Ribadumia levará a pleno unha moción na defensa do transporte público de cercanías.
- A moción orixinouse logo de que a Dirección Xeral de Mobilidade comunicase que este verán vencerán algunhas concesións nas liñas de transporte público e que iso podería provocar a desaparición dalgunha liña.
- O equipo de goberno con está moción quere pedirlle a Direccións Xeral de Mobilidade, pertencente a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, que aproveite a ocasión para acometer modificacións que adecúen as liñas de transporte público a realidade e as necesidades dos veciños de Ribadumia.
Na orde do día do pleno que terá lugar o próximo xoves 2 de marzo, o equipo de goberno incluirá unha moción relativa o transporte público.
A orixe desta moción está nun comunicado da Dirección Xeral de Mobilidade de finais de xaneiro, onde con sete días de prazo se lle pedía o Concello de Ribadumia que explicara cal era a súa situación neste aspecto, cales eran as necesidades especificas do Concello de Ribadumia e que enumerara, con rutas e periocidade, as propostas pertinentes. Con tan pouco prazo, e carecendo dun estudo de mobilidade, o equipo de goberno solo puido respostar o máis básico, poñendo de relevancia unha preocupante realidade: Ribadumia padece a ausencia total de comunicacións cos centros hospitalarios e de administración pública, malas conexións cos centros de transporte mais próximo, en concreto coas estacións de bus e trens de Vilagarcia e Pontevedra, ademais dunhas tamén deficientes conexións dentro do propio concello, sen liñas que conecten as parroquias co núcleo urbán ou co centro de saúde, e cos concellos limítrofes.
A raíz de ter coñecemento de que o motivo destas consultas por parte da Dirección Xeral de Mobilidade era que no próximo verán vencerán as concesións dalgunhas das escasas liñas que pasan por Ribadumia e que se está planteando aproveitar a ocasión para eliminar dalgunha delas, o equipo de goberno decidiu solicitarlle, a través da moción que levará a pleno este xoves, as administracións responsables, Dirección Xeral de Mobilidade e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, que se tomen o tempo preciso para realizar un estudo detallado e elaborar un plan de mobilidade, coas correspondentes partidas económicas, que sexa realista coas necesidades dos veciños e veciñas de Ribadumia e aporte solucións acordes, e mentres isto non aconteza non recorten as escasas liñas de comunicación que o Concello de Ribadumia ten.
Implicación da Mancomunidade.
Na moción tamén se proporá que se transmita á Mancomunidade do Salnés a petición de que este organismo tome cartas no asunto, realizando unha proposta conxunta de comunicación comarcal a través dun transporte público de calidade, que conecte os concellos entre eles e cos centros administrativos e sanitarios, ademais de coas estacións de transporte para conectar deste xeito dunha m,aneira práctica e cómoda a nosa comarca co resto do país.
Valoración sobre a xuntanza das forzas que sustentan o goberno municipal do Concello de Ribadumia.
A xuntanza das forzas que sustentan o goberno de Ribadumia celebrouse no día de onte e á mesma, a parte dos Concelleiros, asistiron diversos membros das executivas das formacións que compoñen o goberno: IR, Somos Ribadumia e PSOE. Logo diso emitiron o seguinte comunicado conxunto:

Os sete Concelleiros de IR, SR e psoe, durante unha sesión do pleno municipal
“Na xuntanza realizouse unha analise do pacto asinado para valorar o cumprimento do mesmo, así como aqueles puntos que quedan por desenvolver ou nos que e preciso intensificar o traballo.
Todos os grupos coinciden na necesidade de reforzar aínda máis as políticas de atención as necesidades sociais dos veciños e aquelas iniciativas destinadas ao apoio ao emprego e as empresas locais. Nese sentido puxéronse sobre a mesa varias ideas que van a ser estudiadas polo equipo de goberno para levar a cabo.
Tamén se aproveitou a xuntanza para analizar a organización municipal e revisar as diferentes responsabilidades e areas dos Concelleiros para tentar mellorar a información e a coordinación entre os mesmos.
Falouse da necesidade de visibilizar mais o traballo do equipo de goberno e dos Concelleiros, tanto a nivel público como directamente aos veciños e veciñas de Ribadumia. Neste sentido está previsto organizar, coincidindo co cumprimento do ecuador da lexislatura, unha nova rolda de xuntanzas veciñais por todalas parroquias de Ribadumia, para informar do traballo feito e recoller as suxerencias dos veciños.
Finalmente, analizaronse os investimentos que está previsto levar a cabo nos próximos meses con cargo a diferentes Plans de Obras, e tamén aqueles proxectos que se consideran prioritarios para desenvolver en Ribadumia.”
Todos os asistentes valoraron que o Pacto de Goberno está funcionando de xeito positivo e estase traballando para cumplir as espectativas de cambio xeradas nos veciños de Ribadumia. Tamén incidirion ó rematar no bo tono co que discorreu a xuntanza.
Quixeron tamén resaltar a unidade e ganas de traballar en favor dos veciños, tanto do equipo de goberno, como das 3 forzas políticas que o sustentan.
O Concello de Ribadumia traslada os servizos sociais e CIM ó edificio do “Concello Vello”.
- Con esta medida búscase mellorar a atención aos veciños, unha mellor organización da Atención social e unha maior confidencialidade.
- Para adecuar as instalacións e dotalas de equipamento, o Concello de Ribadumia investiu un total de 23.000,00 €.
O Concello de Ribadumia levou a cabo esta semana o traslado do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información a Muller ao Edificio do “Concello Vello”, situado na Avenida de Ribadumia, a 200 metros do Edificio actual do Concello.
Concretamente o persoal que pasará a atender ao público nestas renovadas instalacións son a Traballadora Social, o Educador familiar, así como a Psicóloga e a Avogada do Centro de Información a Muller. Ademais será neste edificio no que se centralizarán e atenderán todas as solicitudes e programas de Atención Social: Emerxencia social, Programa de Axuda no Fogar, Atención a Dependencia, Expedientes RISGA, Trámites Pensións e Minusvalías, etc.
Con esta medida reorganizativa, tal como explicou á prensa Enrique Oubiña, Concelleiro de Servizo Sociais, “o Equipo de Goberno do Concello de Ribadumia busca varios obxectivos. Por un lado conseguir unha mellor calidade na atención, nunhas dependencias mais amplias, e adaptadas as necesidades dos veciños e dos traballadores, nun edificio que centraliza toda a Atención social do Concello para unha mellor coordinación”. Resaltar ademais a total accesibilidade das dependencias, posto que todos os servizos estan na planta baixa.
Tal como explicou Enrique Oubiña, este traslado tamén permitirá unha mellor organización do departamento de Servizos Sociais, ao dispor de mais espazo, xa que levaban moito tempo nun espazo moi reducido no edificio do Concello, e sen contar sequera cunha sala de espera independente para os usuarios. Ademais permitirá liberar espazos no Concello para reorganizar algún departamento. Outro obxectivo que se consegue co traslado a un edificio adicado exclusivamente a Atención Social, e mellorar a confidencialidade dos usuarios, que xa non teran que compartir espera para ser atendidos con outros veciños que acudian ao Concello a outros departamentos ou simplemente a presentar un escrito.”
Durante a visita que membros do equipo de goberno realizaron onte cos medios de prensa ó novo centro, o alcalde quixo lembrar que os Servizos Sociais do Concello fan unha importante labor de atención a aquelas familias e veciños que teñen necesidades de atención social ou se atopan en situacións de dependencia, risco de exclusión ou pobreza; sendo unha das prioridades do equipo de goberno atender e resolver este tipo de situacións. En efecto, no ano 2016 o Departamento de Servizos Sociais atendeu un gran número de persoas debido a que dende alí se levan casos de dependencia, minusvalía, cheque bebe, etc ou programas dirixidos a terceira idade.
INVESTIMENTO DE 23.000,00 € EUROS
Para acondicionar estas instalacións e poder adaptalas ao uso pretendido de Atención Social e do CIM, o Concello de Ribadumia investiu nas mesmas un total de 23.000,00 Euros. Concretamente procedeuse a unha reorganización interior do edificio, habilitándose e equipándose un total de 3 novos Despachos e unha Sala de Espera. asi como mobiliario de despacho e o equipo informático necesarios.
Aberto un punto de información catastral na casa de cultura de Ribadumia

O punto de información de catastro está hubicado na pranta baixa da casa de cultura de Ribadumia, de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00
O concello de Ribadumia informa que a partir deste luns 30 de xaneiro habilitase un novo punto de información e axuda catastral na Casa de Cultura de Ribadumia en horario de 9 a 14 horas.
Este servizo responde ó incremento de consultas por parte dos veciños, que veñen motivadas porque dende Catastro estanse enviando diversas notificacións para adaptar os datos existentes cos datos que aparecen nos títulos de propiedade de distintas Parcelarias feitas durante os anos 70 en Besomaño, Leiro, Ribadumia, Barrantes e Sisán.
Deste xeito, co novo punto de información habilitado tratase de axilizar a axuda os veciños para a descarga das notificacións e información.
