Category: Sen clasificar
Ribadumia homenaxeará os veciños que traballen en prol do Galego.
- A institucionalización deste acto aprobouse no pasado pleno, sen o apoio da oposición.
- O acto terá lugar todos os anos no Día das Letras Galegas.
- Estableceuse unha formula transparente para a elección da persoa ou entidade para cada edición.

Captura da camara que graba os plenos municipais, e que se poden ver na canle de youtube do Concello.
Tal como explicou durante o pleno municipal do pasado xoves Mar Rey, concelleira de Cultura, ata este ano, o Concello de Ribadumia non organizou de forma directa ningún acto institucional relacionado co Día das Letras Galegas. O equipo de goberno de Ribadumia considera, sen embargo, que a defensa da nosa lingua e, por extensión, de toda a nosa cultura non pode quedar á marxe nin do funcionamento diario do Concello como institución municipal pública, nin dos actos institucionais que teñen lugar no concello ó longo do ano.
Ademais do xa dito sobre o traballo na administración local , onde hai que deixar constancia de que o uso do galego está perfectamente integrado e normalizado a todos os niveis, e da necesidade de organizar actos onde se poña de relevancia a importancia do noso idioma, o equipo de goberno considera que non podemos deixar na marxe da historia a todos eses veciños e veciñas, ou a diferentes entidades, que ó longo dos anos realizaron un traballo de posta en valor ou conservación da nosa lingua. Por este motivo, considerando que debe haber un acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas e que este acto ten que ter como eixo o recoñecemento a estas persoas ou entidades, o equipo de goberno presentou no pasado pleno unha moción co obxectivo de institucionalizar e asentar as bases para a organización deste acto. En concreto adoptouse o seguinte acordo:
- Establecer un acto de homenaxe, denominado “RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO”, que sirva para homenaxear de xeito anual a veciños ou veciñas que, pola súa traxectoria vital, merezan ser recoñecidos como defensores da nosa lingua.
- Establecer as BASES que, de xeito transparente, enmarquen a celebración deste acto, así como a fórmula de elección da persoa, persoas ou entidades que cada ano serán recoñecidas.
As bases aprobadas establecen entre outras cousas a responsabilidade do goberno da organización do acto, as súas características e a formula de elección da persoa ou colectivo á que en cada edición se lle renderá homenaxe.
Hai que salientar que a formula permite que unha persoa ou colectivo, dos que se deberá dar proba do seu traballo en prol da lingua galega, sexan propostas por:
- equipo de goberno do Concello de Ribadumia.
- a petición conxunta de catro concelleiros.
- unha petición razoada e xustificada dun organismo oficial, entidade ou asociación legalmente constituída, que se presente avalada pola sinatura de 100 veciños.
- unha petición subscrita por un número de veciños que represente, cando menos, o 3% da poboación do Concello de Ribadumia no momento de presentaren a proposta.
As propostas deberán realizarse no primeiro trimestre de cada ano. Logo o equipo de Cultura analizará todas as propostas para que aquelas que cumpran os requisitos pasen a Comisión Informativa de Cultura, onde están representados todos partidos, para a elección final.
Tal como explicou Enrique Oubiña, dende o equipo de goberno estamos establecendo bases de funcionamento transparentes para os actos institucionais, como xa se fixo tamén co “acto de homenaxe as mulleres traballadoras de Ribadumia”, o cal permite eliminar a politización deste tipo de actos. E iso debe ser o que lle molesta ó PP que, incapaz de apoiar unha moción deste tipo a pesares de que se incluiron as súas dúas propostas, de que gracias a esta norma van poder participar do proceso de elección cada ano, e de que o primeiro que dixerón foi que actos deste tipo eran moi necesarios, saiunos co peregrino, por non decir ridículo, argumento de que …atención… o titulo, “Moción do equipo de goberno para a institucionalización dos actos municipais do Día das Letras Galegas e da GALA-HOMENAXE RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO”, non lles parecia coherente(!), que ven a ser como decir que non lles gustaba a cor da tinta coa que estaba escrita.
O primeiro homenaxeado; Dositeo Valiñas.
Para a primeira “Gala-Homenaxe Ribadumienses en prol do Galego” que terá lugar o 17 de Maio, as 20:horas, no Auditorio de Ribadumia, non daba tempo físico para realizar a elección da persoa ou colectivo seguindo as bases aprobadas o pasado xoves, polo que o equipo de goberno optou por elixir para este recoñecemento a unha persoa que xerara consenso. Dositeu Valiñas, párroco de Ribadumia e Leiro, foi un precursor das liturxias en galego, nun momento histórico onde o uso da nosa lingua non estaba ben visto, e dende un ámbito, o relixioso, que nesa época tiña unha gran influencia social, máis especialmente se cabe en Galicia. A súa traxectoria como defensor da nosa lingua é innegable, e por ese motivo o equipo de goberno acordou que debería ser el quen tivera a honra de recibir este primeiro recoñecemento.
Aprobado o orzamento 2017, que inclue entre as súas inversións o aumento do apoio a servizos sociais, ás entidades sen ánimo de lucro, e a “legalización da maior parte do alumeado electrico”.
- Aumentase o gasto social e o apoio a entidades sen ánimo de lucro, e contense o gasto corrente.
- Incluese unha partida de 70.000€ para solucionar a situación de ilegalidade na que o PP mantiña a maior parte do alumeado eléctrico.
- En obras, destaca a ampliación do centro de Servizos Sociais, para acoller un novo almacen de alimentos e roupa, e mellorar a xestión deste servizo, ademais de diversas obras de saneamento.
No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, foi aprobado o orzamento do municipio para o ano 2017 que ascende a case 3,5 millóns de euros.
Logo dunha exposición moi didactica apoiada no proxector, onde a concelleira de contas, Pilar Martinez, explicou á oposición e á veciñaza presente o máis salientable do orzamento, aportaronse varias conclusións.
Orzamento garantista, prudente, transparente e real, que axusta os gastos e inversións o 100% dos ingresos, mantendo así a posición e política de non endebedamento do municipio.
Deste xeito os ingresos son estimados, como en calquera presuposto, en función dos exercicios anteriores, e segundo a contabilidade destes. Neste caso, para o 2017 tivéronse de referencia ou base as ordenanzas en vigor, os padróns fiscais e liquidacións do exercicio anterior, tendo como criterio fundamental sempre a prudencia.
Tamén se reflexa xa a previsión de transferencias do estado, esto é a participación de Ribadumia nos tributos do Estado, ou os ingresos polo Plan Provincial 2017.
En canto os gastos destacan as inversións e incrementos de inmobilizado. Deste xeito, vanse levar a cabo diferentes obras de saneamento en diferentes puntos do municipio como son O Freixo ou Sisán. Obras que elevan o seu custo a outras anteriores, debido a dificultade das mesmas, xa que son conexións complicadas pola orografia do terreo, pero que é preciso levar a cabo para dar servizo a veciños ata o de agora sen él.
Sube tamén o que hai que pagar a Sogama, algo que se debe a subida do custo por tonelada de lixo que marca a administración autonómica.
Consta neste orzamento, unha partida no alumeado, que ascende a uns 7.0000 €, para legalizar instalacións eléctricas que ata o de agora eran facturados a tanto alzado, de cara a incluilos nas melloras de eficiencia enerxéticas que son unha das prioridades deste equipo de goberno.
Por outra banda a partida adicada a servizos sociais sube dos 310.000,00 €, un incremento importante con respecto a anos anteriores.
Destacar así a diminución do pago a Mancomunidade, o prescindir o servizo da retroescavadora, e adquirir unha en propiedade.
E destacar o aumento na partida adicada a entidades e institucións sen ánimo de lucro en 7000 €.
Estos orzamentos, buscan manter os servizos que os veciños de Ribadumia disfrutan ata o de agora e mellorar a xestión dos fondos públicos.
Este orzamento estará na páxina web co concello dispoñible para consulta dos veciños nos próximos días.
O final do pleno, Enrique Oubiña, que durante o debate dos orzamentos afeou ó PP a súa falta de propostas e enmendas ó documento, e total incapacidade para defender a súa postura con argumentos sólidos, mostrouse entristecido “pola actitude do PP. Este documento é o máis importante do ano, e mentres o PP se dedicou o insulto velado e a falta de respecto, incapaz de realizar ningunha enmenda ou proposta, nos mostramos as inversións en diferentes áreas que imos realizar, mellorando a calidade dos servizos e no funcionamento do concello, e avanzando na consecución de varios obxectivos, como a mellora en servizos sociais ou rematar a rede de saneamento”.
E ante a critica do PP por unha baixada na partida de emerxencia social foi taxante “Salome Peña xoga a confundir os veciños. Unha cousa son as inversións en servizos sociais, e as medidas que pouco a pouco imos implantando para mellorar a calidade do servizo, e que no seu conxunto aumentaron, e outra a partida dedicada a situacións de emerxencia social. Esa partida baixa efectivametne no orzamento ata a cantidade que foi precisa para atender a ese tipo de emerxencias durante o ano 2016, e no equipo de goberno alegramonos diso e vemolo como algo positivo. Eu agardo que a sigamos baixando en anos sucesivos, porque significará que ese tipo de actuacións son menos necesarias. Tamén hai que deixar claro que a partida non esta pechada, e se por desgracia hubera que aumentala, fariase sen problema ningún, pero traballamos cada día para que iso non aconteza. Recomendolle a señora Peña que a próxima vez que vaia a visitar o centro de servizos sociais, ademais de admirar a cor branca das paredes, se interese polo que alí estamos facendo, e tampouco estaria de máis, dado que en catorce anos de alcaldesa non tivo tempo, se informase sobre como funciona o procedemento de axuda de emerxencia social.”
Os participantes na asemblea anual validan positivamente o traballo de Somos Ribadumia no Concello
Na pasada asemblea de Somos Ribadumia, que se celebra de xeito ordinario cada ano, os preto de medio centenar de participantes validaron de xeito positivo o traballo que Somos Ribadumia está levando a cabo como parte do equipo de Goberno de Ribadumia.
Durante a asemblea fixose un repaso a todo o traballo realizado ata o de agora polo equipo de goberno, tanto nas areas das que é responsable Enrique Oubiña, como no resto do goberno pois, tal como se explicou, “este goberno foi plantexado como un equipo e como tal traballa, evitando que as areas estan illadas”, e deuse unha visión de conxunto do acontecido ata o de agora. Valoraronse como especialmente positivos os cambios levados a cabo no goberno co concernente a transparencia, os funcionamentos democraticos e a xestión interna, asi como a resolución dos diferentes problemas os que o equipo debeu facer fronte, como a situación ilegal do tanatorio ou o desastroso estado das instalacións municipais, que obrigaron a un importante esforzo económico e de persoal, e que lastran o avance do goberno. Tamén se avanzaron as liñas de actuación para os próximos meses.
Con respecto ó pacto de goberno a comisión executiva rendeu conta de todas as xuntanzas realizadas cos socios de goberno e de como se esta funcionando no día a día, concluindo que a evolución do pacto, se ben máis lenta do desexable, está avanzando na dirección correcta. Remarcouse especialmente a boa relación cos socios de goberno e a boa disposición de todas as partes para a consecución dos obxectivos plantexados.
No económico, renderonse contas de cal é situación económica de Somos Ribadumia, explicando polo miudo cales foron os gastos e ingresos da plataforma. A asemblea finalmente, aprobou as contas, o informe de xestión tamén valorou positivamente o traballo da comisión executiva o longo do último ano.
Enrique Oubiña insistiu o remate da asemblea, na “necesidade de que Somos Ribadumia manteña o seu funcionamento asembleario, reunindose e falando claramente sobre o feito e o que hai que facer. Non esquecemos que Somos Ribadumia, e eu como representante no equipo de goberno, conseguimos esta representación gracias a unha serie de veciños que confiaron no noso proxecto, e logo foron tamén os veciños os que nos indicaron cales eran os pasos a seguir: pactar coas outras dúas forzas e mudar o goberno de Ribadumia. Fixémolo, pero o camiño e longo e debemos seguir contando coas persoas, pois a elas nos debemos, e son a nosa única forza.”
O Concello de Ribadumia impulsa o mantemento das zonas verdes e do mobiliario urbán
Nas últimas semanas intensificáronse os traballos de mantemento na parte ribadumiense por onde transcorre a Ruta da Pedra e da Auga e na senda fluvial do Umia. As labores de mantemento xa se viñan mantendo ó longo do ano, e xa a finais do verán pasado se habían reforzado os traballos coa adquisición de maquinaria nova, un tractor de reducido tamaño con desbrozadora e unha podadora manual, que axilizaron moito estas labores e permitiron que se acadara un nivel óptimo e sostido no mantemento das sendas fluviais, que agora locen en calquera época do ano unha moi boa imaxe.

Enrique Oubiña e Pepe Lede están estes días supervisando os traballos de mantemento nas sendas fluviais e nos parques municipais.
Con todo, coa chegada da nova cuadrilla de traballadores e coa vista posta na semana santa e no verán, apostouse por reforzar eses traballos. As labouras que estes días se están levando a cabo, ademais das habituais de corte de herba e repaso do firme das sendas, consisten basicamente en revisar o arbolado, podando algunha ponla que no inverno puidera irse descolgando e renovar o mobiliario defectuoso, especialmente tramos de valla. Ademais, para prolongar a vida útil das vallas e outros elementos decorativos, estase optando, aproveitando que se van renovando, para meter uns soportes de formigón e pvc, que eviten que a madeira teña excesivo contacto coa terra, que era o motivo de que a vida útil destes elementos fora tan reducida.O resultado de todos estes traballos, tal como explica o tenente de alcalde Enrique Oubiña “salta á vista, tanto que a propia Salomé Peña cando en días pasado quixo criticarnos polo mantemento das sendas fluviais tivo que ir facer a foto a outro concello“ Oubiña aproveitou que lle preguntamos por esta cuestión para mostrar a súa decepción co PP “que en visperas de semana santa en lugar de defender as virtudes das nosas sendas fluviais utiliza estes importantes atractivos turísticos para facer ataques políticos danando a imaxe do noso concello. Estamos vendo entristecidos como ó PP non lle importa nada Ribadumia , e solo pensa en recuperar o poder que o pobo lle quitou”.
Traballos nos parques municipais.
Estes días tamén se están intensificando os traballos de mantemento dos parques e espazos públicos municipais, realizando labouras de barnizado e pintado de elementos de xogo, farolas, bancos, etc, e a substitución de pezas defectuosas. Hai que remarcar que, grazas a importante inversión realizada nos anos 2015 e 2016 para corrixir a situación de abandono na que os parques municipais se encontraban, e que superou os 50.000€, estes traballos agora son moito máis reducidos, co cal estase conseguindo que os parques luzan nunhas condicións de mantemento óptimas e o mesmo tempo mellorouse a xestión dos recursos, unha xestión que Oubiña valora “máis que outra cousa como lóxica, o que non era lóxico era ter os parques que daban pena. “
