SOMOS RIBADUMIA CELEBRARÁ UNHA XUNTANZA EXTRAORDINARIA A PRÓXIMA SEMANA
- A xuntanza terá lugar este mercores 13 de decembro, no centro social de Sisan, as 20:30 horas.
- Farase unha valoración da situación actual e sobre como encarar os próximos meses.
09/12/2017. A Comisión executiva de Somos Ribadumia tomou a decisión de convocar os veciños e veciñas de Ribadumia a unha xuntanza de carácter extraordinario, que terá lugar este mercores 13 de decembro no local social de Sisan, a partir das 20:30 horas.
Nesa xuntanza, que como sempre terá un caracter aberto a todas as persoas que desexen participar, ademais de presentar contas e repasar todo o traballo realizado no concello nos últimos meses, abordarase a situación actual no goberno, a relación cos socios de goberno, e marcaranse as liñas a seguir nos próximos meses, dentro da acción política.
O obxectivo da Comisión Executiva, mais aló de render contas do seu traballo, é recabar a opinión da cidadanía sobre como se está a desenvolver o traballo no goberno, clarificar unha serie de cuestións aparecidas recentemente en distintos medios de prensa e consensuar cales deben ser as liñas que Somos Ribadumia debe seguir.