Somos Ribadumia mantemos o noso apoio ó goberno local.

  • Valoramos como preocupantes os sucesos das pasadas semanas e a evolución do goberno.
  • Mantemos o noso firme compromiso co cumprimento do pacto de goberno asinado.

   Na asamblea celebrada este pasado mércores, a Comisión Executiva rendeu pormenorizadas contas de todo o acontecido nos últimos meses e da evolución da relación entre os socios de goberno en Ribadumia.

   A longa analise (a xuntanza durou case catro  horas)  permitiu concluir que ó longo dos últimos meses, por diferentes circunstancias, as relacións do equipo de goberno foronse deteriorando, anque nin de xeito irremediable, nin a cuestión é tan grave como algún quere facer ver. De feito este deterioro, que anque preocupante non pasa de ser unha situación normal dentro do funcionamento dun goberno compartido onde os puntos de vista poden as veces ser distintos,  foi alimentado artificialmente por filtracións interesadas á prensa de documentos internos de traballo, e por unha labor de desgaste na rúa da imaxe do noso concelleiro que incluiu todo tipo de rumores e fotografías sacadas de contexto para alimentar esa rumoroloxía.

  Neste aspecto queremos volver deixar claro que Somos Ribadumia é unha forza política seria, que non dedicamos tempo a este tipo de cuestións, nin a facer filtracións de ningún tipo. Queremos remarcar que cando precisamos decir algo facemolo sempre de xeito formal, dando a cara  e a través de medios oficiais.

   Con todo, valorouse, unha vez analizado todo o traballlo feito, que efectivamente urxe unha aceleración do traballo político, para poder dar solución os problemas dos  veciños e as cuestións recollidas no pacto de goberno.

  Unha vez postos enriba da mesa cales son todos os problemas os que se enfronta Somos Ribadumia como parte do goberno, e cales poderían ser as posibles solucións, a asamblea tivo claro que calquera solución pasa por defender o  bo traballo feito, corrixir calquera erro que se puidera ter producido, e centrarse na labor de goberno, cos acordos do pacto asinado entre as tres forzas como eixe fundamental irrenunciable.

Resumindo os acordos tomados na asemblea, e ante algunhas dubidas plantexadas, queremos facer constar:

.- Nin Enrique Oubiña nin Somos Ribadumia negociamos, nin imos negociar, moción de censura algunha para poñer a alcaldía en mans de Salome Peña.

.- Somos Ribadumia temos vontade de continuar no goberno ata a fin da presente lexislatura, e de manter o pacto de goberno asinado con IR e Psoe, e de que se cumplan os compromisos e medidas establecidos no mesmo.

.- O pacto é o  único garante da estabilidade política no noso concello, e so sería posible unha ruptura de goberno en caso de incumprimento flagrante do código ético ou das medidas contempladas nel.

 .- Somos Ribadumia non vai a ser nin quen incumpra as condicións do pacto, nin as éticas nin as políticas,  nin quen busque rupturas interesadas do goberno. Todo o contrario, asumimos a obriga de loitar para que esas condicións se cumplan e se trasladen á sociedade.

.- Logo de dous anos e medio dun goberno moi condicionado polas circunstancias e polo deplorable estado no que se encontraba a xestión municipal, entendemos que no próximo 2018 téñense que ver os resultados positivos de toda a labor feita, en forma de medidas e de decisións políticas concretas, e para iso traballaremos.

3 comments

  1. Sergio Campos

    Buenas,

    Creo que a muchos vecinos de Ribadumia que no tuvimos oportunidad de asistir a la reunión pero que seguimos con preocupación determinados desatinos en los últimos tiempos por parte de la Comisión Ejecutiva, nos queda la duda sobre dos aspectos que parece que se obvian en el comunicado:

    (1) Nada de lo que se decía en los documentos ”filtrados” se ha desmentido. Simplemente se hace incapié en que es algo ”interesado para hacer daño”. Pero no se dice que sea falso. Luego, debe concluirse que lo que comentaba la prensa al respecto es cierto. Jugar ahora al despiste para hacer como que no se dijo nada es jugar al despiste, en mi opinión. Sería más honesto dar la cara y las explicaciones pertinentes sobre esas desavenencias y el ”malestar” de Enrique en el Concello o en su relación con resto de concejales, que además parece que vienen de lejos, porque es un tema recurrente.

    (2) Si, como se ha insistido, es una filtración de documentos internos de trabajo, entonces es inadmisible que no haya consecuencias o asunción de responsabilidades. ¿Quién la ha hecho? ¿Cómo es posible que sigan estando todos los miembros del comité ahí, como si tal cosa? ¿A qué jugamos? ¿Decís que hay alguien en la comisión con intención de hacer daño a la plataforma con ”filtraciones interesadas” y luego sigue todo igual? Por favor. Algo más de seriedad.

    Pues nada. Confío en que alguien se moleste en dar algún tipo de explicación en ese sentido.

    Saludos!

    Gústame

    • Comision executiva

      Boas tardes Sergio. Intentaremos solventar as túas dúbidas, partindo da premisa de que este artigo non é o resumo da asemblea, onde se falou de moitas cousas, se non que clarifica alguhas cuestións,unhas aparecidas na prensa e outras comentarios que nos trasladaron diferentes persoas nas últimas semanas pero todas elas clarificadas na propia asemblea. Seguimos a orde que ti estableceches para contestar:

      (1) Os documentos filtrados a prensa non son falsos, polo tanto non se poden desmentir, ademais esa nin siquera é unha cuestión importante. Si o é que se saquen eses documentos de contexto co obxectivo de facer dano a Somos Ribadumia, xunto a outras mentiras que se fixeron circular, e si son falsas certas conclusións as que chegaron algúns medios de prensa, que falaban de ameazas de ruptura, crisis grave de goberno, etc… A ese respecto este comunicado de prensa é suficientemente claro. Na asemblea, onde se deu lectura do documento para que quedara claro que non era ningún evanxeo negro, explicouse o contexto no cal se redactou ese documento e se lle pasou os nosos socios. Pero, como tamén se explicou, solo era un documento de traballo, unha posta en claro, cun alto grado de autocritica, que buscaba facilitar as labores de goberno e axudar a asentar o proxecto correxindo erros (por que de momento ninguén é perfecto e gobernando a veces comentense erros). Por outra banda, pensar que tres forzas políticas, ademais en certas cousas moi distintas, ó longo de tres anos de goberno non ian ter ningunha desavenencia sería ridiculo. A cuestión é traballar en positivo para sacar o goberno adiante, pulindo as aristas e buscando solucións.

      (2) O primeiro que o noso voceiro deixou claro na prensa foi que a filtración dun documento de traballo interno NON procedia de Somos Ribadumia, e isto con total garantía. Polo tanto non cabe pedir responsabilidades nin crear suspicacias nin desconfianzas no noso propio equipo . Tampouco podemos acusar a ninguen da filtración, pois para iso hai que ter probas. Nese aspecto cada quen que saque as súas conclusións ou faga as súas quinielas. Dende a Comisión Executiva, e a semblea estivo de acordo, valoramos que a nosa misión é traballar en positivo sen facer caso de ningunha provocación, nin de cousas deste tipo.

      Por último, e como conclusión. Entendemos que certas cuestións poden crear dubidas ou incertezas, por ese motivo convocamos unha asemblea, pero pola nosa banda queremos centrarnos en cumplir os nosos obxectivos, traballando con seriedade e non cair no sensacionalismo nin no amarillismo cada vez que temos un mal día.
      Por suposto, a Comisión Executiva segue reunindose de xeito quincenal, e calquera pode achegarse e preguntar o que desexe. E se non chega con poñerse en contacto con nos, por calquera das vias establecidas, ou dos nosos representantes. Un saúdo.

      Gústame

  2. Sergio Campos

    Hola de nuevo, Enrique.
    Gracias por las explicaciones.
    Lo cierto es que quedo más desconcertado que al principio. Por un lado no entiendo cómo podemos pretender ser ”adalides” de la transparencia y andar después con juegos de documentos ”secretos”. Y por otro, referirse a la publicación de su contenido como filtración cuando eres tú el que lo hace público entregándolo a otra gente, sinceramente suena a chiste malo. En fin.
    Por lo demás, coincido con las apreciaciones finales: hace falta ponerse a trabajar en lo verdaderamente importante y dejarse de cuestiones personales entre ediles del concello, que a los vecinos nos trae eso sin cuidado.
    Saludos y felices fiestas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s