O expediente da Pousada encamiña a súa solución.
- David Regades visitou onte Ribadumia para tratar avanzar na solución na cuestion da pousada, do polígono de Santa Eulalia e na recuperación da xestión dos recibos municipais.
- A inversión para regularizar a Pousada e rematar o polígono de Santa Eulalia rondará os 500.000€.
- As negociacións coa Deputación tamén permitirán a remunicipalización da xestión dos recibos, actualmente en mans da ORAL.
O Concello de Ribadumia informou da visita do deputado David Regades para manter unha reunión co equipo de Goberno sobre os convenios vivos entre Deputación e Concello.
Entre os temas de interese a tratar estivo a legalización da Pousada e concesión da correspondente licencia municipal. tamén as obras de urbanización da zona de Santa Eulalia e o impulso final para o remate da Pousada, todo isto co compromiso da Deputación de pechar as obras no 2018 cunha inversión de preto de medio millón de euros. O concelleiro de Obras e urbanismo, enrique Oubiña, explicaba esta mañá que “mentres a oposición se dedicaba á crítica sen razón, e a poñer paus nas rodas, nos traballamos para poder solucionar un problema complexo, pois todo o relativo a pousada e o polígono de Santa Eulalia era un castelo no aire a piques de caer, que puido ter graves prexuicios para o noso concello. Estas cousas levan tempo, pero finalmente conseguimos, este equipo de goberno e a deputación, encauzar o problema e dar coa solución, que por certo , gracias a penosa xestión do goberno anterior, vai requerir dunha inversión de case medio millon de euros, dos que se vai facer cargo esa mesma deputación que o PP dí que non nos apoia en nada. A pousada abrirá pronto, pero sobre todo abrirá con todas as garantias legais, e de paso conseguiremos completar a urbanización do polígono de Santa Baia.”
Outro dos temas que centraron a reunión foi a ORAL, onde a Deputación puxo sobre a mesa a plena predisposición para acceder a revogación inmediata dos convenios de colaboración existentes co Concello, para que este poida levar a cabo a recaudación directa de impostos, que supora un aforro de uns 70.000€ ó ano , e permitirá unha xestión mellor e máis próxima, que redundará en beneficio dos veciños de Ribadumia. Este será un dos puntos a tratar no próximo pleno da Deputación. A este respecto Enrique Oubiña expresaba a súa “esperanza de Salomé Peña, que se erixiu tantas veces e por conta propia na nosa representante local no pleno da deputación, sepa por unha vez estar á altura das circunstancias, e defender os intereses do noso concello”.
Esta previsto que o Concello comece co servizo de recadación para o exercicio fiscal 2018, e o seguinte paso será polo tanto a reunión dos técnicos da Oral e do Concello para proceder o traspaso da xestión.