O Equipo de Goberno lamenta o afán do Partido Popular de apropiarse do bo traballo da Corporación Municipal
Logo de ter constancia da presentación dun escrito por parte do Partido Popular de Ribadumia onde se propoñía ó Equipo de Goberno que se dedicaran os fondos do Plan Concellos a unha serie de obras, o Goberno do que Somos Ribadumia forma parte emitiu un comunicado para expresar, en primeiro lugar, que lamenta profundamente o descoñecemento que o Partido Popular de Salomé Peña e Luís Serantes mostra sobre a xestión municipal e as diferentes accións que se están levando a cabo en todo o Concello, polo que recomenda a este partido que, antes de presentar escritos destas características, se informe previamente.

Enrique Oubiña durante a inspección dunha das numerosas obras realizadas con cargo ó Plan Concellos.
O motivo do comunicado do equipo de goberno é que na proposta, o Partido Popular enumera unha serie de obras e melloras nas que resulta que o equipo de goberno leva meses traballando, tal como explicaba esta maña Enrique Oubiña “sendo o PP consciente, polo que resulta evidente a intención partidista e política que Salomé Peña quere facer destes proxectos.”
O propio comunicado explica estas cuestións do seguinte xeito:
“No seu escrito, o PP chega a pedir a mellora da rede Wifi municipal, cando as obras para este proxecto levan en marcha máis dunha semana no centro urbano de Barrantes, como calquera veciño que se achegue por esta zona pode comprobar. Así mesmo, o Partido Popular refírese a asuntos relacionados co CPI Julia Becerra Malvar. Neste sentido, este Equipo de Goberno quere lembrar que, ademais de ter atendido todas as peticións que se realizaron por parte da dirección do Colexio, tamén ten previsto levar a cabo un proxecto que daría solución global aos problemas do CPI e que xa foi presentado a varias Administracións. Ademais, están tamén previstas varias reunións cos pais e nais de alumnos e a dirección do Colexio, así como coa Consellería de Educación, na procura do consenso necesario para levar a cabo o plan de melloras. Con este plan, o Concello tratará de arranxar tódalas deficiencias que se viñan padecendo tanto no Colexio como no seu entorno, sen que, ata o de agora, Salomé Peña tivera feito nada.
Sobre a proposta relativa aos cemiterios, este Goberno ten moi adiantados os proxectos e as negociacións cos representantes da Igrexa para a dotación de melloras nos cemiterios e aparcamentos destas zonas, melloras que xa se efectuaron, por exemplo, no aparcamento da Igrexa de Barrantes e no acceso á Igrexa de Lois, algo moi demandado e sempre esquecido por Salomé Peña.
En resumo, este Equipo de Goberno quere deixar constancia de que todas as obras que o Partido Popular de Salomé Peña e Luís Serantes propón que se realicen con cargo ao Plan Concellos, non só estaban xa previstas, senón que esta Corporación establecera xa conversas cos veciños para tratar a mellor maneira de acometer estas cuestións e xa ten avanzadas as solucións.
Dáse a circunstancia de que tódalas actuacións que agora propón o PP pretenden resolver problemas creados polo propio goberno de Salomé Peña -como por exemplo o abandono dos parques e instalacións públicas, para o que o seu goberno non tivo partida económica nos orzamentos municipais e que nos levou a investir máis de 100.000€ dende o inicio da lexislatura, como xa fixemos público en varias ocasións-, ou refírense a peticións históricas ás que o PP fixo oídos xordos.
Salomé Peña e Luís Serantes son conscientes de que teñen á súa disposición, como calquera veciño, toda a información relativa a estes temas, cos correspondentes proxectos técnicos, memorias valoradas, etc., así como de outros proxectos levados a cabo, como a legalización do alumeado público, que costou 66.550€. Esta total transparencia non existía co seu goberno.
O Equipo de Goberno lamenta que, ante a ausencia de propostas propias, O Partido Popular pretenda apropiarse politicamente dos proxectos deste Equipo de Goberno. “
Para Enrique Oubiña, “o do Partido Popular de Ribadumia é de traca. Primeiro non estan contentos con que a Deputación nos aporte 800.000€, a maior cifra aportada por este ente, e agora pretende decirnos como investir eses fondos, pero cando lemos o papel resulta que as propostas de obras son as nosas. Obviamente é todo unha estratexia política para desmerecer o noso traballo. Pero non cola. Como táctica política queda fora de lugar e tempo, e como proposta, para o caso de que alguen pretenda que esta é unha proposta seria, non ten validez. Pretender que dediquemos os fondos que a Deputación aporta para contratacións a contratacións e os destinados a cultura que os usemos para temas culturais, é totalmente ridiculo por redundante, e ademais eses fondos non poden dedicarse a outra cousa. E con respecto as obras que propoñen, que saben de sobra que xa as estamos xestionando, o mesmo. Solo falta que agora lles pidan as cafeterías que ofrezan café.”
Para o noso voceiro, “en calquera caso é triste e preocupante que un partido, que ademais gobernou este concello durante tanto tempo, non teña mellores propostas que ofrecer que as dos partidos contrarios”.