Category: Sen clasificar

Avanzamos na nosa conformación como unha forza local autónoma .

   Dende a Comisión Executiva de Somos Ribadumia informamos de que o pasado venres celebramos a asemblea ordinaria prevista, onde se chegou a diferentes acordos.

   O primeiro deles foi o da renovación da Comisión Executiva, que vai manter, logo da pertinente análise e avaliación do seu traballo, a mesma conformación que mantiña.

   Un importante acordo foi o de establecerse como forza propia. Nas pasadas eleccións Somos Ribadumia concorreu baixo o paraugas do partido instrumental “Participación Democrática Directa de Galicia”(PDDdeG), denominación “legal” que seguimos mantendo. O acordo do venres significa que se darán os pasos para que a nosa denominación legal a todos os efectos sexa “Somos Ribadumia”. Con esta medida completase un ciclo iniciado no ano 2015, e garántese a nosa autonomía como plataforma veciñal, aberta e transversal, onde calquera persoa do noso concello poida sentirse cómoda.

   De cara as próximas eleccións municipais tomáronse dúas decisións. Unha delas que a Comisión Executiva quedou responsabilizada de estudar a posibilidade de chegar a acordos con outras forzas próximas. Outra decisión, moi importante, foi a de abrir, aínda máis se cabe, o espazo para ó longo dos próximos meses seguir acumulando forzas, co obxectivo de establecer un grupo de persoas que conformen a lista e tamén escoller á persoa que nos represente nas próximas eleccións.

   En resumo, Somos Ribadumia demos un importante paso para fortalecernos como forza local, autónoma e totalmente independente, garantindo así que imos seguir sendo unha plataforma transversal e aberta, que pon as persoas que viven en Ribadumia por diante de calquera outra cuestión, e onde a nosa veciñanza, máis alo das ideas de cada quen, non solo pode sentirse identificada e apoiada, se non que ademais pode participar con nos tanto no noso traballo como na toma de decisións dun xeito libre, sen os compromisos e “marcas de auga” dos partidos tradicionais.

   Dende a Comisión Executiva queremos aproveitar para agradecer publicamente a valoración que a asemblea fixo do noso traballo e a confianza depositada en nos.

Xuntanza Xeral de Somos Ribadumia

Captura

  As próximas eleccións municipais están xa á vista, e en Somos Ribadumia consideramos que hai que ir xa poñendo os alicerces do noso futuro.

 Por ese motivo a nosa xuntanza ordinaria este ano vai ter unha importante compoñente preelectoral, pois temos que decidir algunhas cuestións internas, e ir avanzando no proceso para elaborar  a próxima candidatura.

Este ano a asemblea vai ter lugar o

20 de abril,

ás 20:30 horas,

no centro social de Barrantes

e contara coa seguinte orde do día:

  • traballo municipal e contas.
  • renovación Comisón Executiva.
  • eleccións 2019:
                                a) formula de presentación ás eleccións.
                                b) alizanzas electorais.
                                c) elección de candidato e lista.
  • proposta de modificación estatutaria.
  • varios.

 

Convidamoste a participar e axudarnos a tomar as decisións correctas que nos permitan encarar o noso futuro. A  fin de contas nos solo temos a forza das persoas.

Enrique Oubiña participou nun encontro para coñecer experiencias urbanísticas innovadoras.

 IMG-20180323-WA0001

  A semana pasada Enrique Oubiña participou, en representación do Concello de Ribadumia, no III Encontro da Rede Nacional das Nenas e dos Nenos, celebrado  en Huesca.

   No encontro, diferentes concellos, universidades, asociacións… tiveron a oportunidade de coñecer as claves para a construción de cidades inclusivas, que promovan e avoguen polo benestar dos seus habitantes, especialmente nenas e nenos, pero tamén anciás, persoas con diversidade funcional, etc. Así mesmo, os participantes puideron intercambiar opinións sobre como acadar estes obxectivos e facer que as comunidades establezan como prioritaria a creación de cidades respectuosas co medio ambiente e os veciños que as habitan, accesibles e sostibles, contando coa participación activa dos nenos e nenas, futuro de toda sociedade. Para Enrique Oubiña ” a visión dalgúns  políticos e politicas é curtopracista e moi reducida, cos ollos postos nos votos máis que na solución real dos problemas, e o resultado desa maneira de ver e facer salta á vista cos gobernos anteriores, emperrados en facer obras bonitas para saír nos xornais, pero sen pensar se eran necesarias, útiles, ou se os plantexamentos e solucións cumprían  cos obxectivos marcados; participar neste tipo de eventos permítenos formarnos, aprender,  e desenvolver unha visión máis ampla destas cuestións, para así logo poder buscar mellores solucións e, en resumo, poder facer  mellor o noso traballo”.

IMG-20180323-WA0002   O proxecto da Cidade das Nenas e dos Nenos, creado e promovido polo psicopedagogo Francesco Tonucci, está en marcha desde 1991, e vense debatendo en diferentes cidades españolas dende o 2016, ano en que se produciu o primeiro encontro en Granada, relevada en 2017 por Pontevedra. Este ano, o concello de Ribadumia, representado polo concelleiro de Urbanismo e Servizos Sociais, Enrique Oubiña, participou por primeira vez no encontro, onde tivo a ocasión de entrar en contacto con esta rede, coñecer en profundidade as súas características e formulacións e analizar casos reais e concretos, como o do municipio que acollía este terceiro encontro.

Enrique Oubiña mostrouse “sorprendido con casos como o de Huesca, onde un “consello de nenas e nenos” participa activamente na proxección das actuacións urbanísticas que lles afectan directamente, como parques ou zonas peonís. Contra o que puidera parecer, o resultado final nada ten de infantil, máis ben o contrario: as áreas resultantes son moito máis inclusivas, con solucións lóxicas, efectivas, e respectuosas co seu entorno. Ademais  todo este proceso  fíxose integrado no ámbito escolar, con evidentes resultados na formación dos nenos e nenas. “

   Ribadumia busca situarse, deste xeito, entre os territorios que, a nivel nacional e internacional, avogan por un crecemento sostible, no que veciños e veciñas se vexan incluídos, un deseño de sociedade que apoie a participación infantil na vida social, participación, en definitiva, dos futuros cidadás e cidadáns.

Enrique Oubiña fala na Radio Galega do programa “Conta Comigo”.

    O pasado xoves o programa da radio Galega “Convivir”  entrevistou en directo a Enrique Oubiña, para falar do programa lanzado dende a concellería de Servizos Sociais “Conta Comigo” (contacomigoribadumia.com). Deixamosvos aquí o audio do programa, ó que tamén podedes acceder na nosa canle de youtube. 

   O programa Conta Comigo está a gañar repercusión pola súa novidosa maneira de enfocar o problema da violencia de xénero e de buscar un maior apoio para as vítimas, coa implicación da cidadanía e do comercio local.