O equipo de goberno leva a pleno medidas de apoio as novas empresas.

 pleno-03032016  Esta tarde terá lugar un pleno de caracter extraordinario que incluirá un punto cunha proposta para crear  bonificacións en impostos como IBI, IAE, ICIO, así como nas taxa por licencia de apertura de actividade, e durante o primeiro ano nos recibos da  auga, lixo e saneamento. Todas estas propostas están dirixidas as novas empresas, e plantexan  bonificacións de ata o 95% en todos os apartados .

  Tal como explicaba Enrique Oubiña na tarde de onte, “estas propostas, son un paso importante no apoio a instalación de novas empresas no noso concello. Con elas, conseguimos que o proceso de poñer a funcionar unha empresa sexa máis económico, dandolle un pequeno balon de osíxeno as empresas nos primeiros meses, que é cando máis axuda precisan, especialmente as máis pequenas.”

  Tamén expresaba Enrique Oubiña que “nun concello como Ribadumia,  é sumamente importante a creación de empresas, por varios motivos. O primeiro é que  incide directamente nas cifras de paro, unha lacra contra a que debemos por todas as ferramentas dispoñibles. Por outra banda temos unha cuestión social, derivada da falta de tecido empresarial e da alta porcentaxe de paro. Eu que son fillo de emigrante e sei o que é vivir nunha familia partida pola emigración, vexo moi preocupado como a xuventude se vai a fora en busca de oportunidades, con todo o que iso significa. Neste sentido estas medidas que propoñemos poden axudar  a que as empresas opten por asentarse en Ribadumia, creen postos de traballo aquí e axuden a evitar esa migración na xuventude.

  Tampouco  podemos esquecer que en Ribadumia falecen máis persoas das que nacen, ó que hai que sumar o proceso migratorio ocasionado pola falta de oportunidades laborais. Todo isto no futuro próximo pode ter consecuencias negativas no económico, especialmente se baixamos dos 5.000 habitantes.  Isto último provocaría unha merma importante nos ingresos do Concello, complicando  a xestión e o mantemento dos servizos que actualmente temos. E todos somos conscientes de que se se crean  máis empresas no concello, haberá  mais postos de traballo e será máis probable que a  poboación asentada no Concello  aumente.”

   O apoio á creación de empresas era un punto no pacto de goberno, pero  ademais para Somos Ribadumia é  unha cuestión primordial, e congratulamonos de que o equipo e goberno poña en marcha  medidas deste tipo, sen dúbida beneficiosas para o noso concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s