Ribadumia multiplicou por catro a súa inversión en igualdade e conciliación nesta lexislatura

 O pasado xoves, o pleno municipal aprobaba por unanimidade unha moción en apoio da folga feminista do 8 de marzo, ademais de varias reivindicacións ao redor da defensa da igualdade entre mulleres e homes.

Ribadumia SI  avanza na loita pola igualdade.

  Enrique Oubiña deu  conta do traballo municipal en cuestións como a loita pola igualdade, contra a violencia de xénero, o apoio a mulleres emprendedoras ou a conciliación familiar. Neste aspecto, os números apoian a acción do actual Equipo de Goberno:

–        O número de actividades, normas e iniciativas multiplicouse exponencialmente nesta lexislatura. No ano 2014,  o Concello de Ribadumia solo organizou un acto público polo Día da Muller e ningún polo Día contra Violencia de Xénero. No 2017, o actual Equipo de Goberno programou 6 actos e actividades distintas ó longo do ano relacionados con estas datas e  co empoderamento feminino e o apoio ás mulleres emprendedoras. Ademais, realizáronse diferentes actividades a través do CIM e colaboracións co CPI Xulia Becerra Malvar.

grafica 1

 

–        Ao longo desta lexislatura, melloráronse os servizos municipais de conciliación, aumentando o número de horas dedicadas e dando servizo de escola de ocio durante todos os períodos vacacionais dos nenos e nenas.

grafica 2

– No ano 2017, creouse unha liña específica de axuda ás entidades e clubs do Concello que programaran escolas de verán, dotada de 4.000€. Así, gracias a iniciativa de diversos clubs e entidades do municipio, no Concello de Ribadumia, este ano gozaron de actividades de verán, facilitando a conciliación, 266 nenos e nenas, aos que hai que sumar os 89 nenos e nenas da escola de verán do Concello.

–  Deuse apoio económico, 800€,  á única entidade comarcal de apoio ás vítimas de violencia de xénero radicada en Ribadumia, ademais de colaborar con esta entidade en diversos actos e actividades.

–  Tamén se levaron a cabo diferentes iniciativas, como o Programa de intervención para fillos de vítimas de violencia de xénero, ou a integración na  Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.

– Economicamente, o concello pasou de investir 14.000€ en políticas, actos  e actividades en prol da igualdade e da conciliación familiar no 2014,  a 42.000 en 2017.

grafica 3

Todas estas cifras dan conta do compromiso de todo o  actual Equipo de Goberno e moi en concreto de Enrique Oubiña, coa loita pola igualdade de xénero e en contra das violencias, e do seu esforzo por buscar solucións que favorezan a conciliación familiar e laboral.

 

Os gobernos do PP estan moi lonxe de apoiar a igualdade.

grafica 4No mesmo punto do pleno, Enrique Oubiña aproveitou para dar un repaso á situación política de Galicia e do estado con respecto a estes temas, onde o panorama pinta moi lonxe de favorecer a igualdade, que era a idea que o PP pretendía dar, e que Enrique Oubiña desmontou aportando uns poucos datos reais do que esta acontecendo…

grafica 5           grafica 6

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s