LAMENTAMOS A ACTITUDE OBSTRUCIONISTA DO PARTIDO POPULAR DE RIBADUMIA.

 A semana pasada tivo lugar un pleno ordinario no cal o equipo de goberno do que Somos Ribadumia forma parte plantexou varias propostas de acordo relativas a cuestións que consideramos de importancia.

 Dúas foron as cuestións principais que se trataron no pleno. Por unha banda, unha moción relativa á praga da vespa velutina, ante a cal a Xunta de Galicia, ademais de negar o evidente,  mira para ouro lado  mentres Galicia vive un drama medioambiental que ademais de por en perigo as colmeas de moitos apicultores con todo o que iso pode acarrexar en cuestións de substentabilidade do sector ou en temas como a polinización de froiteiras, por non entrar en fonduras,   mantén un estado de alarma social ante o medo a un ataque desta especie. Neste sentido Enrique Oubiña mostrouse sorprendido no pleno por “como pode ser que con 350 niños retirados neste ano pasado, e ante a evidencia de que esas cifras van aumentar, o PP de Ribadumia pretende que se faga cargo do tema un corpo de voluntarios con dous traxes e unha pértiga, e cosidere que a Xunta xa está facendo abondo. É vergonzoso e indignante.”

  Por outra banda plantexouse un problema derivado da deixadez e falta de medios de Augas de Galicia, que ó non antender as súas responsabilidades no mantemento dos cauces fluviais, está sendo responsable de moitos dos problemas que cada inverno xorden coa chegada das enchentas, a maioría dos cales, polo menos no que respecta a Ribadumia, resolve o goberno local, dispoñendo de medios económicos, de maquinaria e persoal municipais, aínda que non lle corresponda. Para Oubiña “faise evidente que ó PP local e a Salomé Peña os problemas dos veciños de Ribadumia danlle igual, e que teñamos que gastar miles de euros porque a Xunta non quere saber nada do tema tamén. “

 Unha terceira cuestión foi o apoio a Cambados na súa loita para que a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas se traslade a Cambados, algo que ademais de supor un exercició de lóxica administrativa, redundaría en beneficio de toda a xente da nosa comarca ligada ó sector do viño. Sorprendentemente o PP local tampouco estivo de acordo con esta proposta.

  A actitude do Partido Popular durante o pleno foi totalmente contraria os intereses dos nosos veciños e veciñas, cunha  posición completamente partidista, sen nen sequera negar os problemas  propostos, ou argumentar dun xeito razoable, pero posicinándose en contra de calquera acordo que supuxera pedirlle responsabilidade ó goberno popular da Xunta de Galicia.

  Non contentos coa súa actitude no pleno, tiveron a desfachatez de saír na prensa acusando ó goberno de “vago”, algo que a Enrique Oubiña lle pareceu “unha falta de respecto, na súa liña de buscar broncas e titulares de prensa onde non os hai para ocultar a súa incapacidade política , pero que ademais define a quen a emite, que, por certo, na lexislatura anterior solo foi capaz de levar unha única moción a pleno municipal, mentres que o goberno actual leva como mínimo unha proposta de acordo en cada pleno.”

 Dende Somos Ribadumia lamentamos estas actitudes por parte do Partido Popular, que antepon os intereses do seu partido as cuestións que afectan a moitos dos nosos veciños e veciñas,  e pedímoslle ó PP local e a Salomé Peña, en primeiro lugar, respecto polas forzas que gobernan Ribadumia e, en segundo, que recapacite sobre a súa actitude nos plenos, un órgano democrático establecido para buscar acordos en beneficio da maioría dos veciños , non para atender a intereses particulares ou partidistas, nin para ter pataletas infantís.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s