Category: Sen clasificar

O Concello de Ribadumia impulsa o mantemento  das zonas verdes e do mobiliario urbán

DSC_0898.JPG Nas últimas semanas intensificáronse os traballos de mantemento na parte ribadumiense por onde transcorre a Ruta da Pedra e da Auga e na senda fluvial do Umia. As labores de mantemento xa se viñan mantendo ó longo do ano, e xa a finais do verán pasado se habían reforzado os traballos coa  adquisición de maquinaria nova, un tractor de reducido tamaño con desbrozadora e unha podadora manual, que axilizaron moito estas labores e permitiron que  se acadara un nivel óptimo  e sostido no mantemento das sendas fluviais, que agora locen en calquera época do ano unha moi boa imaxe.

DSC_0899

Enrique Oubiña e Pepe Lede están estes días supervisando os traballos de mantemento nas sendas fluviais e nos parques municipais.

   Con todo, coa chegada da nova cuadrilla de traballadores e coa vista posta na semana santa e no verán, apostouse por reforzar eses traballos. As labouras que estes días se están levando a cabo, ademais das habituais de corte de herba e repaso do firme das sendas, consisten basicamente en revisar o arbolado, podando algunha ponla que no inverno puidera irse descolgando e  renovar o mobiliario defectuoso, especialmente tramos de valla. Ademais, para prolongar a vida útil das vallas e outros elementos decorativos, estase optando, aproveitando que se van renovando, para meter uns soportes de formigón e pvc, que eviten que a madeira teña excesivo contacto coa terra, que era o motivo de que a vida útil destes elementos fora tan reducida.O resultado de todos estes traballos, tal como explica o tenente de alcalde Enrique Oubiña “salta á vista, tanto que a propia Salomé  Peña cando en días pasado quixo criticarnos  polo mantemento das sendas fluviais tivo que ir facer a foto a outro  concello Oubiña aproveitou que lle preguntamos por  esta cuestión para mostrar a súa decepción co PP “que en visperas de semana santa en lugar de defender as virtudes das nosas sendas fluviais utiliza estes importantes atractivos turísticos para facer ataques políticos danando a imaxe do noso concello. Estamos vendo entristecidos como ó PP  non lle importa nada Ribadumia , e solo pensa en recuperar o poder que o pobo lle quitou”.

Traballos nos parques municipais.

   Estes días tamén se están intensificando os traballos de mantemento dos parques e espazos públicos  municipais, realizando labouras de barnizado e pintado de elementos de xogo, farolas, bancos, etc, e a substitución de pezas defectuosas. Hai que remarcar que, grazas a importante inversión realizada nos anos 2015 e 2016 para corrixir a situación de abandono na que os parques municipais se encontraban, e que superou os 50.000€, estes traballos agora son moito máis reducidos, co cal estase conseguindo que os parques luzan nunhas condicións de mantemento óptimas e o mesmo tempo mellorouse a xestión dos recursos, unha xestión que Oubiña valora  “máis que outra cousa como lóxica, o que non era lóxico era ter os parques que daban pena. “

A inversión no entorno da igrexa de Barrantes vai superar os 132.000€

  • A sinatura dun convenio co arzobispado vai permitir que a igrexa dispoña dun aparcadoiro, algo moi demandado polos veciños e ususarios.
  • A obra consta de dúas fases: a construción do aparcadoiro, beirarúas e canalizacións, e a conexión do alcantarelado nesa zona.

aparcadoiros recortes 2Fai agora un ano, o equipo de goberno anunciaba que estaba negociando un convenio coa igrexa ca fín de conseguir realizar un aparcadoiro no entorno da igrexa de barrantes , obra moi demanadada pola veciñanza e polas persoas que de xeito puntual, bodas, comunións, etc, se achegaban ata ese punto. En Outubro de 2016, logo de iniciadas as conversas, o equipo de goberno presentoulle ó Arzobispado varias propostas para a súa valoración. A resposta chegou en xaneiro de 2017, e esa resposta foi o paso previo preciso para acordar o convenio que asinaron ambas partes o pasado mércores 29 de marzo, e que vai permitir, ademais de  dar solución a unha vella demanda dos veciños de San Andrés de Barrantes, solventar  un problema de seguridade viaria.

   O convenio asinado supón a cesión durante vinte anos e sen custo algún para o Concello  da superficie necesaria, 1.240,80 metros,  para a creación do aparcadoiro e beirarúas, da que se ocupara o Concello.

A obra do aparcadoiro vai permitir a creación de 40 prazas de estacionamento para coches, 4 delas reservadas para minusválidos e 2 prazas para autocares. Ademais construiranse as beirarrúas para facilitar o acceso do aparcamento á igrexa. O orzamento para estas actuacións é de 62.548,68 €, e está previsto que a maior parte do custe vaia con cargo a unha liña de axudas da Axencia Galega de Infraestruturas.

Rede de saneamento.

   Para optimizar os recursos e aproveitando a realización da urbanización da zona, levarase a cabo tamén a conexión de sumidoiros das vivendas desa zona coa rede xeral de saneamento. Obra que alcanza os 70.326,86 € incluídos nas liñas do Plan Concellos 2017.

O Concello de Ribadumia acometeu en Sisán unha  reparación na ribeira do río Fonte Espiña.

  • A obra, e 53 metros de longo, tivo un custe de 7.000€
  • Acometeuse de urxencia ó detectar que o firme da estrada nese tramo cedera en parte e corría o risco de  irse abaixo, ou de afundir ó paso dalgún vehículo.

1486743397057

O Concello de Ribadumia ven de acometer unha obra de reparación nun tramo do regato Fonte Espiña, na parroquia de Sisán.

   A obra  levouse a cabo con carácter de urxencia, logo de que os técnicos municipais detectasen, a partir dos avisos dados por varias persoas que pasan habitualmente pola zona, que no punto afectado o muro que contiña a ribeira do río había cedido cara o centro do cauce provocando o afundimento da beiravia e parte do pavimento asfaltado da vía. Esta situación supoñía un perigo polo que se procedeu o corte da vía durante o tempo que durou a reparación do muro de contención da ribeira.

  Para a solución do problema foi preciso levantar un novo muro de perpiaño de 53 metros de longo e metro e medio de alto, rechear de formigón e asfaltar. Todo isto  tivo un custe de 7.000€.

   Dende o equipo de goberno, o concelleiro de Obras Enrique Oubiña  sinala que este tipo de actuacións, derivadas da acción natural da auga non son algo extraordinario, pero temos que resaltar  que a política de actuación actual con estas cuestións e con calquera tipo de deficiencia ou  problemática que xurda no Concello, e mesmo cos obras novas que se realicen,   é a de buscar solucións permanentes e con garantías, que inda que no momento de executar a obra teñan un custe algo superior que outras solucións temporais  que eran preferencia no goberno anterior,  eviten que o problema se repita no futuro.