Category: Sen clasificar

O Concello de Ribadumia inviste en limpeza e mantemento

   O Concello de Ribadumia informou en días pasados da recepción dunha  retroescavadora minipala adquirida ó abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e que supón unha inversión de preto de 30.000 €,  co obxectivo de  asegurar un servizo constante e mellorar  o mantemento do municipio, ademais de axilizar a realización de pequenas obras.

Esta inversión ven a ampliar o parque de maquinaria do Concello de Ribadumia, algo que é preciso para optimizar os traballos e os tempos.

image001   A adquisición desta retroescavadora minipala, que ademais conta cun cucharón varredora, con sistema de rego, cepillos laterais e faldóns de goma, así como un kit de tubaria, distribuidor e soporte varredora, supón un avance importante no inmobilizado deste concello, posto que o fai menos dependente doutros organismos e permite mellorar a capacidade de resposta ante os veciños.

Estes materiais xunto a características máis técnicas como tamaño ou potencia, fan que sexa unha máquina versátil, con multitude de accións, que facilitará o traballo os empregados do concello e diminuirá custos de arrendamento de maquinaria ou demora de tempos excesivos.

  Nova campá hidrolimpadora.

 plato hidrolimpadora (1)Esta adquisición sumase a otra tamén recente, neste caso un prato rotativo para hidrolimpadora, que permite mellorar as tarefas de  limpeza nas zonas urbanas, beirarúas e  prazas. Esta maquina adquirida con cargo os fondos propios do Concello supuxo unha importante inversión, que este equipo de goberno considera que dende o primeiro momento esta dando un moi bo rendemento, e o final deste ano xa terá aforrado en custes de limpeza moito máis do que custou, aportando unha mellor calidade no traballo.

  Esta máquina, unha campa cun eixe rotativo que emprega auga a alta presión como mecanismo de limpeza, vai a supoñer unha importante mellora na  limpeza das beirarúas e prazas do noso Concello. Debido ó seu deseño permite avanzar no traballo moito máis axilmente, e tamén permite que os traballos se desenvolvan facilitando moito a labor dos empregados municipais, e sen necesidade de que estes precisen roupas de augas para protexerse, nin tampouco de vallar a zona de traballos, evitando así incomodos para os viandantes.

Ademais do dito, polo seu xeito de funcionar, esta nova maquina vai permitir importantes reducións  no consumo de auga, ata  nun 75 % , e do tempo empregado nestas labores nun 70%.  Estes importantes aforros van permitir outra xestión destes tipos de traballo e, cando antes era difícil dedicar recursos a limpeza de beirarúas, polo seu custe en tempo, agora eses traballo poden realizarse  moito máis axilmente.

 Para o Concelleiro de Urbanismo, Enrique Oubiña, “este tipo de inversións son precisas para poder mellorar todo o relativo ó mantemento  e as pequenas obras municipais,  facilitarlle aos empregados municipais o traballo tanto como sexa posible, e mellorar os tempos de resposta e de execución. Non esquecemos que este concello ten un nivel de instalacións e unha infraestrutura que corresponden cun concello co dobre de habitantes. Nesta situación hai que prestar moita atención a como se xestionan os recursos municipais. A melloría na calidade de servizo debe ser unha constante e neste equipo de goberno esforzamonos por que así sexa”.

En Marea preocúpase pola tardanza do servizo de valoracións de discapacidade

   FB_IMG_1499343137962Esta mañá, a deputada de En Marea Paula Vázquez Verao visitou o noso concello. Na visita estivo acompañada polo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Servizos Sociais Enrique Oubiña e polas concelleiras Mar rey e Mar Moimenta.  O obxectivo da visita era coñecer de primeira man cal é a situación que estamos vivindo, neste concello e no resto da provincia,  con respecto ó servizo de valoración de discapacidades.

   Na visita, achegaronse ó novo centro de Sevizos Sociais do Concello, e entrevistaronse coa asistenta social, Helena Ruzo, que fixo unha exposición clara de cal é a situación: a día de hoxe o servizo de valoracións de discapacidade ten un prazo medio de resolución de entre 28 e 30 meses. Dous anos e medio para dar unha resolución, en moitos casos nin sequera definitiva.  Para Enrique Oubiña, “esta situación é totalmente inadmisible. Non solo non nos contestaron as solicitudes que lle fixemos chegar logo de  aprobalas en pleno a finais do pasado verán , se non que o servizo en lugar de mellorar empeora cada mes que pasa dun xeito alarmante.”

FB_IMG_1499343133763

Estracto dunha resolución de valoración do grao de discapacidade dunha persoa veciña de Ribadumia. Na resolución pode comprovarse que a data de solicitude é de decembro do 2014, e a resolución do 9 de xuño deste 2017, dous anos e medio despois….e ademais é resolución “provisional”.

 Paula Verao, recolleu esta problemática, avalada con exemplos claros como unha resolución chegada esta mesma maña datada de decembro de 2014, e tamen recolleu a problemática existente coa adxudicación de horas de dependencia ós concellos, cuxa mala xestión esta provocando que en Ribadumia teñamos diversas solicitudes de horas que non se conceden mentres outros concellos non consumen as súas por falta de usuarios, un desaxuste que dende servizos sociais opinan que se pode resolver sinxelamente facendo revisións trimestrais do reparto e uso das horas de dependencia.

  O compromiso de Paula Verao ó final da xuntanza foi de expoñer todo isto no parlamento, solicitar que as persoas responsables que expliquen publicamente porque se dan estas situacións ,  propor solucións e esixirlle o goberno do PP que  solvente este problema canto antes, dun xeito efectivo.

IMG-20170706-WA0004.jpg

En marcha as obras do Plan Concellos.

OBRA PUXAFEITA PLAN CONCELLOS 2016  A pasada semana deron comezo as obras financiadas polo  Plan Concellos 2016, obras que buscan en todos os casos a mellora das infraestructuras e servizos para os nosos veciños. Nesta primeira tanda estanse realizando varias obras que van  permitir completar a rede de saneamento nos lugares de Lucio, Pereira e Ribadumia, cun orzamento de 62.387,63€. O concelleiro de obras Enrique Oubiña declaraba este mediodía, nunha das visitas diarias que realiza para comprobar a evolución dos traballos, que ” estamos traballando arreo para conseguir o noso obxectivo de rematar o saneamento, cubrindo a través de obras como estas todos os ocos que quedaban, que eran bastantes máis dos que o PP aseguraba, e que ademais son máis complexos de realizar. Ademais, seguindo criterios de rendemento dos traballos, estamos aproveitando para deixar previstas outras canalizacións, como neste caso a da auga , para que cando chegue o momento de dar servizo aos veciños que o reclamen, non sexa preciso xa realizar obras.”. 

   Estes días tamén se puxeron en marcha o resto de obras do plan concellos 2016, polo que nos próximos meses veremos os resultados destas importantes actuacións ,que suman unha inversión de case 248.000€

O equipo de goberno segue traballando en corrixir a falta de regulación municipal

 No pasado pleno do día 4 de maio, aprobouse a regulación para as sinais indicadoras de empresas. Unha norma que sorprendentemente (ou xa non, logo do que se levan encontrado no Concello dende a súa entrada en Xuño do 2015) non existia e deixaba en branco unha parte do uso dos espazos públicos.

IMG_20170504_092200 - copia

Nos últimos anos, a acumulación de sinais provocou unha importante saturación algúns puntos, que o carecer de regulación acaban dando unha mala imaxe. 

No correr dos últimos anos, especialmente antes da crise,  o número de sinais indicadores de empresas no noso concello aumentou sensiblemente, especialmente no centro urbán de Barrantes e nos cruces próximos as zonas con máis actividade . Tal e como explicou durante o pleno Enrique Oubiña, “este crecemento no número de sinais resultou bastante caótico en canto a estética, pois o non ter unha norma que marcase unas cuestión básicas tales como a  superficie máxima das placas, coloracións, o número máximo de sinais en cada soporte, as características dese soporte, etc, cada empresa colocaba a sinal que consideraba.”

Algunha das consecuencias desta falta de ordenamento deu como resultado unha saturación evidente nalgúns puntos, ou que se usasen soportes pouco adecuados para a colocación de sinais, e mesmo algún sinal colocado en lugares que obstaculizan a visibilidade dos condutores e transeúntes. En resumo, Explicanos Oubiña “a deixadez neste tema do equipo de goberno anterior provocou un caos sinaléctico,  con puntos de tanta saturación que as sinais perden o seu efecto, cando non estorban a visibilidade e provocan problemas. Isto por non falar de cuestións de seguridade, pero supoño que a señora Peña eses temas non lle preocupaban demasiado.” 

Ademáis disto, carecíase de taxa “especifica” por ocupación de vía pública con sinais indicadores, taxa que si existe para outros conceptos, como as terrazas. Hai que aclarar  que en contra do que afirma o PP, efectivamente existía unha taxa xenérica por ocupación de espazo público aprobada pola propia señora Peña, pero non era nada clara, e resultaba de difícil aplicación. 

En resumo, con esta ordenanza o que se pretende é solucionar varios problemas como:

  • A mellora estética do concello
  • Proporcionar un reglamento que iguale as condicións para todas as empresas, así como as responsabilidades destas empresas e do propio Concello.
  • Establecer a correspondente taxa polo uso de espazo público, que sexa razonable, e que sexa equiparable o resto de taxas existentes por este concepto, como as de terrazas.

Deste xeito, establécense tres tipos de soporte para sinais, que serán o baixo (ata 1,20 metros), o soporte alto (ata 2,60 mt) e o tótem. Tamén existirán tres medidas para as placas, e regularase o color, que será cor violeta púrpura.

Con respecto a taxa, Enrique Oubiña explica que “O PP minte descaradamente. O prezo por colocar unha sinal é de 100€ para as empresas de Ribadumia, e inclue o soporte da sinal, que colocará e manterá o Concello, e a taxa do primeiro ano. A taxa anual posterior está para as empresas locais en 50€, un prezo moi razoable se se compara con outros concello que chegan a cobrar ata 400€ por estes conceptos. 

Para enrique Oubiña,  “unha vez publicada esta norma, e logo do proceso de adecuación, disporemos dun Concello mellor ordenado, e cunha mellor estética no que concerne as  rúas e os cruces de camiños. Esta mellora, únida os esforzo que estamos facendo en canto o mantemento dos nosos espazos públicos beneficia especialmente os nosos veciños e veciñas, que cada vez esixen máis ter un Concello ordeado e limpo que dea gusto ver, pero tamén aos visitantes de fora, que falarán de Ribadumia según a impresión que dela se leven.”

Con respecto as críticas volcadas polo PP , para Enrique Oubiña “o PP xoga o seu, que é facer demagoxia con calquera cuestión e a mentir. Os espazos públicos pertencelles a todos os veciños e veciñas, e a obriga do goberno é telos regulados. Ademais esta taxa unicamente afectará a aquelas empresas que desexen por un cartel sinalador, e ten un prezo moi razoable. A  subida do 100% que o PP nos meteu no recibo do lixo en plena crise afectou a todos os veciños, e a eles non lles pareceu inadecuada.