Category: Sen clasificar

“Conta Comigo Ribadumia”: un programa pioneiro no apoio ás vítimas de violencia de xénero.

 DSC_0012

 Onte presentouse no Concello de Ribadumia o programa “Conta Comigo Ribadumia”, unha iniciativa pioneira en Galicia,  que parte do departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadumia,   que conta co apoio da Asociación de Comerciantes de Ribadumia, e que pretende ser un chanzo máis  no apoio ás vítimas de violencia de xénero e na loita contra esta lacra.

boceto2   O programa, tal como nos explicaba na tarde de onte Enrique Oubiña, “pretende aumentar os mecanismos  de apoio ás persoas que se vexan envoltas nunha situación de maltrato de xénero, sexa fisico, psicoloxico, ou de calquera outro tipo.

  A  novidade é que pretendemos  facelo establecendo un primeiro chanzo, previo a todo o proceso de denuncia ou de busca de outra axuda máis profesional: o do apoio dun grupo  veciñas e veciños; xente de a pé que disporá das ferramentas adecuadas para enfrontarse a estas situacións e poder guiar e apoiar ás afectadas. Por outra banda, non so prepararemos ás persoas para poder enfrontar estas situacións, tamén disporemos, co apoio do comercio local, de “puntos de seguridade”, identificados un simbolo característico, a onde calquera veciña ou veciño saberá  que pode acudir en busca de información e/ou axuda.

Enrique Oubiña explicaba tamén que esta proposta baseada no apoio de persoal voluntario que a vítima poida identificar como algo máis cercano  que unha institución,  pensamos que vai supor un avance importante á hora de que unha persoa que viva nunha situación de violencia de xénero, poida achar un primeiro punto onde acudir, que sexa accesible  e non supoña aumentar o drama. Por que logo de escoitar as experiencias de varias afectadas, vimos que  as veces unha persoa que escoite e coa que se poida conversar, nun ambiente mais informal que un despacho,  pode axudar moito a vítima a dar os pasos precisos para saír da súa situación. 

  Por outra banda, a través da visualización dos puntos de seguridade,   mostraremos  dun xeito público e explicito  a repulsa da sociedade a estes comportamentos. Un rexeitamento que ten que ir moito máis alo das manifestacións oficiais, algunhas  veces tan grandilocuentes como ocas. Debemos  conseguir, e ise é outro dos obxectivos deste programa,  que sexa a propia sociedade a que tome a iniciativa dun xeito activo na loita contra a violencia de xénero.”

  O plan conta cunha partida de case 10.000€, e vai permitir formar a un grupo de dez persoas, ampliable se fora preciso,  e dispor dun mínimo de 10 puntos de seguridade. Ademais da formación, o programa  prevé outras ferramentas, como unha web ( contacomigoribadumia.com) e perfís nas redes sociais, a través dos cales se ira aportando toda a información, un mapa dos puntos seguros, etc…

   Enrique Oubiña quere “agradecer á Asociación de Comerciantes a sú predisposición a colaborar con esta iniciativa, totalmente novidosa pero que estamos seguros de que vai axudar moito na loita contra o maltrato de xénero. Tamén  animar a aquelas persoas que o desexen a participar nesta experiencia,  para o cal poden porse en contacto co Concello (986 718 491)  ou chamar ó 622 09 87 21. “

DSC_0009

Somos Ribadumia pídelle ó PP que deixe de culpar ós demais da súa ineptitude.

  • Dende Somos Ribadumia consideramos oportunistas, pero valeiras de contido, tanto as declaracións do PP local de onte, como a moción presentada con respecto á rúa do DIA.
  • Non nos parece de recibo que o PP tape a súa incapacidade con insultos.

   Onte  tivemos constancia dun comunicado do Partido Popular de Ribadumia, onde, a parte de insultos persoais dirixidos ó noso voceiro Enrique Oubiña, se expoñían unha serie de acusacións que consideramos pretenden despistar da realidade do traballo do Partido Popular neste concello, que solo se pode calificar de INEXISTENTE.

   Convén recordarlle ó Partido popular, unha vez máis, que unha das funcións dos plenos municipais non é darlle a oportunidade ós concelleiros de lucir capacidade oratoria, se non de buscar acordos e consensos que permitan avanzar solucións ós problemas que afectan ó concello e as persoas que viven nel. Nese sentido, o pasado xoves no pleno municipal puidemos comprobar como o Partido Popular daba unha imaxe moi lonxe do consenso e da busca de acordos, ó rebentar un compromiso previo co equipo de goberno co único obxectivo de lograr un titular de prensa.

images (1)

  A realidade é que había un acordo para lograr un consenso con respecto a unha moción da oposición, e mostrar que todas as forzas políticas coincidían na necesidade de darlle unha solución urbanística a esa zona de Barrantes. O que aconteceu foi que o Partido Popular, logo da comisión informativa mudou de idea, desacreditando no proceso a Salomé Peña, quen aceptara a proposta do equipo de goberno, por que o que realmente buscaba non era un acordo, se non que o equipo de goberno votara en contra da súa moción. Demostrouse así que ao Partido Popular os problemas do noso concello danlle igual, e que solo busca obter rédito político de todo, sexa como sexa, inda que para iso haxa que facer relucir a falta de liderazgo de Salomé Peña, totalmente dependente dos ditames do señor Serantes.

   Dende Somos Ribadumia consideramos que o PP pretende agora cun comunicado remendar o roto provocado por eles mesmos, e facer a Somos Ribadumia responsable de todos os seus males, incluído o seu fracaso electoral, pero o único que consigue e afondar máis na súa imaxe de incapacidade  política.

   En calquera caso, o PP non é precisamente o partido mais adecuado para falar de cómo se empregan ou non as partidas económicas do orzamento. No ano 2012, no apoxeo do goberno da señora Peña, o seu executivo  deixou sen gastar 521.000€ en diferentes partidas, orzamentadas claramente “a ollo”; no 2014 orzamentou 150.000€ para un “centro de lectura e usos multiples” que despois renunciou a construir, reinvestindo a partida noutras cuestións menores, noutro claro exemplo de incapacidade política e mala xestión dos recursos. E no ano 2015 non contemplou nos orzamentos a obra do ximnasio e comedor novo, aprobada posteriormente nun claro xesto electoralista, obrigando posteriormente ó actual  goberno a sacar cartos doutros lados para facerlle fronte. No mesmo ano 2015 orzamentou en efecto unha partida para abrir a rúa Ramón Cabanillas, pero en Xuño dese ano non se había gastado nin o custe das estacas que o PP colocou en fincas privadas sen autorización nun intento de facer as cousas polas bravas.

b6af5536-0339-4274-a01e-b6e04f6edc1c O equipo de goberno mantén dende o 2015 unha correcta xestión das obras, con aforros importantes nas contratacións e un maior control das mesmas. Mantén tamén o compromiso de dar solución á rúa Ramón Cabanillas, cunha partida aberta no orzamento co obxectivo de, en canto se chegue a un acordo cos veciños e se teña unha solución viable enriba da mesa, poder executar o proxecto.

   Sobre os insultos e os ataques ó noso voceiro e a Somos Ribadumia, non nos imos pronunciar, pero non nos parece correcto que un partido político use termos despectivos para referirse a un cargo público, e menos un partido político que precisamente conta entre as súas filas con concelleiros investigados xudicialmente.

 

Ribadumia multiplicou por catro a súa inversión en igualdade e conciliación nesta lexislatura

 O pasado xoves, o pleno municipal aprobaba por unanimidade unha moción en apoio da folga feminista do 8 de marzo, ademais de varias reivindicacións ao redor da defensa da igualdade entre mulleres e homes.

Ribadumia SI  avanza na loita pola igualdade.

  Enrique Oubiña deu  conta do traballo municipal en cuestións como a loita pola igualdade, contra a violencia de xénero, o apoio a mulleres emprendedoras ou a conciliación familiar. Neste aspecto, os números apoian a acción do actual Equipo de Goberno:

–        O número de actividades, normas e iniciativas multiplicouse exponencialmente nesta lexislatura. No ano 2014,  o Concello de Ribadumia solo organizou un acto público polo Día da Muller e ningún polo Día contra Violencia de Xénero. No 2017, o actual Equipo de Goberno programou 6 actos e actividades distintas ó longo do ano relacionados con estas datas e  co empoderamento feminino e o apoio ás mulleres emprendedoras. Ademais, realizáronse diferentes actividades a través do CIM e colaboracións co CPI Xulia Becerra Malvar.

grafica 1

 

–        Ao longo desta lexislatura, melloráronse os servizos municipais de conciliación, aumentando o número de horas dedicadas e dando servizo de escola de ocio durante todos os períodos vacacionais dos nenos e nenas.

grafica 2

– No ano 2017, creouse unha liña específica de axuda ás entidades e clubs do Concello que programaran escolas de verán, dotada de 4.000€. Así, gracias a iniciativa de diversos clubs e entidades do municipio, no Concello de Ribadumia, este ano gozaron de actividades de verán, facilitando a conciliación, 266 nenos e nenas, aos que hai que sumar os 89 nenos e nenas da escola de verán do Concello.

–  Deuse apoio económico, 800€,  á única entidade comarcal de apoio ás vítimas de violencia de xénero radicada en Ribadumia, ademais de colaborar con esta entidade en diversos actos e actividades.

–  Tamén se levaron a cabo diferentes iniciativas, como o Programa de intervención para fillos de vítimas de violencia de xénero, ou a integración na  Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.

– Economicamente, o concello pasou de investir 14.000€ en políticas, actos  e actividades en prol da igualdade e da conciliación familiar no 2014,  a 42.000 en 2017.

grafica 3

Todas estas cifras dan conta do compromiso de todo o  actual Equipo de Goberno e moi en concreto de Enrique Oubiña, coa loita pola igualdade de xénero e en contra das violencias, e do seu esforzo por buscar solucións que favorezan a conciliación familiar e laboral.

 

Os gobernos do PP estan moi lonxe de apoiar a igualdade.

grafica 4No mesmo punto do pleno, Enrique Oubiña aproveitou para dar un repaso á situación política de Galicia e do estado con respecto a estes temas, onde o panorama pinta moi lonxe de favorecer a igualdade, que era a idea que o PP pretendía dar, e que Enrique Oubiña desmontou aportando uns poucos datos reais do que esta acontecendo…

grafica 5           grafica 6

O equipo de goberno acusa ó Partido Popular de deslealdade

  • O Equipo de Goberno lamenta a actitude de oportunismo político da agrupación que dirixen Salomé Peña e Luís Serantes.

Na orde do día do pleno celebrado o pasado xoves, incluíase unha moción presentada polo Partido Popular local, que solicitaba “a apertura e continuidade da rúa coñecida como `Rúa do Día´ ”. Durante as comisións informativas previas, que tiveron lugar o pasado martes, 27 de febreiro, o Equipo de Goberno de Ribadumia expuxo ao grupo político de Salomé Peña e Luís Serantes a situación actual do proxecto para abrir esa rúa e mellorar o tráfico en toda a zona. Logo das pertinentes explicacións, Equipo de Goberno e Partido Popular lograron chegar a un acordo para, modificando un par de termos na moción do PP, aprobala no Pleno por unanimidade. Na mañá do pasado xoves, a menos de doce horas de celebrarse o pleno, o Partido Popular comunicou que non aceptaba a proposta do Equipo de Goberno, e que mantiña a redacción orixinal da moción.

O Equipo de Goberno volveu insistir durante o Pleno en que, por suposto, están de acordo na necesidade de buscar unha solución urbanística a esa zona do núcleo de Barrantes, e repetiu as explicacións sobre todo o traballo que se está realizando para elaborar un plan que dea solucións urbanísticas e, ó mesmo tempo, que convenza aos propietarios dos terreos afectados. Enrique Oubiña tamén lle explicou durante o pleno a difícil situación de partida, provocada pola actitude do anterior goberno do Partido Popular de Salomé Peña que, no canto de buscar acordos, pretendía apropiarse directamente dos terreos, tal como Oubiña lle recordou amosando e lendo un escrito do 15 de marzo de 2015, onde unha veciña acusaba a Salomé Peña de invadirlle a finca, sen mediar acordo de ningún tipo.

Logo do debate, e ante a imposibilidade de que Salomé Peña e Luís Serantes aceptaran a proposta do actual  Goberno de Ribadumia, a moción non saíu adiante, xa que se dá a circunstancia de que a partida económica xa está establecida nos orzamentos dos anos 2016 e 2017, e que as negociacións cos veciños están en marcha dende o inicio da lexislatura, polo que non tiña sentido aprobar esta moción nos termos propostos polo partido presidido por Salomé Peña. O Equipo de Goberno lamentou nun comunicado a actitude obstrucionista, falsa e desleal do Partido Popular de Salomé e Luís Serantes, que pretenden xerar polémica política con calquera cuestión, aínda a costa dos intereses dos veciños e veciñas de Ribadumia.

Pola súa banda, ó remate do pleno Enrique Oubiña lamentou a “falta de respecto do PP, que na comisión informativa aceptou a nosa proposta para consensuar posturas e logo mudou de idea, co obxectivo de xerar polémica e buscar o titular de prensa favorábel. Pero cando menos quedounos claro que Salomé Peña é un cero a esquerda na súa formación e que a súa palabra non vale nada se non vai avalada pola súa man dereita. Triste epílogo para quen foi alcaldesa”.