Somos Ribadumia pídelle ó PP que deixe de culpar ós demais da súa ineptitude.
- Dende Somos Ribadumia consideramos oportunistas, pero valeiras de contido, tanto as declaracións do PP local de onte, como a moción presentada con respecto á rúa do DIA.
- Non nos parece de recibo que o PP tape a súa incapacidade con insultos.
Onte tivemos constancia dun comunicado do Partido Popular de Ribadumia, onde, a parte de insultos persoais dirixidos ó noso voceiro Enrique Oubiña, se expoñían unha serie de acusacións que consideramos pretenden despistar da realidade do traballo do Partido Popular neste concello, que solo se pode calificar de INEXISTENTE.
Convén recordarlle ó Partido popular, unha vez máis, que unha das funcións dos plenos municipais non é darlle a oportunidade ós concelleiros de lucir capacidade oratoria, se non de buscar acordos e consensos que permitan avanzar solucións ós problemas que afectan ó concello e as persoas que viven nel. Nese sentido, o pasado xoves no pleno municipal puidemos comprobar como o Partido Popular daba unha imaxe moi lonxe do consenso e da busca de acordos, ó rebentar un compromiso previo co equipo de goberno co único obxectivo de lograr un titular de prensa.
A realidade é que había un acordo para lograr un consenso con respecto a unha moción da oposición, e mostrar que todas as forzas políticas coincidían na necesidade de darlle unha solución urbanística a esa zona de Barrantes. O que aconteceu foi que o Partido Popular, logo da comisión informativa mudou de idea, desacreditando no proceso a Salomé Peña, quen aceptara a proposta do equipo de goberno, por que o que realmente buscaba non era un acordo, se non que o equipo de goberno votara en contra da súa moción. Demostrouse así que ao Partido Popular os problemas do noso concello danlle igual, e que solo busca obter rédito político de todo, sexa como sexa, inda que para iso haxa que facer relucir a falta de liderazgo de Salomé Peña, totalmente dependente dos ditames do señor Serantes.
Dende Somos Ribadumia consideramos que o PP pretende agora cun comunicado remendar o roto provocado por eles mesmos, e facer a Somos Ribadumia responsable de todos os seus males, incluído o seu fracaso electoral, pero o único que consigue e afondar máis na súa imaxe de incapacidade política.
En calquera caso, o PP non é precisamente o partido mais adecuado para falar de cómo se empregan ou non as partidas económicas do orzamento. No ano 2012, no apoxeo do goberno da señora Peña, o seu executivo deixou sen gastar 521.000€ en diferentes partidas, orzamentadas claramente “a ollo”; no 2014 orzamentou 150.000€ para un “centro de lectura e usos multiples” que despois renunciou a construir, reinvestindo a partida noutras cuestións menores, noutro claro exemplo de incapacidade política e mala xestión dos recursos. E no ano 2015 non contemplou nos orzamentos a obra do ximnasio e comedor novo, aprobada posteriormente nun claro xesto electoralista, obrigando posteriormente ó actual goberno a sacar cartos doutros lados para facerlle fronte. No mesmo ano 2015 orzamentou en efecto unha partida para abrir a rúa Ramón Cabanillas, pero en Xuño dese ano non se había gastado nin o custe das estacas que o PP colocou en fincas privadas sen autorización nun intento de facer as cousas polas bravas.
O equipo de goberno mantén dende o 2015 unha correcta xestión das obras, con aforros importantes nas contratacións e un maior control das mesmas. Mantén tamén o compromiso de dar solución á rúa Ramón Cabanillas, cunha partida aberta no orzamento co obxectivo de, en canto se chegue a un acordo cos veciños e se teña unha solución viable enriba da mesa, poder executar o proxecto.
Sobre os insultos e os ataques ó noso voceiro e a Somos Ribadumia, non nos imos pronunciar, pero non nos parece correcto que un partido político use termos despectivos para referirse a un cargo público, e menos un partido político que precisamente conta entre as súas filas con concelleiros investigados xudicialmente.
One comment