“Conta Comigo Ribadumia”: un programa pioneiro no apoio ás vítimas de violencia de xénero.

 DSC_0012

 Onte presentouse no Concello de Ribadumia o programa “Conta Comigo Ribadumia”, unha iniciativa pioneira en Galicia,  que parte do departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadumia,   que conta co apoio da Asociación de Comerciantes de Ribadumia, e que pretende ser un chanzo máis  no apoio ás vítimas de violencia de xénero e na loita contra esta lacra.

boceto2   O programa, tal como nos explicaba na tarde de onte Enrique Oubiña, “pretende aumentar os mecanismos  de apoio ás persoas que se vexan envoltas nunha situación de maltrato de xénero, sexa fisico, psicoloxico, ou de calquera outro tipo.

  A  novidade é que pretendemos  facelo establecendo un primeiro chanzo, previo a todo o proceso de denuncia ou de busca de outra axuda máis profesional: o do apoio dun grupo  veciñas e veciños; xente de a pé que disporá das ferramentas adecuadas para enfrontarse a estas situacións e poder guiar e apoiar ás afectadas. Por outra banda, non so prepararemos ás persoas para poder enfrontar estas situacións, tamén disporemos, co apoio do comercio local, de “puntos de seguridade”, identificados un simbolo característico, a onde calquera veciña ou veciño saberá  que pode acudir en busca de información e/ou axuda.

Enrique Oubiña explicaba tamén que esta proposta baseada no apoio de persoal voluntario que a vítima poida identificar como algo máis cercano  que unha institución,  pensamos que vai supor un avance importante á hora de que unha persoa que viva nunha situación de violencia de xénero, poida achar un primeiro punto onde acudir, que sexa accesible  e non supoña aumentar o drama. Por que logo de escoitar as experiencias de varias afectadas, vimos que  as veces unha persoa que escoite e coa que se poida conversar, nun ambiente mais informal que un despacho,  pode axudar moito a vítima a dar os pasos precisos para saír da súa situación. 

  Por outra banda, a través da visualización dos puntos de seguridade,   mostraremos  dun xeito público e explicito  a repulsa da sociedade a estes comportamentos. Un rexeitamento que ten que ir moito máis alo das manifestacións oficiais, algunhas  veces tan grandilocuentes como ocas. Debemos  conseguir, e ise é outro dos obxectivos deste programa,  que sexa a propia sociedade a que tome a iniciativa dun xeito activo na loita contra a violencia de xénero.”

  O plan conta cunha partida de case 10.000€, e vai permitir formar a un grupo de dez persoas, ampliable se fora preciso,  e dispor dun mínimo de 10 puntos de seguridade. Ademais da formación, o programa  prevé outras ferramentas, como unha web ( contacomigoribadumia.com) e perfís nas redes sociais, a través dos cales se ira aportando toda a información, un mapa dos puntos seguros, etc…

   Enrique Oubiña quere “agradecer á Asociación de Comerciantes a sú predisposición a colaborar con esta iniciativa, totalmente novidosa pero que estamos seguros de que vai axudar moito na loita contra o maltrato de xénero. Tamén  animar a aquelas persoas que o desexen a participar nesta experiencia,  para o cal poden porse en contacto co Concello (986 718 491)  ou chamar ó 622 09 87 21. “

DSC_0009

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s