Continúan executándose obras do Plan Concellos, actualmente en Lois e Besomaño
O Concello de Ribadumia informa que continua levando a cabo as obras plantexadas no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Obras coas que o equipo de goberno busca a mellora das infraestruturas e servizos para os nosos veciños.
Neste caso as obras a mencionar son as levadas a cabo en A Bouza, Besomaño, onde se realizou un tramo da rede de saneamento para permitir os veciños desta zona acceder a estes servizo municipal.

Enrique Oubiña visita de xeito habitual as obras municipais, como esta en Lois.
Por outra banda, estase realizando en Lois, concretamente na estrada EP-9508 dende a Rúa Casal ata o Río Cañón, un tramo de 290 metros de lonxitude ó longo dos cales se esta colocando a rede de pluviais e beirarrúas dun 1,80m de ancho.
O importe destas obras e de 60.400,40 €, que dan resposta a diversas demandas veciñais, ademais de complementar os servizos existentes.
Esta maña, Enrique Oubiña, concelleiro de urbanismo explicaba que “seguimos co noso plan, executando as obras previstas dentro dos prazos que nos marcamos para levalas a cabo, obras que sempre poñen por diante os intereses dos nosos veciños.
Tamén añadiu, en referencia unha publicación do PP nas Redes Sociais, que “por iso me resulta curioso ver como o PP, no canto de felicitarnos por estar facendo un bo traballo, se dedica a ir mirando onde temos posto cada cartel , e ver se hai obreiros debaixo, cando lles sería máis fácil vir ó Concello e preguntarnos a nos cales son as obras en marcha e cales inda non se iniciaron. Cando fagan outro boletín terán que poñer as fotos cos carteis e decir que durante máis de dous anos o unico que o PP fixo, a parte de ir as verbenas, foi mirar carteles, os deles uns días, e os nosos os outros”.